
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participa ata o martes, 28 de outubro, no Fórum do Mar, que se celebra na localidade tarraconense de Cambrils. Neste certame, considerado un importante punto de encontro para gourmets, amantes da gastronomía e produtores das cociñas do Mediterráneo, o departamento que dirixe Carmen Gallego busca dar a coñecer os produtos artesáns do mar de Galicia, así como a marca de calidade que ampara os produtos da pesca de baixura e o marisqueo que capturan os nosos profesioanis, pescadeRías, ¿de onde se non?. Deste xeito, este evento é unha cita obrigada para os profesionais da cociña e o mar e, polo tanto, tamén para os produtores galegos.
Nesta edición, Galicia será o territorio convidado a través da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, isto fará posible o binomio Mediterráneo-Atlántico. Cambrils e, por extensión, as terras de Tarragona representan o Mediterráneo, mentres que Galicia, cunha grande variedade e riqueza de produtos do mar nas súas costas, representa o Atlántico.
Ademais do stand institucional da Administración pesqueira galega, acoden ao Fórum do Mar unha representación dos produtores artesanais do mar galego, presentando produtos autóctonos e con grande personalidade que veñen de converter a Galicia e a súa produción nun territorio gastronómico de primeira categoría. Este é o caso das Navallas de Aldán, as Volandeiras de Cangas, os Ourizos de Lira, o Polbo das Rías ou os Percebes de Baiona, produtos e produtores que mostrarán neste certame as excelencias da pesca artesanal.
Por outra banda, a Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos achega aos visitantes e profesionais que asisten a esta cita gastronómica a súa marca pescadeRías ¿de onde se non?, marca de calidade para promover, impulsar e valorizar os produtos da pesca baixura e o marisqueo procedentes da nosa comunidade. Os criterios que caracterizan aos recursos mariños amparados baixo o distintivo pescadeRías son a orixe galega da pesca artesanal, a garantía dun tempo de desembarco dende a captura non superior ás 24 horas e uns estándares de calidade do produto garantidos. Outro dos obxectivos desta iniciativa consiste na diferenciación do producto galego de alta calidade do foráneo, permitindo aos consumidores estar ben informados sobre o que levan á casa, axudando a evitar o fraude aos compradores.
Degustacións guiadas e clases maxistrais de cociña
Galicia e o seu mar, como convidados do Fórum, terán un especial protagonismo no marco das actividades programadas. Na xornada de mañá, Xosé Cannas, cociñeiro integrante do Grupo NOVE, levará a cabo un espectáculo de cociña en directo, inspirado na tradición e combinando con elegancia ingredientes do mar e da terra coa pretensión de fuxir dos tópicos que rodean á gastronomía galega.
Así mesmo, os visitantes e profesionais terán a oportunidade de degustar os produtos artesanais do mar de Galicia na Aula do Gusto; trátase de degustacións guiadas nas que os froitos do mar galego saborearanse acompañados dos mellores caldos autóctonos, actividades todas elas, programadas coa colaboración da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
*Nota de prensa.- Remitímosvos, a través do correo electrónico, fotografías da participación da Consellería de Pesca no Fórum do Mar de Cambrils.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.