Notas de prensa

Pesca participa en el Salón Gourmets de Madrid

A Consellería asiste a esta cita cun stand de 384 metros cadrados e dando abrigo a case unha vintena de empresas e entidades do sector conserveiro, acuícola e dos produtos delicatessen, así como do sector pesqueiro galego.

A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participa ata o xoves, 2 de abril, no XXIII Salón Internacional del Club de Gourmets que se celebra no Instituto Ferial de Madrid (Ifema). Nesta cita, o departamento autonómico dará a coñecer o Mexillón de Galicia, a marca de calidade “pescadeRías, ¿de onde se non?” e o paté e a conserva de percebe co obxectivo de promocionar estes produtos nos mercados español e europeo.

O departamento que dirixe Carmen Gallego asiste a esta cita un ano máis, despois da súa primeira participación no ano 2007 acompañando á Consellería de Medio Rural dentro do stand de Galicia, cun expositor de 384 metros cadrados. Dará abrigo así a case unha vintena de empresas e asociacións do sector conserveiro, acuícola e dos produtos delicatessen da nosa comunidade autónoma, así como do sector pesqueiro galego. Entre estas firmas destaca a presenza da Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados e Mariscos (Anfaco), ou do Consello Regulador da DOP Mexillón de Galicia, así como do Centro Tecnolóxico do Mar, que informará sobre os proxectos de diversificación dos recursos da pesca artesanal nos que está a traballar.

No marco desta feira e ao longo dos catro días de duración da mesma, a Consellería de Pesca desenvolverá nas súas instalacións un programa de actividades baseado, sobre todo, nas degustacións dos recursos pesqueiros frescos galegos, así como de produtos preparados, todos eles caracterizados pola súa excelencia e calidade. Deste xeito, hoxe mesmo desenvolveuse unha degustación de paté e pratos elaborados a partires de percebe en conserva, novos produtos que desenvolven na actualidade os pósitos da Guarda, Bueu e Baiona, no marco dun proxecto subvencionado pola Consellería de Pesca e que coordina o Centro Tecnolóxico do Mar (Fundación Cetmar). Esta iniciativa, denominada “Xestión integral da pesqueiría do percebe”, ten como propósito xerar novos produtos con este recurso de ampla calidade e valor que nace das nosas costas, así como potenciar a súa comercialización.

Na xornada de mañá, na que o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca en funcións, José Manuel López Rodríguez, visitará a feira e aos coexpositores galegos, o stand de Pesca acollerá unha degustación de Mexillón de Galicia, un produto que conta co recoñecemento por parte da Unión Europea da Denominación de Orixe Protexida. Ademais, o mércores está prevista tamén unha degustación de produtos frescos amparados baixo a marca de calidade “pescadeRías, ¿de onde se non?”, un distintivo posto en marcha pola Administración pesqueira galega o pasado ano e que xa leva certificados preto de 650.000 quilogramos de especies pesqueiras e marisqueiras.

O Salón Internacional del Club de Gourmets está considerado como un evento gastronómico e dedicado aos produtos de alta calidade de referencia a nivel europeo. Nesta vixésimo terceira edición, a feira contará con preto de 40.000 produtos expostos, entre os que destacan un total de 1.000 novos produtos, e con máis de 24.000 metros cadrados de exposición.

Dende que naceu, en 1987, esta feira desenvolveuse a partires da idea de divulgar a singularidade e bondade dos produtos goumets, é dicir, aqueles artesanais e industriais de máxima calidade, e de promover a súa imaxe. Así mesmo, partiu tamén da base de facer deste salón unha cita de índole comercial que propicie o contacto entre as empresas.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2009-03-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES