
A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, mantivo en Santiago unha xuntanza de traballo con representantes de todas as asociacións de armadores de Galicia, na que se abordou a aplicación na nosa comunidade autónoma do Reglamento (CE) 744/2008, aprobado o pasado verán pola Comisión Europea. Cabe lembrar que esta normativa naceu co obxectivo de facer fronte ás dificultades xurdidas no sector pesqueiro como consecuencia do incremento do prezo do combustible. No encontro tamén participaron o secretario xeral da Consellería, Miguel Ángel López Sieiro, e o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez.
Na reunión, a titular da Administración pesqueira galega trasladoulle aos presentes que varias das medidas incluídas no Reglamento (CE) 744/2008 xa están contempladas en ordes publicadas pola Consellería. Ademais, explicoulles que na convocatoria para 2009 da orde de axudas para investimentos a bordo de buques pesqueiros, da Dirección Xeral de Estruturas, vanse recoller novos conceptos subvencionables segundo a normativa comunitaria. Na mesma dirección tamén se actuará coa vindeira convocatoria da orde de proxectos piloto, de xeito que, entre outras cuestións, incluirase o aforro enerxético.
Por outra banda, Gallego sinalou que dado que Galicia non cumpre o requisito fixado polo Reglamento (CE) 744/2008 de desguace do 30 por cento dun determinado segmento de frota ou de varios, a Consellería non vai presentar un Plan de Adaptación de Frota (PAF) como tal. No entanto, a Administración pesqueira galega comprométese a realizar un plan de axuste que suporá un investimento total superior aos 60 millóns de euros entre os anos 2008, 2009 e 2010.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.