Notas de prensa

Vence di que votar BNG ten un dobre valor, é clave para derrotar ao PP e para ter proxecto nacionalista en todos os concellos do país

Replica a Feijóo cando alerta sobre converter Mondoñedo, -gobernado polo Bloque-, “nunha Venezuela” que non ten autoridade para dar leccións de democracia quen ampara o carrexo de votos en Riotorto. Acto de campaña en Lugo de apoio ao candidato Rubén Arroxo en demanda de vivenda protexida para xente moza.

O portavoz nacional, Xavier Vence, proclamou en Lugo que votar BNG-Asembleas Abertas na cita electoral día 24 de maio é clave para derrotar ao PP en todo o país e clave para que Galiza conte cun proxecto nacionalista con presenza en todos os concellos.

“O voto ao BNG-Asembleas Abertas o 24 de maio ten a potencia de que é un voto clave para derrotar ao PP nas principais cidades do país e, por outro lado, ten a potencia de ser un proxecto nacional para toda Galiza que ser reforzará con ese voto ao Bloque desde os concellos”, argumentou Vence, “unha reflexión que entendemos moi importante sobre todo para o conxunto da cidadanía indecisa que é unha porcentaxe moi alta”.

Neste sentido, insistiu nese “dobre valor, na dobre potencia” do voto ao Bloque: decisivo para derrotar ao PP e decisivo para ter un proxecto nacionalista de país que se constrúa tamén desde os concellos.

Vence tamén replicou “ás leccións de democracia” de Feijóo, cando insta a evitar “que municipios como Mondoñedo, -concello gobernado polo Bloque- se convertan en Venezuela”.

“Non ten leccións que dar a ninguén no mundo”, dixo, quen preside un partido popular “que mete medo a xente para que non participe en candidaturas alternativas ao PP, que practica o carrexo de votos no día electoral e nas semanas previas levando a votar por correo a persoas maiores que non son conscientes do seus actos”, denunciou desde Lugo.

Vence citou expresamente o carrexo de votos do PP no concello de Riotorto, -tamén con goberno nacionalista-, denunciado xa polo BNG ante a Xunta Electoral, no que responsables populares carrexaron á oficina de correos do concello limítrofe de Pastoriza a persoas maiores afectas por demencia senil para formalizar o seu voto. En Riotorto o servizo de correos está ubicado na casa consistorial.

“É un escándalo que o Sr. Feijóo ampare unha práctica absolutamente antidemocrática, un auténtico delito electoral, en concreto no Concello de Riotorto, pero tamén noutras partes do país onde o PP se aproveita das minusvalías de persoas maiores. No BNG temos claro que non todo vale e que Feijóo ten que encaixar a derrota alí onde a cidadanía libremente decide retirarlle a confianza ao PP e aceptar os resultados democraticamente”, recalcou.

Vence participou en Lugo nun acto co candidato Rubén Arroxo para explicar as propostas de vivenda pública e social para a xente nova e para as persoas con maiores dificultades. Neste sentido, puxo en valor o proxecto de rehabilitación de vivendas no Barrio lucense da Tinería posto en marcha polo Bloque desde o Goberno da Xunta, que concluíu con vivendas en aluguer para xente nova, hoxe pechadas pola incompetencia do PP e ante a indiferenza do PSOE.

Gabinete de Comunicación do BNG, 2015-05-18

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES