
Nesta liña, Galicia propuxo que as rexións afectadas polo Brexit poidan dispoñer dunha porcentaxe dos fondos do BAR unha vez sexan aprobados os criterios de repartición, a fin de evitar que as administracións teñan que adiantar este financiamento nun momento no que están a destinar os recursos a paliar o impacto da crise da covid-19.
O ditame sobre a Estratexia Marítima Atlántica contribúe a reforzar o papel das rexións atlánticas, especialmente no contexto actual de crise derivada da pandemia e da saída do Reino Unido da Unión Europea, e impulsar a cooperación no ámbito da economía azul.
Ao longo dos tres días de pleno, celebráronse varios debates entre os que destaca o organizado o mércores co propio presidente do Consello Europeo, Charles Michel, para abordar o papel das rexións e cidades na pandemia e na recuperación económica e o do xoves, coa comisaria de Enerxía, Kadri Simson. A renovación dos edificios e barrios para mellorar a eficiencia enerxética e reducir as emisións de gases contaminantes foi o tema central deste debate pois é unha das máximas prioridades da UE. A esta chamada onda de renovación irán destinados unha boa parte dos fondos de recuperación.
O Comité Europeo das Rexións
O CdR é a asemblea consultiva da Unión Europea na que están representados os entes locais e rexionais da UE. En representación da Comunidade Autónoma de Galicia, o membro titular é o propio presidente da Xunta de Galicia, mentres que o cargo de membro suplente recae no director xeral de Relacións Exteriores e coa UE. Esta é a última das cinco sesións plenarias que o CdR celebra cada ano para emitir ditames de opinión sobre as políticas comunitarias. A Fundación Galicia Europa presta apoio á participación galega neste órgano da UE.
A Consellería de Educación vai dotar aos centros educativos de apoios específicos de acompañamento, formación e recursos materiais para desenvolver os novos programas de reforzo Avanza Lectura e Avanza Matemáticas, que se van poñer en marcha este curso en Primaria ao abeiro do novo Marco galego para o impulso educativo. O conselleiro Román Rodríguez reuniuse co Consello Escolar de Galicia para avaliar o inicio de curso e dar conta das accións da Xunta enfocadas a 'reforzar aprendizaxes apoiando a quen máis o precise, fomentar a cultura do esforzo e impulsar unha mellora integral e continua do sistema'.
O Consello da Xunta analizou na súa reunión de hoxe un informe da Consellería do Medio Rural sobre o anteproxecto de Lei de loita contra os incendios forestais de Galicia (LLCIF), antes da súa remisión para consulta ao Consello Forestal de Galicia, cuxa reunión está prevista para mañá martes. A futura normativa prioriza reforzar a protección da poboación e a xestión integral do territorio. O presidente do Goberno autonómico, Alfonso Rueda, lembrou que actual lexislación sobre incendios forestais 'ten case 20 anos' e 'cómpre actualizarla e adaptala aos novos tipos de lumes así como aos avances que houbo tanto na loita como na prevención de incendios'.