A ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos cederá ás confrarÃas de pescadores de Cangas e Redondela unha embarcación para ser empregada con fins de utilidade pública e de interese social, tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG), a través da Orde do 20 de outubro de 2008.
A embarcación que entregará o departamento que dirixe Carmen Gallego aos dous pósitos para a súa xestión conxunta é a denominada “Illas Lobeiras”, que ten 5,30 metros de eslora e dous metros de manga. Esta lancha foi construÃda no ano 1991 e conta cun motor foraborda Yamaha modelo 150 C Etol de 150 CV de potencia.
A cesión, que se outorgará por un prazo de cinco anos contados a partir da súa formalización e que poderá ser prorrogable por perÃodos sucesivos de igual duración, implica o cumprimento das cláusulas establecidas polo lexislación actual nesta materia. AsÃ, en primeiro lugar, a embarcación será utilizada por parte da dúas confrarÃas para fins de utilidade pública e interese social, principalmente destinarase a tarefas de vixilancia e colaboración en salvamento marÃtimo e loita contra a contaminación mariña.
Por outra banda, os dous pósitos beneficiarios desta cesión serán os responsables da reparación e posta en funcionamento da lancha e, asà mesmo, encargaranse do seu mantemento para conservala en bo estado. Ademais, responderán do seu valor en caso de destrución, roubo ou perda e terán a obriga de realizar un seguro de responsabilidade civil coa finalidade de garantir a cobertura dos danos, tanto persoais como materiais, que se puidesen ocasionar co seu uso.
No caso de non cumprirse a finalidade pola cal foi entregada a embarcación, ou de utilizarse con grave quebrantamento ou incumprimento das condicións do acordo, a ConsellerÃa de Pesca cancelará a citada cesión e o ben volverá a estar a disposición Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo da taxación pericial, o valor do detrimento ou deterioración que sufrise.
A cesión desta embarcación por parte da Administración pesqueira galega será formalizada mediante unha acta subscrita polo secretario xeral deste departamento autonómico, ou o funcionario en que delegue, e os órganos competentes das entidades ás que se lles fai entrega do citado ben. Neste documento deberá figurar o acordo de cesión e a aceptación por parte de cada un dos cesionarios.
Outras cesións de medios a outras entidades
Cabe lembrar que a ConsellerÃa de Pesca e Asuntos MarÃtimos cedeu este verán varios medios a diferentes confrarÃas e a outras entidades. AsÃ, o pasado agosto outorgou unha embarcación á ConfrarÃa de Pescadores de Malpica de Bergantiños e dous vehÃculos ao Concello e á asociación de voluntarios de Protección Civil desta mesma localidade. Ademais, a finais do mesmo mes, cedeu unha embarcación e un vehÃculo para uso da ConfrarÃa de Pescadores A Pastoriza de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.