
Isto ofrecerá seguridade e equidade ós inversores, sostibilidade para os socios e beneficios a longo prazo para todos. No encontro de hoxe, a visión institucional da Global Gateway foi presentada por Laurent Sillano, asesor na Dirección Xeral de Asociacións Internacionais (DG INTPA) da Comisión Europea.
A perspectiva galega foi abordada por José Manuel Blanco, subdirector xeral de Análise e Programación na Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, quen lle achegou aos asistentes a Estratexia galega de Acción Exterior (Egaex) para o período 2023-2027, o instrumento co que Galicia aproveita as oportunidades de internacionalización e avalía a súa influencia exterior.
Encontros virtuais entre a Xunta e as institucións europeas
O ciclo de Encontros Virtuais Xunta-UE reúne cada mes á Xunta de Galicia con representantes das institucións europeas para abordar de forma conxunta as políticas impulsadas desde a UE. Organizado pola Fundación Galicia Europa dende setembro do 2020, fomenta o debate de multitude de temas da axenda comunitaria, como a Estratexia Industrial para Europa, o Pacto Verde ou a Axenda Dixital Europea.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.