//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias pesca
Galicia defende que as novas ferramentas de control teñan en conta as características do sector e sexan acordes á súa realidade co obxectivo de que non xeren malestar e sexan entendidas polos profesionais da pesca e do marisqueo. Por iso, pide que se mellore o texto durante o proceso de negociación dos trílogos -os debates entre a Comisión Europea, a Eurocámara e o Consello Europeo- para contar cunha normativa adaptada á realidade da frota e que non castigue ao sector.
O Consello da Xunta analizou hoxe un informe da Consellería do Mar sobre o seguimento e avaliación da actividade dos oito grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP) de Galicia para o desenvolvemento socioeconómico das zonas costeiras entre os anos 2016 e 2020. Este documento reflicte que os proxectos desenvolvidos por estes grupos en Galicia supuxeron unha actividade socioeconómica que permitiu xerar 2.900 empregos directos e indirectos a tempo completo no conxunto da economía galega e supuxo unha contribución ao Produto Interior Bruto de Galicia (PIB) de máis de 137 millóns de euros, o que representa un 0,22% do total.
Reuniuse o grupo de traballo sobre o brexit creado no marco do Consello Galego de Pesca e no que se definiron as liñas de traballo máis inmediatas na defensa do sector unha vez que o Reino Unido abandonou a Unión Europea. A primeira delas será a elaboración dun informe sobre o impacto económico da posible perda de intercambios de cota cos países máis afectados neste acordo pola entrega do 25% das posibilidades de pesca europeas ao Reino Unido a cambio do acceso a augas británicas durante só cinco anos e medio.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, participa no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, ao que asiste en representación das comunidades autónomas españolas xunto ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, e no que demandou a mellora das propostas de cotas realizadas pola Comisión Europea nas principais especies da frota galega en augas compartidas co Reino Unido. O Executivo comunitario fixo unha proposta provisional de Totais Admisibles de Capturas e cotas que suporía establecer ata o 31 de xullo a parte proporcional sobre o total anual das posibilidades de pesca recomendadas polos científicos do Consello Internacional para a Exploración do Mar (CIEM).
O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou a Galicia no 143º pleno do Comité Europeo das Rexións (CdR). Entre os oito ditames de opinión aprobados, destacan de interese para Galicia o Novo enfoque para a Estratexia Marítima Atlántica -Plan de Acción Atlántico 2.0- e o regulamento relativo á Reserva de Adaptación ao Brexit. Sobre este regulamento, Galicia presentou varias emendas co obxectivo de que se establezan novos criterios de reparto que dean cobertura aos prexuízos directos e indirectos ocasionados en materia de pesca tras a saída do Reino Unido.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, compareceu hoxe no Parlamento para dar conta dos efectos que pode ter na pesca a saída do Reino Unido da UE e das actuacións da Xunta ante esta situación. Nesta liña a titular de Mar explicou que Galicia está a trazar unha folla de ruta a longo prazo para defender os intereses marítimo-pesqueiros ante o impacto do brexit. Este labor, especificou Rosa Quintana, estase a realizar no marco do grupo de traballo creado no Consello Galego de Pesca para tal fin e baixo dúas cuestións fundamentais, que son a unidade co sector e a rigorosidade dos argumentos da comunidade autónoma.
Galicia defende a necesidade de manter ou incrementar as posibilidades de pesca tanto das especies principais como das accesorias en augas compartidas co Reino Unido co obxectivo de facilitar o labor das frotas galega e española que faenan neses caladoiros así como de permitir os intercambios de cotas con outros estados membros. Trátase dunha postura que expuxo hoxe a conselleira do Mar, Rosa Quintana, durante a súa participación por videoconferencia no Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea, ao que asistiu en representación das comunidades autónomas españolas xunto ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas.
Rosa Quintana, participou hoxe no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios no que se debateu sobre as negociacións bilaterais das posibilidades de pesca para 2021 nas augas compartidas entre a Unión Europea e o Reino Unido. No marco deste encontro Galicia defendeu unha vez máis o incremento, tanto das cotas provisionais asignadas ao primeiro trimestre do ano como para o conxunto de 2021 nestas augas co obxectivo de compensar outras caídas. Neste sentido, a titular de Mar lembrou que como consecuencia do acordo do brexit o Executivo comunitario cedeu ao Reino Unido o 25% das posibilidades de pesca europeas a cambio do acceso ás augas británicas durante só cinco anos e medio.
Celebrouse o Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios que serve de preparación para o próximo Consello de Ministros de Pesca da UE, e no que Galicia demandou unha estratexia común para defender os intereses da frota do Gran Sol nas futuras negociacións de posibilidades de pesca tanto no seo da UE como co Reino Unido. Para os tres primeiros meses deste ano nas poboacións de peixes compartidas co Reino Unido se estableceron unhas cotas estables e proporcionais ás fixadas para 2020 e as cotas para despois dese período deben determinarse neste trimestre.
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, mantivo hoxe unha reunión con deputados españois na Comisión de Pesca do Parlamento Europeo na que lles trasladou a folla de ruta deseñada por Galicia para a defensa dos intereses do seu sector pesqueiro ante o brexit e pediulles a súa colaboración para facer presión ante as institucións europeas e coñecer todos os detalles do acordo entre a Unión Europea e o Reino Unido -incluída a letra pequena- para avaliar o seu impacto real.
Esta decisión supón o cumprimento do compromiso electoral de retirar a Lei nos primeiros 100 días de Goberno e elaborar unha nova norma que atenda as principais reclamacións do sector pesqueiro.
Na prestixiosa exposición internacional de Bruxelas estará presente a conselleira do Mar, Rosa Quintana Carballo, que apoia ao sector dos produtos do mar galegos.
A Consellería asiste a esta cita cun stand de 384 metros cadrados e dando abrigo a case unha vintena de empresas e entidades do sector conserveiro, acuícola e dos produtos delicatessen, así como do sector pesqueiro galego.
O dispositivo, patentado pola empresa Kafloat, permite evitar ou retrasar o afundimento dun barco en caso de vuelco, escora ou vía de auga, a través dun sistema de flotadores.
A Consellería de Pesca participa un ano máis na feira italiana cun stand de 320 metros cadrados, que acolle a 14 firmas galegas como coexpositoras, co fin de promocionar internacionalmente os produtos do mar de Galicia.
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, en colaboración cos departamentos de Educación e Sanidade, organiza por cuarto ano consecutivo esta campaña que se desenvolverá en 80 centros educativos, cinco máis que en 2008.
A titular da Administración pesqueira galega participou na presentación da Exposición Mundial da Pesca que terá lugar en Vigo entre o 16 e 19 de setembro e destacou a posibilidade de aproveitar o evento para estreitar a colaboración con terceiros países e para potenciar a proxección internacional da industria pesqueira galega.
Carmen Gallego e Jesús Paz asinaron un acordo polo que a Consellería achegará preto de dous millóns de euros que permitirán substituír as portas de acceso ás lonxas de Grandes Peixes e Altura e incidir na funcionalidade do novo Hangar Xeral de Venda e Empaque, entre outras actuacións.
Pesca asiste ao Salón Galego de Gastronomía e Turismo de Ourense cun stand de 48 metros cadrados de superficie no que promocionará a marca de calidade pescadeRías, ¿de onde se non?, e organiza degustacións de produtos do mar durante cinco días.
Coa posta en marcha desta área protexida dase continuidade á aposta do Goberno galego por este modelo de xestión iniciado coa Reserva Mariña de Lira e baseado no respecto ao medio ambiente e o principio de correspondesabilidade.