
Nesta liña, salientou que a Xunta vén de habilitar unha guía para promover que as empresas sexan unha parte activa na prevención da violencia de xénero no ámbito laboral. Pasamos moitas horas no traballo cada día, acabamos coñecéndonos todos e pode ser un lugar no que percibir actitudes, comportamentos ou reaccións que non son normais e que poden ser indicios dun caso de violencia de xénero, salientou.
A guía de indicios para empresas: detección de vítimas de violencia de xénero busca axudar ao tecido produtivo á hora de identificar e previr este tipo de situacións e darlles información sobre as medidas e recursos que teñen que activar no caso de detectar algún posible caso. A medida xa conta con 300 empresas adheridas que chegan a máis de 300.000 traballadores e Rueda animou ao conxunto das compañías galegas a participar nesta campaña. Tanto as grandes coma as pequenas, en calquera delas poder haber unha traballadora que sufre violencia machista, destacou.
Novas medidas
Esta campaña, que se enmarca no compromiso de tolerancia cero coa violencia da Xunta, súmase a outras medidas que o Goberno autonómico vai poñer en marcha nos vindeiros meses. Nesta liña, Santiago contará cun novo centro de acollida para vítimas de violencia de xénero con algún tipo de adicción e Rueda anunciou que a Xunta vai habilitar no 2026 un protocolo unificado e homoxéneo dirixido a todas as Policías locais de Galicia. O obxectivo é seguir reforzando as actuacións para ofrecer unha primeira resposta áxil e eficaz ante calquera posible caso de violencia contra as mulleres.
Investimento récord nos orzamentos de 2026
A Xunta destinará 55 millóns de euros á loita contra a violencia de xénero e á promoción da igualdade durante 2026, unha cifra histórica que permitirá manter os programas e as medidas para previr e apoiar ás vítimas. Entre eles, as axudas económicas directas para promover a autonomía das mulleres agredidas -case 800 beneficiarias durante 2024-; o programa que ofrece atención psicolóxica gratuíta ás mulleres e menores vítimas desta violencia; os servizos de asesoramento xurídico ou o mantemento da Rede galega de acollemento así como dos centros de crise, abertos a finais de 2024, que ofrecen atención de xeito continuado as 24 horas do día os 365 días do ano.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.