
Así o reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares correspondente ao segundo trimestre e publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).
Ademais, no segundo trimestre de 2018 produciuse tamén un incremento da confianza dos consumidores. Así, o indicador de confianza do consumidor tamén mostra unha tendencia positiva ao situarse no -8,17, o que supón unha mellora de 2,7 puntos respecto ao trimestre anterior.
Esta mellora é consecuencia das mellores perspectivas que teñen os fogares galegos sobre a situación financeira persoal -que mellora 5,2 puntos sobre o trimestre anterior-, sobre a situación económica de Galicia que mellora 4,1 puntos- ou sobre a evolución do desemprego nos vindeiros meses, que mellora case 3 puntos. A única compoñente que non mellora é a da capacidade futura de aforro, que empeora 1,5 puntos.
Medidas
Ademais, a enquisa do IGE mostra tamén unha redución dos fogares que no segundo trimestre tomaron medidas para reducir gastos ou aumentar ingresos. Por exemplo, o instituto estatístico ratifica que baixan os fogares que cambian os seus hábitos de compra para aforrar, que diminúen outros gastos comúns como roupa, calzado ou transporte- e que reciben axuda económica de familiares ou amizades.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.