Notas de prensa

Pedro Puy critica o anuncio dos futuros gobernantes das mareas que non cumprirán as leis que consideren inxustas

O portavoz popular sinalou que estas persoas, “que nun momento determinado poden entender que a vía máis democrática para avanzar é incumprir a lei, se decatarán de que iso é o máis antidemocrático”.

O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, alertou de que na mesma liña de argumentación que empregan os futuros gobernantes das mareas cidadáns para dicir que si consideran algunha lei inxusta non lle van dar cumprimento, “calquera cidadán podería argumentar o mesmo para non dar cumprimento a calquera das ordenanzas ou normativa municipal que lexitimamente o novo goberno aprobe”. Neste sentido, adiantou que “imos esperar a que estas opcións de goberno teñan este baño de realidade, se poñan a fronte das institucións e comecen a tomar decisións, na seguridade de que hai garantía de que as leis neste país, como son democráticas, se cumpren e se respectan”.

A preguntas dos xornalistas, Puy lembrou que “o sistema democrático ten en si mesmo unha certa capacidade de autorexeneración mediante a alternancia de distintas alternativas nos gobernos das institucións”.

“Esta alternancia ten lugar dentro dun contexto democrático, onde a lei froito da vontade popular ten que ser cumprida”, manifestou o portavoz popular. Neste sentido, referíndose ao anuncio da candidata de Barcelona en Comú de que “desobedeceremos as leis que nos parezan inxustas”, sinalou que “posiblemente estas persoas, que nun momento determinado poden entender que a vía máis democrática para avanzar é incumprir a lei, se decatarán de que iso é o máis antidemocrático”.

OBSERVAR, TOMAR NOTA E RESPECTO ÁS DECISIÓNS

Respecto das eleccións municipais celebradas o pasado domingo, Pedro Puy explicou que “en España a esquerda socialdemócrata está a atravesar unha crise que é aproveitada por plantexamentos máis radicais”. Nesta situación, “a novidade é a auxe que teñen estas esquerdas máis radicais e que o PSOE parece abertamente disposto a colaborar con este tipo de movementos, con certa incoherencia en relación ao que é o Partido Socialista e á visión socialdemócrata das institucións que tivo nos últimos 30 anos”

“Desde o Partido Popular observamos, tomamos nota e respectamos calquera decisión, porque o que nos importa é ter ao día o noso ideario e ter capacidade de comunicar con formas e modos diferentes, dado que estamos a facer moitas cousas que por distintos motivos non chegan á sociedade”, sinalou.

Así mesmo, Puy puxo de manifesto que “o Partido Popular está dando mostras de respecto ás opcións que elixiron os cidadáns nestas eleccións distintas á nosa” e como mostra foi que “felicitamos a todos os candidatos gañadores, aínda que teñan que formar pactos para gobernar, a pesar de que seguimos agardando a felicitación da oposición pola maioría que nos deu o pobo de Galicia nas eleccións autonómicas”. “Neste ámbito das leccións de saber perder e saber gañar, creo que temos pouca marxe por parte duns partidos que nin sequera cumpriron ese trámite protocolario, que no noso caso reflicte o fondo respecto polo voto dos cidadáns”, engadiu.

O portavoz popular apuntou que, a partir do momento no que nas distintas corporacións cabe a posibilidade de alcanzar acordos para garantir a estabilidade das institucións, “respecto calquera iniciativa que adopte un compañeiro de partido que encabece a lista máis votada co fin de garantir a gobernabilidade, e nese xogo democrático cada formación política é libre de apoiar a maioría que considere oportuna para dirixir un concello ou deputación”.

Gabinete de Comunicación do PPdeG, 2015-06-01

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES