
De feito, esta nova normativa está adaptada á nosa realidade xeográfica, ao noso modelo produtivo e á nosa forma de vida, engadiu. A maiores, a lei galega aposta por un territorio ordenado, compatible co tecido produtivo, fiel ao modo de vida dos galegos e respectuoso co medio ambiente. Esa posta aposta pola integración, contraponse, segundo expuxo Ángeles Vázquez, ao modelo de exclusión polo que avoga o Goberno central ao pretender eliminar da costa calquera vestixio humano.
Nesa liña, a vicepresidenta segunda lamentou, de novo, a presentación dun recurso de inconstitucionalidade por parte do Goberno central sen abrir ningún procedemento de diálogo previo, como, por exemplo, a través dunha comisión bilateral.
A interposición dese recurso e a conseguinte suspensión de parte do seu articulado supón que tanto os concellos como as empresas da cadea mar-industria queden sumidos nunha inseguridade xurídica que imposibilita levar a cabo servizos básicos e esenciais para a cidadanía e provoca a perda de oportunidades de crecemento.
Ademais, a vicepresidenta segunda reiterou a aposta do Goberno galego pola planificación integral de todo o territorio para que a Comunidade sexa cada vez máis un refuxio climático, sostible, máis ordenado e máis verde.
Urbanismo responsable
Por outra banda, reiterou que a Xunta segue a traballar cos concellos para acadar o obxectivo de dotar a todas as entidades locais dun instrumento urbanístico á altura das súas necesidades e acorde co marco normativo vixente. De feito, 115 municipios galegos contan xa cun planeamento adaptado.
Ademais, Ángeles Vázquez puxo en valor que ese compromiso por contar cun territorio ordenado e un urbanismo responsable inclúe aos concellos de menos de 5.000 habitantes que, a través dos plans básicos municipais, poden dispor dunha ordenación urbanística básica. Na actualidade 4 concellos xa teñen aprobados os seus PBM e outros 20 están en diferentes fases de tramitación.
E nesa liña de colaboración e co obxectivo de simplificar a tramitación administrativa, o Goberno galego puxo en marcha a Xunta Consultiva en materia de Ordenación do Territorio e Urbanismo. Trátase dun instrumento de asesoramento e de colaboración con entidades locais e axentes sociais e económicos, que conta con máis de 30 puntos de vista interdisciplinares que garanten o rigor e obxectividade dos ditames; centraliza e divulga todas as consultas que trasladan á Xunta todas as entidades e organismos, e axiliza os diferentes expedientes administrativos necesarios para obter un permiso, autorización ou licencia
Para concluír, Ángeles Vázquez avanzou que a edición de 2025 deste foro, no que se avalían os avances, as prácticas e as experiencias que xorden no proceso de recuperación, transformación e resiliencia impulsado desde as diferentes administracións, se celebrará en Galicia.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.