
O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, acompañado polo titular de Medio Rural, Samuel Juárez, inaugurou a 34ª edición da Feira Internacional Semana Verde de Galicia, que se celebra ata o vindeiro domingo no municipio pontevedrés de Silleda. Ambos coincidiron en sinalar a consolidación deste certame como escaparate multisectorial de gran importancia para impulsar e dinamizar o sector agrogandeiro e forestal e dar a coñecer o seu potencial entre o público xeral.
Neste sentido, Rueda destacou que o cambio de rumbo iniciado hai dous anos polo Goberno galego permitiu un éxito de público que repercutiu moi positivamente no volume de negocio xerado. AsÃ, na pasada edición a Semana Verde –a primeira gratuÃta da súa historia- achegou ao recinto feiral de Silleda preto de 100.000 visitantes que o converteron durante catro dÃas na capital do comercio e do lecer galego. Asà mesmo, o conselleiro incidiu no especial valor deste tipo de iniciativas que, especialmente en tempos de dificultades económicas, achegan aos emprendedores un espazo e un evento de dimensións axeitadas para establecer contactos con potenciais compradores, tanto nacionais como estranxeiros.
886 expositores e máis de 70 actividades
Nesta edición, están presentes 886 expositores de 17 paÃses diferentes e máis de 70 actividades programadas. Como salón clave para o impulso e dinamización do sector agrogandeiro e forestal en xeral e, de maneira moi particular, dos produtos de calidade, a ConsellerÃa do Medio Rural conta cun stand institucional onde veñen representados os 22 consellos reguladores. Neste espazo, realizaranse ao longo destes tres dÃas unha serie de degustacións de produtos de calidade acompañados dos mellores caldos galegos.
Samuel Juárez insistiu na aposta da Xunta polos sectores gandeiro, agrario e forestal -moi ben representados nesta certame- como eixos estratéxicos da economÃa galega, e tamén pola súa importancia social e mesmo cultural, pola súa contribución ao mantemento da poboación e da súa calidade de vida no medio rural. Asà mesmo, e como pioneiro na organización de catas abertas ao público, Medio Rural colabora tamén coa ConsellerÃa do Mar na celebración de diferentes degustacións onde os visitantes poderán gozar de maridaxes dos produtos do mar e da terra, entre eles viños, augardentes, queixos, mel, pementos de Herbón, castaña e produtos de agricultura ecolóxica.
Apoio ao rural
Entre as polÃticas máis destacadas do Goberno Autonómico en materia de apoio ao rural, cabe salientar a creación da marca de calidade ‘Galega 100%Â’, no eido lácteo; a tramitación da primeira Lei de Montes de Galicia e creación das Sociedades de Fomento Forestal (SOFOR), no ámbito forestal; a elaboración da Lei de Mobilidade de Terras e unha futura norma para regular os procesos de concentración parcelaria, no tocante ao eido legal; asà como a recente presentación do Plan Director de Rede Natura 2000 e futura ampliación da propia Rede Natura.
Convenio de colaboración
O titular de Medio Rural asistiu tamén, esta mañá, á sinatura dun convenio de colaboración entre os grupos Vegalsa-Eroski e a Asociación Galega de Cooperativas Agrarias (AGACA) para a posta en marcha dun programa de cooperación para a comercialización de produtos agrarios de calidade.
Neste contexto, o departamento que dirixe Samuel Juárez está traballando na creación dunha marca de garantÃa para os produtos hortÃcolas galegos, que levará o nome de “A Nosa Horta” e que será xestionada e controlada polo Instituto Galego da Calidade Alimentaria (INGACAL). Cómpre salientar tamén que catro pementos galegos (Herbón, O Couto, Arnoia e OÃmbra) están amparados con selos de calidade.
A Xunta escenifica o seu desinterese polo agro galego na Semana Verde de Silleda
Do 16 ao 19 de xuño de 2011 celébrase en Silleda a 34ª Feira Internacional Semana Verde de Galliza. Segundo a propia Fundación Semana Verde de Galiza, que é a encargada da organización do evento, os seus primeiros dous fins son:
1. ContribuÃr ao desenvolvemento do sector agrario galego, a través de actividades feirais e de mercados agropecuarios.
2. Promover a cooperación público-privada no desenvolvemento de actividades feirais e promocionais no campo agrario, alimentario, industrial e comercial co obxecto de impulsar o avance continuo dos citados sectores.
Desde a Federación Rural Galega-FRUGA resúltanos moi chamativo, atendendo aos expositores presentes e ao programa de actividades deste ano, ten máis relevancia actividades como: equitación, mascotas e pequenos animais, artigos de decoración, antiguedades, xardinerÃa, cociña, formación e tempo libre ou ferreterÃa e bricolaxe que as de fomento da produción agraria e da súa transformación.
De todo isto dedúcese o que o Partido Popular entende por “desenvolvemento do sector agrario galego”, é dicir, darlle as costas aos nosos setores produtivos agrarios e da súa transformación e orientalo cara actividades de lecer. Desde a FRUGA pensamos que o rural galego é moito máis ca iso, que ten futuro e que debe estar ligado á produción agraria e á súa transformación como estratexias básicas para contribuir á recuperación económica do PaÃs e frear o despoboamento do rural.
Esta edición da Semana Verde de Silleda coincide co definitivo desmantelamento da finca de Bos, integrada no programa de mellora xenética de Galiza e que deu excelentes resultados nos últimos anos, concretamente nos adicados a mellora xenética de gando frisón galego.
Non debemos esquenzer que os mellores touros frisóns por indices xenéticos dependÃan en parte desta finca, tendo un papel primordial o touro Xacobeo, que mantiña o número un nos indices estatais e dos primeiros nos Ãndices europeos. A dÃa de hoxe case 4000 explotacións leiteiras estaban integradas nos programas de mellora xenética de Galiza, co cal podemos observar como a ConsellerÃa de Medio Rural está a traballar dunha forma totalmente arbitraria co fin de desmantelar un dos programas de melloras xenética con maior prestixio a nÃvel europeo, aspecto este crÃticado por dirixentes do PP como o propio Romay Becaria.
Dende a FRUGA pensamos que a consellerÃa de medio rural debe parar estes recortes nos programas de mellora xenética co fin de intentar mellorar a dificÃl situación que están a vivir moitas explotacións leiteiras galegas.
A artesá especializada en cesterÃa e téxtil Idoia Cuesta (Outeiro de Rei) foi recoñecida como mellor artesá de vangarda na quinta edición dos Premios Maestro Artesano do CÃrculo Fortuny, nun acto celebrado en Madrid. O galardón foille concedido pola súa cesterÃa 'aberta a todas as posibilidades pola súa formación de bióloga, a súa inmensa creatividade e a súa mestrÃa cesteira', tal e como sinalou a presidenta do CÃrculo Fortuny, Xandra Falcó, durante a cerimonia. 'Calquera téxtil, coiro ou material vexetal tecido con mil combinacións e de mil novas formas é posible neste taller impregnado de maxia e do campo galego', engadiu.
A conselleira do Medio Rural, MarÃa José Gómez, destacou que o Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2022, que tivo aplicación ata 2025, mobilizou máis de 1.600 millóns de euros de investimento público e acadou unha execución do 99,3 %, por riba da media española e europea. Foi no acto de peche formal do PDR, que tivo lugar en Santiago de Compostela e no que a conselleira estivo acompañada dos altos cargos do seu departamento.