//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Xunta de Galicia aboará a partir da nómina de setembro unha suba salarial adicional do 0,25% a todos os seus empregados públicos, de xeito que a partir deste mes percibirán un 1,75% máis do salario que percibían a 31 de decembro de 2017, tal como establece a orde da Consellería de Facenda publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG). O acordo para a mellora do emprego público asinado en marzo entre o Ministerio de Facenda e os sindicatos CCOO, UGT e CSIF estableceu unha suba salarial para o ano 2018 que é produto da suma dun 1,5% fixo e un 0,25% variable, este último con efectos de 1 de xullo.
Galicia pechou o primeiro semestre do ano sendo a comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, ao acadar un período medio de pago de 11 días, fronte aos 33 días de media autonómica, segundo os datos oficiais referentes ao mes de xuño publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do semestre, o período medio de pago de Galicia baixou ata os 10,9 días, é dicir, dous días mellor que no mes de maio e case 20 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal. Pola contra, a media autonómica situouse en 33,4 días, o que ratifica que Galicia aboa os seus pagamentos 22 días antes que o conxunto das comunidades.
Galicia é a segunda Comunidade na que máis baixa o desemprego no último ano e volve superar o millón de afiliacións por terceiro mes consecutivo. Así o destacou hoxe a secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, que asegurou que estes datos confirman que a estabilidade en Galicia permite que o paro -con 164.424 persoas sen emprego- se sitúe en niveis inferiores aos de hai 9 anos. Na evolución anual, o desemprego baixou nun 9,22% polo que Galicia conta con 16.701 desempregados menos que en agosto de 2017. O ritmo de descenso supera en máis de tres puntos ao do conxunto do Estado, onde baixou nun 5,92%.
A economía galega acadou no segundo trimestre do ano un crecemento anual do 2,8%, máis que a media española, e creou case 18.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo en comparación co mesmo período de 2017, segundo as contas económicas trimestrais do Instituto Galego de Estatística (IGE). En termos interanuais o PIB galego avanzou no segundo trimestre un 2,8%, unha décima superior ao crecemento da economía española, que foi do 2,7%, segundo os datos avanzados polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
A Xunta vén de resolver a terceira convocatoria do programa Principia que permitirá a contratación de 110 mozos e mozas titulados en 59 entidades galegas. Trátase dunha iniciativa pioneira posta en marcha no ano 2016 para favorecer o mantemento do talento na Comunidade e o desenvolvemento da súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos vinculados á I+D+i. Mediante estes contratos, que deberán ter unha duración mínima dun ano, o Goberno galego busca abrir unha porta ao mercado laboral a universitarios ou titulados de FPII con pouca experiencia.
O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno 'DesenvolvendORural', o 1º Plan de desenvolvemento integral da provincia. Trátase do primeiro paso para a posta en marcha deste pioneiro plan, dotado con 2,2 millóns de euros, co que o Executivo da Deputación muda a súa política de emprego, dirixíndoa á promoción económica e social para impulsar e poñer en valor o rural lucense.
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, participaron nos actos polo 30 aniversario da D.O. vitivinícola Rías Baixas, organizados polo Concello de Salvaterra de Miño e a Confraría do Viño do Condado do Tea e Espumosos, variedade que esta fin de semana celebra a súa festa. A cita supuxo unha homenaxe ás persoas que contribuíron ao impulso e posterior consolidación da DO Rías Baixas como parte do desenvolvemento económico de Galicia
A Xunta reclama ao Goberno central que teña en conta a Galicia á hora de buscar solucións tras a solicitude xudicial de Invertaresa pedindo a liquidación das filiais deste grupo empresarial con 260 empregados, dos que 170 traballan na nosa Comunidade.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria remitiu a semana pasada unha carta á ministra de Industria, Reyes Maroto, na que se poñía á súa disposición para manter un encontro e buscar, a través dunha acción coordinada entre todas as administracións, que se manteñan a actividade produtiva e os postos de traballo.
A Xunta de Galicia apoia as adegas da Ribeira Sacra lucense con axudas directas que superan os 703.240 e que permitiron mobilizar investimentos por valor de 1,9 millóns de euros, dirixidos a promover melloras nas súas instalacións e impulsar a súa actividade. Benefícianse un total de 14 adegas nos concellos de Sober, Chantada, Pantón e O Saviñao.
A Xunta destinará máis de 12,3 millóns de euros ás axudas dos programas de fomento de mellora da eficiencia enerxética e sustentabilidade, da conservación e da accesibilidade en vivendas do Plan estatal de vivendas 2018- 2021, cuxa convocatoria publica hoxe o Diario Oficial de Galicia. Estas axudas están dirixidas aos propietarios das vivendas a rehabilitar, as comunidades e agrupacións de propietarios, cooperativas, empresas construtoras ou arrendatarias ou concesionarias de edificios de vivendas. Tamén poderán beneficiarse das subvencións os arrendatarios da vivenda que realicen a rehabilitación de acordo co propietario.
Así o asegurou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que dixo que tamén daquela estará avaliada o 80% desta estrutura e con medidas de eficacia no 50% que non desapareza, o que suporá unha reducción de 100 millóns de euros de custe.
O presidente da Xunta, que mantivo unha xuntanza co presidente da Comisión de Coordinación da Rexión Norte de Portugal, preparan a presentación dun documento único para o cumio ibérico, entendendo que en momentos de crise é importante impulsar a Eurorrexión (2014-2020).
Galicia rexistrou no primeiro trimestre do ano un total de 474.487 viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros, un 0,4% máis respecto do mesmo período do ano pasado. Destaca o comportamento positivo dos hoteis, cun incremento da demanda do 3,8% e do 2,5% nas pernoitas.
A Consellería de Economía, por medio do Igape, apoiou con esta liña a máis de 3.000 pemes e mobilizou 40 millóns de investimentos no que vai de lexislatura. O programa Innoempresa de Economía e Industria destina case 5 millóns de euros a mellorar a capacidade innovadora das pemes da comunidade galega.
Asínanse acordos coas asociacións de aloxamento de turismo rural, axencias de viaxes, hoteis e apartamentos turísticos, servizos de restauración, instalacións náutico deportivas e campos de golf para incentivar a implantación, renovación ou certificación da Marca Q de Calidade Turística.
A través deste documento establecese o desenvolvemento dun mecanismo que facilite a realización de prácticas en empresas de calquera tamaño e sector de actividade co fin de unir esforzos mellorando o aproveitamento dos recursos públicos dispoñibles.
Tras unha modificación no cadro financeiro do Programa de Apoio ao Viño para o exercicio 2012, á Galicia corresponderíalle un presuposto total de 3.681.975,67 euros, dos cales máis de 2 millóns xa foron distribuídos como anticipo. Medio Rural e do Mar desprazouse ata Madrid para acudir á Conferencia Sectorial de Agricultura e Desenvolvemento Rural.
Os vehículos eléctricos serán unha das novidades desta edición que conta coa participación da práctica totalidade dos concesionarios ourensáns que se reúnen en Expourense do 23 ao 25 de marzo no Salón do Automóbil Ourensemotor 2012.
Turgalicia participa entre o 21 e o 24 de marzo na Moscow International Travel & Tourism no marco da súa estratexia de promoción nos mercados turísticos emerxentes, como no caso de China onde presentou unha oferta de negocios.
A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, asinou en Baiona un convenio de colaboración coa Mancomunidade do Val Miñor para a xestión das instalacións. A titular do departamento autonómico destacou a importancia de que este modelo se estenda a outros centros de atención social.