Notas de prensa

O BNG asume o compromiso público de converter os concellos que goberne nun contrapoder ás políticas devastadoras da dereita

Declaración política co lema Concello a concello, construíndonos a Galiza do S. XXI, co BNG como única alternativa nacionalista para o todo o país. Os concellos non poden ser vistos como illas, e esta “gran nación” está conformada por 314 municipios, non por un puñado de cidades, di Vence.

Baixo o simbólico monumento a Curros Enríquez na Coruña, o BNG presentou unha declaración pública baixo o lema Concello a concello, construíndonos a Galiza do S. XXI, un país noso e libre, na que asume o compromiso de converter todos os concellos que goberne a partir do 24M “nun contrapoder ás políticas de devastación” da dereita que representa o PP, concellos “insubmisos” ás imposicións ditadas pola Xunta, polo Goberno central ou pola UE.

“Os concellos nacionalistas serán un verdadeiro contrapoder ás políticas de recortes e antisociais da dereita radical que en Galiza representa Feijóo, políticas devastadoras que padece a maior parte da cidadanía. Esas políticas non poden ter aliados nos concellos, e os concellos gobernados polo BNG serán absolutamente insubmisos”, proclamou o portavoz nacional, Xavier Vence.

“Concellos como baluarte contra a discriminación, en liña co que denominamos espírito de Riotorto, no que os gobernos nacionalistas se enfrontan ás políticas de repagamento de medicamentos, ás subidas nos centros de día e escolas infantís, a imposición de taxazos na recollida do lixo”, enumerou Vence, convencido de que “mesmo os votantes moderados do PP están absolutamente indignados cos recortes que deixan a miles de persoas na exclusión social”.

Concellos libres de desafiuzamentos

A declaración política presentada na Coruña co candidato BNG-Asembleas Abertas Xosé Manuel Carril e cunha nutrida representación de candidat@s de todo o país, sintetiza nun decálogo a “a acción común” dos concellos nacionalistas tras o 24M.

O primeiro punto proclama “concellos libres de desafiuzmentos”, de tal xeito que ninguén será desafiuzado nun municipio gobernado polo BNG da súa vivenda habitual se ter unha alternativa.

Concellos comprometidos na loita contra a pobreza infantil e a enerxética, -garantindo o dereito aos servizos domésticos básicos-, concellos “á vangarda” das políticas de igualdade, plenamente implicados coa normalización do idioma propio, comprometidos coa cultura e co patrimonio do país.

Intolerancia coa corrupción

A declaración política inclúe a “intolerancia absoluta coa corrupción”, a oposición ao Tratado de Libre Comercio UE-USA que esnaquiza os sectores produtivos e recorta os dereitos dos consumidores, promover a autoorganización social e concellos “orgullosos da nosa identidade colectiva”.

Igualmente, a colaboración municipal fuxindo de “visións localistas que lastran o desenvolvemento” de Galiza como nación.

Porque, insistiu Vence, só o BNG presenta un proxecto nacionalista para o conxunto do país, disputando palmo a palmo o terreo a PP e PSOE en Galiza máis aló dun puñado de cidades.

“Os concellos non son illas, dixo, o BNG ten unha alternativa de conxunto para o país porque Galiza non no é só sete cidades, senón 314 concellos que conforman unha gran nación”. O proxecto nacionalista é para construír ese país “noso e libre” desde todos e cada un dos concellos galegos.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-05-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES