Actualidad de Pesca

Noticias pesca

Logo de analizar no Consello da Xunta o informe sobre o impacto dos recortes nas cotas de pesca fixadas en Bruxelas para 2021, Feijóo subliñou hoxe que a rebaixa das posibilidades de pesca suporá un impacto duns 26 millóns de euros para a economía galega. O Consello de Ministros de Pesca da UE aprobou a semana pasada recortes nos coñecidos como Totais Admisibles de Captura (TAC) para augas do Cantábrico-Noroeste e, segundo incidiu o presidente da Xunta, a frota galega perde un 7,6% de cota con respecto ao ano 2020”.
A Consellería do Mar aprobou axudas a 128 proxectos dos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) por valor de máis de 7,3 millóns de euros no marco da convocatoria de 2020 aos proxectos destes grupos. Estas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e da Pesca (FEMP), catalizaron nesta convocatoria un investimento total de máis de 12 millóns de euros, ao sumar os preto de cinco millóns de aportación privada. Este foi un dos asuntos tratados hoxe na xuntanza que mantivo por videoconferencia a conselleira do Mar, Rosa Quintana, con representantes dos oito GALP de Galicia e na que tamén participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.
A conselleira do Mar cualificou o acordo acadado no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea sobre os totais admisibles de capturas (TAC) e cotas en augas comunitarias para 2021 como sumamente decepcionante pois implica rebaixas en moitas das especies de interese para a frota galega e supón avances moi cativos en relación coa proposta inicial da Comisión Europea, e lamentou que tras tantas horas de negociación e con tantos intereses en xogo non houbese un mellor resultado, especialmente tendo en conta o contexto de pandemia e a incerteza derivada do brexit.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, no que abordou os asuntos de maior interese para o sector marítimo-pesqueiro galego entre os que se atopa a fixación dos totais admisibles de capturas (TAC) e cotas de cara a 2021. Neste sentido, a representante do Executivo galego defendeu a necesidade de que haxa flexibilidade na xestión das pesqueiras, tal como piden España e Galicia.
A recuperación da economía azul e a busca de novas solucións de financiación específicas para os sectores vencellados ao mar centrou a apertura do Business2Sea 2020, un evento internacional que, organizado polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano, reunirá ata o venres a cerca de 600 inscritos nas tres conferencias e 11 talleres programados nos vindeiros cinco días. A inauguración do B2Sea 2020 tivo lugar esta mañá nun acto que serviu para conmemorar o Día Nacional do Mar en Portugal e no que, xunto á directora de Cetmar, Paloma Rueda, e ao presidente de Forum Océano, António Nogueira, participaron diferentes autoridades.
O financiamento da economía azul e o Pacto Verde Europeo (European Green Deal) serán os eixos da edición virtual 2020 do Business2Sea, un evento internacional que se desenvolverá do 16 ao 20 de novembro e que está organizado un ano máis polo Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, dependente da Consellería do Mar, e o clúster do mar de Portugal, Forum Océano. Esta edición do evento estaba previsto que se celebrase en Vigo pero finalmente desenvolverase en formato virtual ante a alerta sanitaria pola covid-19 e incluirá tanto conferencias relacionadas cos eixos temáticos desta edición, talleres e reunións de proxectos de investigación como as tradicionais curtas do mar e os encontros de negocio.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participou nun encontro coa directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, no que lle trasladou a necesidade de apostar polo aspecto social na futura reforma da Política Pesqueira Común (PPC) atendendo de forma preferente ás persoas do sector pesqueiro e impulsando a remuda xeracional. A titular de Mar expuxo este e outros asuntos de actualidade no eido marítimo-pesqueiro galego no marco dun encontro celebrado ao amparo do grupo de traballo de pesqueiras da Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas (CRPM) de Europa.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe que Galicia conta cun plan de reactivación para o eido marítimo-pesqueiro ante a crise derivada do coronavirus que suporá unha inxección global de 77 millóns de euros en 2020 no complexo mar-industria a través de cinco liñas de apoio que buscan aportar liquidez e solvencia ás empresas do sector para garantir a súa sustentabilidade e competitividade ante as dificultades actuais derivadas da covid-19. O obxectivo deste plan é que ninguén quede atrás no camiño da recuperación e que o sector volva á situación previa á pandemia o antes posible. O plan de reactivación e dinamización do eido marítimo-pesqueiro, denominado Avantemar, pretende ser un programa xeral de apoio ao sector ante as importantes perdas acumuladas nos últimos meses.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe unha xuntanza por videoconferencia con representantes da Alianza Pesqueira Europa (EUFA) e de distintas entidades pesqueiras galegas na que analizou a falla de avances na negociación da Unión Europea co Reino Unido sobre o brexit e na que apelou a manter a unidade de acción do sector pesqueiro europeo ante este escenario. Con ese obxectivo, a titular de Mar anunciou que Galicia asinará unha segunda declaración en favor das comunidades pesqueiras ante o brexit -a coñecida como declaración de Santiago- para que o sector conte cunha posición de forza na defensa dos seus intereses.
Galicia demanda ao Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación que medie ante o Ministerio de Asuntos Exteriores, UE e Cooperación para que realice as xestións necesarias ante as institucións comunitarias co obxectivo de que a consecución dun acordo pesqueiro que defenda os intereses da frota española sexa un asunto prioritario na negociación das autoridades europeas co Reino Unido. Neste sentido, a conselleira do Mar, Rosa Quintana salientou a importancia de que os responsables do Executivo comunitario, como a nova directora xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG Mare) da Comisión Europea, Charlina Vitcheva, sexan conscientes da transcendencia económica e social que o sector pesqueiro ten en rexións como Galicia.
« Anterior | 10  de  27 | Siguiente »

Notas pesca

Na mostra descríbense as especies pesqueiras máis representantivas de Galicia, as artes e os aparellos de pesca, e as embarcacións tradicionais. Tamén se exhiben un bou de vara, betas ou pezas do xeito, aparellos de pesca artesanal e embarcacións tradicionais galegas.
A rula estará perfectamente integrada no entorno e disporá de 740,14 metros cadrados útiles que albergarán, entre outras instalacións, salas de subhastas, clasificación e reexpedición, así como vestiarios, unha fábrica de xeo ou unha cámara de conservación en fresco.
A Consellería de Pesca achega ao público catalán a marca de calidade PescadeRías, ¿de onde se non?, posta en marcha para a valorización dos recursos pesqueiros procedentes da pesca de baixura e do marisqueo galegos.
Carmen Gallego e o Ministro de Pesca do estado asiático mantiveron unha xuntanza en San Caetano. Timor é o último dos estados lusófonos pendente de incorporarse ás accións directas de colaboración levadas a cabo pola Consellería de Pesca no exterior.
Os dous mandatarios aproveitaron a reunión para abordar iniciativas de cooperación entre Galicia e Namibia. Pesca envía contenedores con equipamento para a fábrica de Omahenene.
La ministra de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino inauguró la X Feria Internacional de Productos del Mar (Conxemar), donde apostó por una política de innovación para el crecimiento del sector de los productos pesqueros congelados.
Joe Borg, realiza a vindeira semana unha visita oficial a Galicia que inclúe a inauguración da X Feria Internacional de Productos del Mar Congelados (Conxemar) que se celebra entre o 7 e o 9 de outubro en Vigo.
A Administración pesqueira galega destina case 800.000 euros para os armadores ou propietarios de barcos con porto base en Galicia que realicen paralizacións temporais entre o 25 de abril e o 30 de outubro deste ano.
Trátase dunha granxa mariña, que se dedicará ao cultivo de rodaballo, e que ten previsto comezar a funcionar no primeiro trimestre do ano que vén no Porto de Tragove, en Cambados (Pontevedra).
A posta en marcha deste plan por parte de Pesca, servirá para acadar información científica concreta sobre a anémona no litoral galego, avanzar nos coñecementos da explotación deste recurso e poder chegar a fixar normas máis concretas que regulen a súa extracción.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES