//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Xunta ten previsto mobilizar 15 millóns de euros en préstamos para impulsar o acceso ao circulante das pemes e os autónomos galegos a través do lanzamento nas próximas semanas dunha nova convocatoria do programa Resolve, co obxectivo de colaborar co tecido empresarial galego e contribuír ao mantemento do emprego mellorando a situación financeira de arredor de 100 pequenas e medianas empresas. Así, favorecerase o funcionamento diario das pequenas e medianas empresas facilitando a concesión de préstamos a partir de 3000 euros. Como novidade este ano, increméntase o importe máximo dos créditos ata os 500.000 euros, fronte aos 150.000 da anterior convocatoria.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe que Galicia vai recibir un total de 170 millóns de euros dos fondos de emprego dos Orzamentos Xerais do Estado, que supoñen un 8,7% máis que o pasado ano e que a converten na terceira comunidade que rexistra un maior incremento. Segundo precisou, son 13,3 millóns de euros máis cos que Galicia, grazas ao seu grao de cumprimento das políticas activas de emprego, duplica a media das comunidades autónomas no reparto de fondos, que é do 3,2%.
A Xunta e a Fundación Barrié veñen de asinar o convenio de colaboración para impulsar a segunda edición do programa Ignicia co obxectivo de seguir apoiando o acceso ao mercado de proxectos de investigadores galegos a través da análise e a elaboración dos plans de desenvolvemento e comercialización. Este acordo, segundo explicou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, dá continuidade ao subscrito en xaneiro de 2016 para o desenvolvemento da primeira edición desta iniciativa, que permitiu apoiar un total de 9 proxectos cun investimento de 4 millóns de euros en sectores como as TIC, o aeronáutico e a biotecnoloxía.
A comisión territorial de seguros agrarios reuniuse hoxe na Consellería do Medio Rural e valorou os avances neste ámbito en Galicia. Entre os datos destacados, a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, sinalou os cinco millóns de euros que este ano achegaranse para subvencionar as distintas liñas de seguros en Galicia. Trátase da cantidade máis alta dos últimos seis anos. De feito a Xunta de Galicia fixo un importante esforzo para compensar a baixada de 10 puntos porcentuais que aplicou o Ministerio a todas as liñas de seguro agás a retirada de cadáveres.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe que a Xunta vai impulsar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital como punto de encontro entre a empresa, a investigación e o financiamento. Así, avanzou, nunha xornada celebrada en Santiago de Compostela, que despois do verán se realizará a primeira convocatoria, baixo concorrencia competitiva, para identificar os Hubs que todos os axentes do sistema innovador queren impulsar en Galicia. A través da fórmula dos Hubs de Innovación Dixital, a Administración autonómica busca cohesionar a todos os axentes en torno a sectores estratéxicos
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe, durante a sinatura do protocolo de colaboración da Xunta e as empresas comercializadoras de enerxía eléctrica de referencia Iberdrola, EDP, Endesa Energía XXI, CHC, Viesgo e Gas&Power-, que este acordo protexerá aos consumidores máis vulnerables garantindo o seu acceso continuado aos servizo. Este protocolo ten como obxectivo establecer as actuacións que desenvolverán para evitar os cortes de subministración.
A Xunta de Galicia aboará xa na nómina do mes de xullo unha suba salarial do 1,5% aos seus empregados públicos, unha vez que os Orzamentos Xerais do Estado entraron en vigor e permiten ás administracións aplicar este incremento. Ademais, na nómina de xullo incluirase tamén un pago adicional duns 250 euros correspondente á aplicación desta suba salarial entre os meses de xaneiro e xullo, dado que a medida ten carácter retroactivo e ten efectos desde o 1 de xaneiro, tal como establece o acordo para a mellora do emprego público asinado o pasado mes de marzo entre o Ministerio de Facenda e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF.
Galicia pechou o mes de xuño superando o millón de afiliacións á Seguridade Social (1.006.499), unha cifra que no se alcanzaba desde hai case 7 anos (agosto de 2011). A Comunidade galega, polo tanto, segue creando emprego cun aumento das afiliacións no último ano do 2,72%, é dicir, 26.622 máis, o que supón que xa son 8 meses consecutivos nos que o aumento anual supera o 2% e as 20.000 afiliacións. Con respecto tamén á creación de emprego, son xa máis de 4 anos de incrementos consecutivos -desde abril de 2014- cunha evolución positiva nas afiliacións e é o maior aumento nos seis primeiros meses do ano desde 2007.
O número de fogares galegos que chegan con facilidade ou moita facilidade a fin de mes aumentou ata o 54,6%, mentres que a cifra de fogares con dificultade ou moita dificultade descendeu ata o 45,4%. Este é o resultado máis baixo de fogares con algunha dificultade a fin de mes de toda a serie histórica, que se inicia no primeiro trimestre de 2010. De feito, o número de fogares que chegan con facilidade a fin de mes medrou en Galicia 7,4 puntos respecto ao anterior trimestre e case unha décima no último ano
.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria ven de publicar a nova convocatoria do programa Galicia Emprende, que achegará axudas por valor de 3 millóns de euros coas que se prevé impulsar 80 proxectos de autónomos e emprendedores, xerando investimentos por 11 millóns de euros. Como recollen as bases desta convocatoria, durante este ano os emprendedores e autónomos poderán solicitar as subvencións en calquera das dúas convocatorias sucesivas: desde o martes e ata o 27 de xullo e do 30 de xullo ao 25 de outubro.
O presidente da Xunta, Núñez Feijóo, solicita ao Goberno central que manifeste o mesmo interese polos traballadores do naval que acreditou por outros sectores como o do carbón. Trasládalle ao comisario Joaquín Almunia a preocupación polos efectos directos e indirectos sobre a economía galega destas medidas sobre o sector naval.
A nova Lei de vivenda garantirá os dereitos dos consumidores, ao tempo que establecerá medidas de dinamización do sector. Crearase un Rexistro de Promotores, a través do cal os adquirentes poderán acceder á unha ampla información sobre o promotor da súa vivenda.
Avanzaron posicións con respecto á fusión entre a Fundación Lucense e o CTLácteo. Engaden que a Universidade requeriu modificacións nos informes elaborados para levar a cabo este proceso.
Na visita, Vidal presentoulles aos convidados a iniciativa do Clúster Alimentario de Galicia e a traxectoria da Ptgal.
O Cetal e Nexum Galicia-AIE asinan un protocolo de colaboración para a realización dun proxecto de desenvolvemento tecnolóxico sobre Valorización de subprodutos da industria cárnica.
El índice de calidad de suministro ha mejorado un 33% en los últimos cuatro años. Se prevé que la compañía invierta más de 30 millones en mejoras en 2011.
A conselleira de Facenda, que inaugurou en Santiago de Compostela a xuntanza do Comité de Seguemento do Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013, aposta por aproveitar o Plan Estratéxico para crecer de forma intelixente, innovadora e sostible na liña de Europa 2020.
A entidade coruñesa acollerá os cursos de alta formación-coaching que organiza o Cetal de Lugo.
A Semana Verde consolídase como certame clave para impulsar e dinamizar o sector agrogandeiro e forestal como un espazo e un evento de dimensións axeitadas para establecer contactos comerciais en sectores estratéxicos.
Co Decreto que publica o DOG impúlsase a asociación dos gandeiros de Galicia para que poidan estar en condicións de mellorar a súa posición negociadora para cando se produza a modificación da normativa europea (UE).