
Feijóo precisou que a frota galega é a máis castigada das que faenan con Cantábrico-Noroeste ao sufrir unha perda de 11M de euros de xeito directo e o 63% das capturas.
O documento subliña ademais que o segmento máis afectado polo acordo de Bruxelas é o arrastre de litoral, que perdería no caso de Galicia uns ingresos de preto de 7,5 millóns de euros, seguido das artes menores, cunha incidencia de máis de 3M.
Á marxe das repercusións directas das reducións de cotas, Feijóo referiuse tamén ás consecuencias que xeran sobre os salarios dos traballadores do sector, e sobre os sectores indirectos no conxunto da economía. Non en van, uns 2.300 tripulantes da frota galega do Cantábrico-Noroeste verían reducido o seu soldo, perdendo 1.700 ao ano, uns 4M en total.
O presidente da Xunta aseverou que non entendemos esta situación, parécenos que é un grave erro e engadiu que a comunidade aportou distintos informes nos que se garante a viabilidade de manter as cotas do ano 2020. Ademais Feijóo tamén fixo fincapé na dúbida enorme e na preocupación manifesta do brexit.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.