
A Fundación Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo e a Fundación Juana de Vega de A Coruña asinaron, en Oleiros, (sede da Fundación Juana de Vega) un convenio de colaboración para desenvolver conxuntamente actividades destinadas ao sector agroalimentario.
Dende a Fundación Juana de Vega lembraron que esta entidade é unha institución benéfico-docente que ten por obxecto promover o coñecemento, conservación e desenvolvemento do medio rural de Galicia, con especial dedicación á formación da súa poboación activa, á preservación do seu entorno natural e humano e á mellora da súa base económica e das actividades con ela relacionadas.
O primeiro paso a levar adiante por ambas as dúas entidades ten como data o 30 de xuño, cando a Fundación Juana de Vega acollerá o Programa de Alta formación Coaching do Ministerio de Medio Ambiente que, este ano, o CETAL está encargado de organizar, financiar e de dar continuidade. Con respecto a colaboracións futuras, dende a Fundación Juana de Vega explicaron que apoiarán e participarán no Programa para o impulso da competitividade das empresas ecolóxicas españolas (Programa PICEECO), que recentemente o departamento técnico do Centro Tecnolóxico Agroalimentario de Lugo presentou a un grupo de empresas transformadoras de produtos ecolóxicos procedentes de toda Galicia e de Asturias.
Eduardo Vidal incidiu en que este programa púxose en marcha orientándose de cara ao apoio das empresas ecolóxicas, por entender que este eslavón da cadea de valor do Sector Agroalimentario Ecolóxico español, non só debe xogar un papel absolutamente fundamental en dita cadea, senón que, ademais, necesita un impulso e uns apoios en consonancia coa su función e equivalentes aos que se asignan a outros eslavóns da citada cadea de valor. Este proxecto é a aposta máis forte e decidida por afianzar e posicionar un sector aínda emerxente en España, subliñou.
Ambas as dúas fundacións terán como obxectivo, logo da subscrición deste documento de colaboración, a promoción e impulso da modernización, da competitividade e da rendibilidade das explotacións e industrias agroalimentarias; o impulso da formación e especialización dos profesionais do sector; facilitar a incorporación da tecnoloxía na cultura empresarial, potenciando o seu impacto e beneficios na competitividade, rendibilidade e internacionalización das empresas agroalimentarias galegas; a promoción do desenvolvemento da agricultura tradicional e da agricultura ecolóxica, apoiando a implantación de técnicas avanzadas para lograr unha alta calidade y total trazabilidade destas producións, en todas as fases do seu circuíto de cultivo, transformación e comercialización, entre outras.
Neste último apartado os responsables do CETAL e da Fundación Juana de Vega coincidiron en que a comercialización é un punto clave a fortalecer. O presidente da entidade anfitrioa, Enrique Sáez Ponte, destacou que resulta moi custoso facer chegar á conciencia dos consumidores a existencia dese valor engadido e desas características que fan mellores e especiais os produtos agroalimentarios galegos, neste apartado é quizás onde máis temos que adicar esforzos. Vidal, pola súa parte, destacou o beneficio que suporá que entidades públicas e privadas traballemos arreo e de xeito conxunto en beneficio deste sector, no que pretendemos participar activamente, dende o ámbito tecnolóxico, tanto na conservación do medio rural e natural de Galicia e como, e sobre todo, no seu desenvolvemento sostible. Tamén falou da importancia de traballar en fortalecer ás empresas do sector, dando apoio naqueles puntos nas que sexan máis vulnerables.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.