Actualidad de Pesca

Noticias pesca

A Consellería do Mar vén de aprobar un total de 94 plans de xestión de marisqueo de recursos xerais para os próximos tres anos -entre 2021 e 2023- que definirán a actividade marisqueira das confrarías de pescadores e das entidades asociativas do sector en Galicia durante este período. Todos eles aparecen recollidos no primeiro Plan Xeral de Explotación Marisqueira con vixencia de tres anos que pon en marcha o Executivo galego e que sae publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia, data na que tamén entra en vigor. Esta orde ten como obxectivo garantir que a explotación marisqueira na comunidade se realiza con todas as garantías e de xeito sustentable, tendo en conta tanto os aspectos medioambientais como os sociais e económicos.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, xunto co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, participou esta tarde por videoconferencia na 64ª reunión do pleno da Conferencia para Asuntos Relacionados coa Unión Europea (CARUE). A Xunta solicitou neste encontro ao Goberno central que estableza as fórmulas necesarias para que Galicia teña representación directa na negociación sobre o reparto das cotas pesqueiras que lle corresponden á UE en augas británicas, dado o peso da comunidade galega neste sector no conxunto de España.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, remitiu hoxe unha carta ao presidente do Goberno central, Pedro Sánchez, na que lle traslada a preocupación de Galicia pola incidencia que o acordo sobre o brexit entre a Unión Europea e o Reino Unido ten no sector pesqueiro galego e que supón un novo recorte da actividade da frota en augas de Gran Sol. Ante a incerteza existente, e dado o peso da comunidade no conxunto da actividade marítimo-pesqueira estatal, o titular do Executivo autonómico solicítalle ao Goberno central que Galicia teña presenza directa na representación de España nas futuras negociacións de TAC e cotas tanto no seo da UE como co Reino Unido co obxectivo de que os intereses galegos sexan escoitados.
A Consellería do Mar e representantes do sector pesqueiro galego concordaron hoxe en convocar un Consello Galego de Pesca extraordinario nos vindeiros días co obxectivo de analizar polo miúdo o acordo acadado entre a Unión Europea e o Reino Unido sobre o brexit e avaliar a incidencia que terá na economía da comunidade. Este encontro permitirá aos distintos actores do sector marítimo-pesqueiro de Galicia intercambiar as súas impresións sobre o acordo e deseñar a estratexia galega na defensa dos intereses do sector de cara a paliar na medida do posible os efectos negativos que terá de xeito directo na frota galega pola perda de cotas de pesca e outras derivadas da xestión e ordenación da pesqueiras.
Logo de analizar no Consello da Xunta o informe sobre o impacto dos recortes nas cotas de pesca fixadas en Bruxelas para 2021, Feijóo subliñou hoxe que a rebaixa das posibilidades de pesca suporá un impacto duns 26 millóns de euros para a economía galega. O Consello de Ministros de Pesca da UE aprobou a semana pasada recortes nos coñecidos como Totais Admisibles de Captura (TAC) para augas do Cantábrico-Noroeste e, segundo incidiu o presidente da Xunta, a frota galega perde un 7,6% de cota con respecto ao ano 2020”.
A Consellería do Mar aprobou axudas a 128 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) por valor de máis de 7,3 millóns de euros no marco da convocatoria de 2020 aos proxectos destes grupos. Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), catalizaron nesta convocatoria un investimento total de máis de 12 millóns de euros, ao sumar os preto de cinco millóns de aportación privada. Este foi un dos asuntos tratados hoxe na xuntanza que mantivo por videoconferencia a conselleira do Mar, Rosa Quintana, con representantes dos oito GALP de Galicia e na que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.
A conselleira do Mar cualificou o acordo acadado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea sobre os totais admisibles de capturas (TAC) e cotas en augas comunitarias para 2021 como sumamente decepcionante pois implica rebaixas en moitas das especies de interese para a frota galega e supón avances moi cativos en relación coa proposta inicial da Comisión Europea, e lamentou que tras tantas horas de negociación e con tantos intereses en xogo non houbese un mellor resultado, especialmente tendo en conta o contexto de pandemia e a incerteza derivada do brexit.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, no que abordou os asuntos de maior interese para o sector marítimo-pesqueiro galego entre os que se atopa a fixación dos totais admisibles de capturas (TAC) e cotas de cara a 2021. Neste sentido, a representante do Executivo galego defendeu a necesidade de que haxa flexibilidade na xestión das pesqueiras, tal como piden España e Galicia.
A recuperación da economía azul e a busca de novas solucións de financiación específicas para os sectores vencellados ao mar centrou a apertura do Business2Sea 2020, un evento internacional que, organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano, reunirá ata o venres a cerca de 600 inscritos nas tres conferencias e 11 talleres programados nos vindeiros cinco días. A inauguración do B2Sea 2020 tivo lugar esta mañá nun acto que serviu para conmemorar o Día Nacional do Mar en Portugal e no que, xunto á directora de Cetmar, Paloma Rueda, e ao presidente de Forum Océano, António Nogueira, participaron diferentes autoridades.
O financiamento da economía azul e o Pacto Verde Europeo (European Green Deal) serán os eixos da edición virtual 2020 do Business2Sea, un evento internacional que se desenvolverá do 16 ao 20 de novembro e que está organizado un ano máis polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano. Esta edición do evento estaba previsto que se celebrase en Vigo pero finalmente desenvolverase en formato virtual ante a alerta sanitaria pola covid-19 e incluirá tanto conferencias relacionadas cos eixos temáticos desta edición, talleres e reunións de proxectos de investigación como as tradicionais curtas do mar e os encontros de negocio.
« Anterior | 9  de  27 | Siguiente »

Notas pesca

Os mariscadores de Pontevedra e Pontedeume poderán volver a comercializar os seus recursos en fresco unha vez que unha parte do banco de Praceres e a Enseada dos Moteis, respectivamente, muden de “C” a “B”.
A empresa viguesa vén de poñer en marcha melloras nas súas liñas de produción, cunha serie de actuacións orientadas principalmente a potenciar as novas tecnoloxías.
Comercializáronse máis de 440.000 quilogramos de produtos pesqueiros e marisqueiros certificados baixo este distintivo. Un total de dezanove entidades do sector están a certificar e vender os recursos que capturan os seus profesionais do mar como produto “pescadeRías”.
Está ubicado nas instalacións da antiga fábrica de Conservas Goday na Illa de Arousa, que foron acondicionadas a través dun convenio entre a Consellería de Pesca e o Concello para actividades museísticas e de divulgación sobre o mar e a pesca.
A Conselleira e representantes dos armadores mantiveron, en Santiago, unha xuntanza de traballo na que tamén participaron o secretario xeral e o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca.
A responsable de Pesca trasladoulle a proposta de Galicia sobre os TACs e Cuotas para 2009 á ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino para que a defenda no Consello de Ministros da UE, que se celebrará os días 18 e 19 de decembro en Bruxelas.
Esta partida destinarase á anualidade 2009 e con esta medida a Administración pesqueira galega quere que os beneficiarios poidan acadar unha pensión de xubilación.
A cesión deste ben, que deberá ser empregado con fins de utilidade pública e de interese social, será por un prazo de cinco anos, prorrogables por períodos sucesivos.
Na mostra descríbense as especies pesqueiras máis representantivas de Galicia, as artes e os aparellos de pesca, e as embarcacións tradicionais. Tamén se exhiben un bou de vara, betas ou pezas do xeito, aparellos de pesca artesanal e embarcacións tradicionais galegas.
A rula estará perfectamente integrada no entorno e disporá de 740,14 metros cadrados útiles que albergarán, entre outras instalacións, salas de subhastas, clasificación e reexpedición, así como vestiarios, unha fábrica de xeo ou unha cámara de conservación en fresco.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES