Notas de prensa

Aprobado o ditame da reforma do Consello de Contas

O portavoz popular Pedro Puy cualificou a norma como “novidosa, con avances na prevención da corrupción e que reforza a independencia e o papel institucional deste órgano”. “Non se deben poñer en cuestión dúas cousas: a capacidade de traballo do persoal e a independencia do Consello de Contas”, sinalou.

A Comisión de Economía e Facenda do Parlamento aprobou o ditame da proposición de Lei de reforma do Consello de Contas e outras normas para a prevención da corrupción, co que este texto normativo queda pendente da súa aprobación definitiva en sesión plenaria. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou que se trata dunha lei “novidosa, con avances na prevención da corrupción, que reforza a independencia e o papel institucional do Consello de Contas e que mesmo comeza a ser exemplo para grupos políticos doutras comunidades autónomas que aquí se opoñen a esta modificación”.

Pedro Puy agradeceu o traballo de todos os membros da ponencia polo debate levado a cabo para a mellora do texto inicial da proposición de lei, “unha proposta presentada para debater, consensuar e mellorar, non só no ámbito político senón tamén no técnico”. Froito deste debate, o ditame incorporou 64 emendas subsumidas ou aceptadas e nove transaccionadas.

MELLORA DO TEXTO LEXISLATIVO

Deste xeito, o portavoz popular salientou que o debate en ponencia permitiu “mellorar o texto da lei con emendas que foron incorporadas ao ditame” e fixo referencia a cuestións como: a independencia do Consello de Contas; a competencia específica de cada conselleiro; ao deber de colaboración dos funcionarios; ao procedemento para as denuncias e a súa admisión a trámite; á data limite para que as corporacións locais presenten os seus informe, así como ao adiantamento ao 30 de setembro da rendición de contas pola Xunta; aos mecanismos para a fiscalización do patrimonio dos altos cargos; ao réxime interior; á estabilidade dos traballadores do Consello, porque a lei garante que, a partir de agora, as prazas serán cubertas a través de concurso específico; así como que o regulamento interno ten que vir ao Parlamento.

PREVENCIÓN DA CORRUPCIÓN

Ademais, Puy sinalou que “transaccionamos o papel do Consello de Contas en relación coas formacións políticas e a súa fiscalización no marco dunha normativa que se modificou a nivel estatal; a inclusión dun informe específico do cumprimento das súas recomendacións, que se incorpora ao informe anual da conta xeral; a incorporación á competencia de prevención da corrupción do establecemento de manuais de conduta e códigos internos dentro da administración; así como un sistema de elección dos conselleiros máis esixente.

Respecto do persoal, Puy afirmou que queda “nunha situación equilibrada: se lle garante a continuidade as traballadores do Consello de Contas e o sistema de cobertura de novas prazas faise mais garantista”.

Sobre as causas de inelexibilidade dos conselleiros de Contas, portavoz popular ofertou unha transacción que finalmente foi aceptada polo Grupo Socialista. Deste xeito, continúan sendo inelexibles aquelas persoas que fosen responsables da xestión de fondos públicos ou contadantes nos dous anos previos, como ata o de agora; pero as persoas que ocuparon postos de elección representativa local, autonómica, estatal ou europea, así como os membros do Consello da Xunta, amplían este período a seis anos. Tampouco serán elixibles os que nos seis anos anteriores ocuparan postos nos órganos de dirección de partidos políticos, sindicatos ou organizacións empresariais.

CAPACIDADE DE TRABALLO E INDEPENDENCIA

Para concluír, Pedro Puy dixo que “o que non se debe poñer en cuestión son dúas cousas: a capacidade de traballo do persoal do Consello de Contas, que é perfectamente capaz de xuntar ao seu labor de fiscalización do gasto a elaboración de recomendacións e manuais de comportamento”.

“En segundo lugar, tampouco vou aceptar que se cuestione a independencia do actual Consello de Contas”, indicou Puy, quen reiterou que esta independencia “está plenamente garantida e coa nova lei se reforza”. Neste sentido, explicou que “non coinciden os períodos de elección do mandato dos órganos de control co mandato dos lexislativos para garantir a independencia do Consello; e para iso o lexislador estableceu seis anos de mandato porque quería que non coincidiran os períodos de permanencia no órgano de control externo cos períodos do Goberno que o elixía”.

O portavoz popular tamén apoiou a capacidade dos medios persoais do Consello de Contas, que se mantiveron ao longo deste período de tempo “sen que se poida dicir que este órgano de control externo minorara nin os representantes no órgano de dirección nin o número de traballadores”.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2015-07-16

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES