
A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos participa ata o día 8 de febreiro, no Salón Galego de Gastronomía e Turismo de Ourense, Xantar 2009, que se celebra nas instalacións do recinto feiral Expourense. O departamento que dirixe Carmen Gallego asiste a este evento cun stand de 48 metros cadrados, que se sitúa no centro do recinto, e que dobra a superficie que presentou na edición pasada deste certame.
A Consellería de Pesca acude este ano á cita ourensá co obxectivo primordial de promocionar os produtos galegos da pesca, o marisqueo e a acuicultura entre os asistentes, así como a marca de calidade para os produtos do noso mar, pescadeRías, ¿de onde se non?. Para iso, e dado o marcado carácter gastronómico de Xantar 2009, Pesca realizará varias actividades no seu stand ao longo dos cinco días que dura esta feira. Así, desenvolverá un programa diario de degustacións de recursos mariños galegos nas horas de maior afluencia de público, é dicir, entre as 13,00 e as 15,30 horas, facendo especial fincapé na fin de semana cando se espera a maior parte das visitas.
No marco destas actividades tamén se inclúe a achega de información da marca pescadeRías a todos os asistentes, a quen se lles explicarán os pormenores deste distintivo posto en marcha polo departamento que dirixe Carmen Gallego o pasado mes de marzo, así como da Denominación de Orixe Protexida Mexillón de Galicia, para este molusco cultivado nas nosas augas.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.