//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias politica
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou hoxe nunha xuntanza da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións na que se debateu co comisario de Agricultura da Unión Europea, Janusz Wojciechowski, sobre a Política Agrícola Común (PAC), nun contexto actual de protestas dos agricultores e gandeiros en toda a UE. En representación de Galicia, o director xeral de Relacións Exteriores e coa UE destacou que as cargas burocráticas da actual Política Agrícola Común poñen en risco a viabilidade das explotacións agrícolas, polo que deberían suspenderse ata que se acade unha redefinición das normas PAC máis equilibrada, que garanta unha sustentabilidade ambiental, económica e social do agro europeo.
Celebrouse a décima edición do Cume Europeo das Rexións e das Cidades na cidade valona de Mons. Concibido para reunir os representantes europeos electos a nivel rexional e local, trátase do maior evento organizado polo Comité Europeo das Rexións (CdR), que celebrou o seu 30º aniversario coincidindo coa xuntanza. Durante as dúas xornadas abordáronse algúns dos retos que afrontarán as rexións e cidades europeas durante os próximos anos e a súa visión sobre o futuro de Europa. Dita visión quedou plasmada na Declaración de Mons, na que os representantes reivindicaron ter un papel protagonista de cara á formulación da próxima axenda estratéxica da Unión Europea e das prioridades políticas da vindeira Comisión.
O conselleiro de Sanidade en funcións, Julio García Comesaña, urxiu hoxe de novo ao Goberno de España a non perder un minuto máis e acelerar dunha vez as reformas precisas dentro das súas competencias para abordar o problema de déficit de especialistas en medicina de familia que está a sufrir o Sistema Nacional de Saúde. Comesaña referiuse á aprobación onte mesmo, na Comisión de Sanidade do Congreso dos Deputados, dunha iniciativa que reproducía de xeito literal os puntos do Manifesto de conselleiros de Sanidade para a toma de medidas estatais urxentes en materia de atención primaria que fora promovido en 2022 polos gobernos galego e vasco, e ao que se foron adherindo progresivamente outros gobernos autonómicos de distinto signo político ata chegar a obter o apoio de 14 dos 17.
Reuníronse hoxe de forma telemática os responsables de Medio Rural das comunidades da Cornixa cantábrica para avanzar nunha ampla alianza común -na que tamén participan as organizacións profesionais agrarias e cooperativas de Galicia- co fin de reclamar, de maneira conxunta, maior flexibilidade na PAC e a súa adaptación á realidade destes territorios. Este encontro coincide no tempo co que celebra en Madrid o Órgano de Coordinación do PEPAC, no que participan as comunidades autónomas -entre elas Galicia- e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Nesta xuntanza de carácter técnico púxose de manifesto, a xuízo da Xunta, que a Comisión Europea está sendo mesmo máis ambiciosa que o Ministerio á hora de abrirse á flexibilización da PAC, grazas á presión negociadora das comunidades autónomas.
Celebrouse a reunión da asemblea e o consello superior da Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal, na que se aprobou o plan de actividades e o orzamento do organismo para este exercicio. Neste encontro fíxose balance das principais levadas a cabo pola entidade ao longo de 2023, entre elas, a sinatura o pasado novembro do protocolo co Consello Sindical Interrexional Galicia- Norte de Portugal, para mellorar as condicións socio-laborais dos traballadores transfronteirizos; a celebración do 2º Encontro de AECT Ibéricas en materia de cooperación transfronteiriza ou o 1º Seminario de Directores e Editores de Medios de Comunicación da Eurorrexión organizado o pasado xuño co obxectivo de debater a situación no sector e encontrar novas vías de colaboración.
O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, reuniuse con representantes de Unións Agrarias, Sindicato Labrego Galego, Asaga, Agaca e Fruga, as principais asociacións profesionais agrarias de Galicia. O obxectivo desta xuntanza foi avanzar na postura conxunta de Galicia diante do debate sobre o futuro da PAC, no marco das reunións técnicas que se están celebrando en Madrid entre o Goberno e as comunidades autónomas para flexibilizar o Plan Estratéxico da PAC (Pepac) 2023-2027. Es encontro tivo como obxectivo avanzar no deseño consensuado do documento que Galicia trasladará ao Goberno de España, como resposta ao posicionamento do Executivo na negociación para flexibilizar o Pepac.
A conselleira de Economía, Industria e Innovación en funcións, María Jesús Lorenzana, anunciou hoxe que a Xunta de Galicia presentará alegacións ao proxecto de Real Decreto polo que se regula a produción de enerxía eléctrica en instalacións situadas no mar, presentado o pasado mes de febreiro polo Goberno central. Lorenzana, acompañada do conselleiro do Mar en funcións, Alfonso Villares, participou hoxe nunha xuntanza do Observatorio da eólica mariña, convocada coa finalidade de recoller as suxestións dos sectores implicados para, dixo, ter unha postura inequívoca desde a comunidade autónoma de Galicia en relación ao contido deste real decreto.
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes en funcións, Diego Calvo, acompañado do director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe en Palencia na Conferencia Sectorial de Xustiza, onde se abordaron entre outros temas os avances na dixitalización da Administración Xeral de Xustiza. Neste marco de acción, Diego Calvo presentou o balance de Galicia cos obxectivos marcados para 2023 xa cumpridos ao cen por cento. Nesta liña insírese a dixitalización das máis de 200 salas de vistas da comunidade. Segundo sinalou o vicepresidente primeiro en funcións, todas elas contan co equipamento necesario para a celebración de procedementos de forma electrónica e os elementos instalados responden ás funcionalidades requiridas.
O presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, advertiu hoxe dun 'balance preocupante' no estado de execución das infraestruturas e servizos ferroviarios comprometidos en Galicia polo Goberno central e que, segundo admitiu, está a ser unha das 'inquedanzas fundamentais' do Executivo autonómico. Rueda informou de que esta é a principal conclusión dun informe da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, avaliado hoxe no consello da Xunta, sobre a situación dos servizos e das infraestruturas ferroviarias na comunidade, abordando as principais necesidades das liñas e dos servizos de tren en Galicia.
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, inaugurou e moderou hoxe a primeira reunión de 2024 do ciclo de Encontros Virtuais Xunta-UE, o foro de debate entre o goberno galego e as institucións europeas organizado mensualmente pola Fundación Galicia Europa (FGE). A sesión de hoxe centrouse na Global Gateway, a estratexia que aglutina os esforzos da Unión Europea por aumentar a súa presencia global mentres promociona valores democráticos compartidos e contribúe ao desenvolvemento dos seus países socios. Neste marco estratéxico presentado en 2021, o Equipo Europa -composto pola UE, os Estados membros, as axencias nacionais de desenvolvemento e o Banco Europeo de Inversións- pretende mobilizar preto de 300.000 millóns de euros ata 2030 para crear vínculos globais que impulsen o investimento en infraestruturas climáticas, enerxéticas ou dixitais.
O alcalde, Jesús Vázquez, acompañado do seu equipo de goberno, analizou as claves destas primeiras semanas no Concello de Ourense. Sinalou que o respecto institucional, o diálogo, a transparencia e a capacidade para desbloquear asuntos paralizados son as claves máis salientables.
Feijóo salienta que este órgano desenvolve o seu labor fiscalizador con plena responsabilidade e independencia, o cal é síntoma de saúde democrática e simboliza un dos principais valores da autonomía de Galicia. Di que o novo conselleiro maior asume o cargo cando xa está en vigor a nova Lei do Consello.
Esta publicación, a primeira das súas características en España, ten como obxectivo seguir modernizando a institución, situándoa á vangarda dos gobernos provinciais do Estado, explicou Manuel Baltar. O manual, que foi entregado hoxe aos grupos políticos do ente provincial, inclúe información histórica sobre a deputación e capítulos relativos a Política institucional, programas, Carta de Servizos, normativa e regulamentos.
BNG e o Partido Comunista do Povo Galego coinciden na necesidade de que Galiza teña unha representación soberana no Congreso, a través de grupo parlamentario propio na Cámara Baixa, tras as eleccións xerais previstas para finais de ano e, neste sentido, apostan por unha candidatura unitaria galega de amplo espectro que conte coa participación de todas as forzas políticas e do conxunto da cidadanía que comparta este obxectivo.
El programa de ayudas de Iniciativa Xove ha financiado desde 2010 un total de 858 proyectos juveniles que fueron realizados de manera directa por más de 4.300 jóvenes. Para este fin, se han destinado entre el año 2010 y 2014 un total de 3,1 millones de euros para este programa de educación no formal. Para 2015, se invertirán en esta actuación 500.000 euros para financiar 150 proyectos en los que participarán más de 750 jóvenes y chicas.
O Pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, cos votos favorables do PSOE (8 deputados), BNG (5) e Partido Popular (12, debido á ausencia da deputada popular Mariel Padín) e Alternativa dos Veciños (1) a proposta de organización do novo Goberno provincial coa que se pretende acadar un aforro total de máis de 4 millóns de euros en todo o mandato.
O portavoz popular Pedro Puy cualificou a norma como novidosa, con avances na prevención da corrupción e que reforza a independencia e o papel institucional deste órgano. Non se deben poñer en cuestión dúas cousas: a capacidade de traballo do persoal e a independencia do Consello de Contas, sinalou.
O portavoz parlamentario do BNG cualificou de cambalache o pacto PP-PSOE cociñado de costas á Cámara para a renovación dos órganos estatutarios e a renovación do consello da CRTVG. Mostra un xeito de entender a política que degrada a democracia e que cada vez censura con máis forza a sociedade galega.
O portavoz do Grupo Popular convidou a PSOE e BNG, se ao final chegan a un acordo para gobernar a Diputación de A Coruña, a que cando rematen o mandato poidan render un balance semellante ao 89% dos acordos adoptados por unanimidade na etapa de goberno do PPdeG. o BNG confía nun programa marco co PSdeG.
Valórase unha manifestación encabezada por persoas sen adscrición partidaria seguida das organizacións políticas e sociais.