Notas de prensa

Máis de 30 marcas no 2º Salón do Automóbil que se celebra en Expourense

Os vehículos eléctricos serán unha das novidades desta edición que conta coa participación da práctica totalidade dos concesionarios ourensáns que se reúnen en Expourense do 23 ao 25 de marzo no Salón do Automóbil Ourensemotor 2012.

A segunda edición do Salón do Automóbil “Ourensemotor 2012” celebrarase en Expourense contando coa participación da práctica totalidade dos concesionarios da provincia de Ourense que presentarán os últimos modelos de 30 marcas de vehículos que ocuparán máis de 10.000 metros cadrados de exposición. Trátase dunha iniciativa da empresa Organización Feiral Galega que elixiu as instalacións de Expourense para organizar este salón específico sobre o automóbil que abrirá as súas portas mañá venres ás 11.00 horas.

As marcas presentes son: Seat, Audi, Volkswagen, Hyundai, Skoda, Volvo, Saab, Porsche, Ferrari, Maserati, Mitsubishi, Suzuki, Honda, Mercedes, Dacia, Nissan, Subaru, Isuzu, BMW, Kia, Fiat, Alfa Romeo, Sang-yong, Mazda, Rieju e Peugeot Motorcycles. Incorpóranse nesta edición Opel e Citroen. Ademais das marcas de condución sen carnet Grecav e JDM. Ademais, os concesionarios ofrecerán a posibilidade de probar determinados modelos que estarán ubicados á saída do recinto feiral.

A marca Renault, acudirá presentando os seus coches eléctricos, unha das novidades desta edición e Nissan e Iveco presentarán a súa nova gama de furgonetas e vehículos de transporte lixeiro. O espazo comercial complementarase cun área de lecer orientada aos máis pequenos e que inclúe scalextric e minigolf.

O horario de apertura do salón será o venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xuño, de 11.00 a 21.00 horas de xeito ininterrompido. A entrada terá un custo de 3 euros.

Ourensemotor Ocasión 2012

A cita complementarase co salón Ourensemotor Ocasión que terá lugar, tamén en Expourense, a fin de semana do 30 e 31 de marzo e 1 de abril e na que as mesmas empresas expositoras ofrecerán vehículos seminovos, km. 0 ou de xerencia.

O horario de apertura e o prezo de entrada deste segundo salón serán os mesmos: de 11.00 a 21.00 horas e 3 euros.


Departamento de Comunicación de Expourense, 2012-03-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES