Notas de prensa

Galicia transmítelle a súa solidaridade e cercanía á Hermandad de Venezuela

O presidente da Xunta, durante a recepción á Hermandad gallega de Venezuela, transmite a cercanía e solidaridade de Galicia aos 46.000 galegos que viven no país. O Goberno galego destina 600.000 euros anuais á atención social, sanitaria e cultural dos galegos en Venezuela. Tamén axuda ás familias en situación de precariedade e dependentes.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu ó novo presidente electo da ‘Hermandad Gallega de Venezuela’ en Caracas, Roberto González Pérez, nunha xuntanza na que tamén estivo presente o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. Feijóo transmitiu a González o calor e solidariedade de todo o pobo galego coa poboación venezolana, e moi especialmente coa de orixe na nosa Comunidade, nos actuais momentos de incerteza que atravesa o país.

Lembrou, así mesmo, o esforzo que a Xunta está a realizar por que esa solidariedade se traduza en liñas de apoio e axudas ás comunidades e individuos que máis o necesitan, de maneira que o acento social da liña de actuación do Goberno galego se transmita de igual maneira á Galicia do exterior. A Xunta destina uns 600.000 euros anuais para atención social, sanitaria e cultural aos galegos de Venezuela.

Froito da colaboración coas entidades galegas en Venezuela, das que a ‘Hermandad’ caraqueña é con diferenza a máis relevante, Emigración axuda a familias en situación de precariedade, a dependentes e enfermos graves ou permanentes, a adquirir medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas ou graves, a galegas que sofren violencia de xénero, e a paliar situacións de exclusión social por desemprego, entre outros aspectos.

Finalmente, o presidente asegurou que, como piar fundamental da galeguidade en Venezuela e en todo o mundo, seguirá recibindo o firme apoio das institucións galegas para que o seu labor social, e a cultura e idiosincrasia galegas, permanezan vivas e fortes na sociedade de recepción. Actualmente, en Venezuela residen un 46.000 galegas e galegos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-05-26

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES