
Culminar nesta lexislatura a avaliación do 80% da Administración paralela da Xunta de Galicia -é dicir, 120 organismos-, co obxectivo de ter eliminados ou reformulados 73 -é dicir, reducida ao 50% a Administración paralela da Xunta de Galicia-, introducindo 500 medidas de eficacia no outro 50% que continúa, e unha diminución do custo de Administración paralela de 25 millóns de euros ao ano, consolidados. Este é o obxectivo final do Plan de racionalización da Administración autonómica galega, un obxectivo que, segundo salientou o titular da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, supón 100 millóns de euros de maior eficacia na Administración pública galega; 100 millóns, que temos para outras cousas, como é manter os servizos públicos esenciais, aseverou.
Na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, o mandatario galego deu conta da marcha do Plan de racionalización da Administración autonómica galega, un plan que na súa primeira fase supuxo unha reestruturación de 64 organismos da Administración paralela. Esta fase, segundo asegurou Feijóo, está completada ao 97%: así 42 destes organismos foron suprimidos, 3 refundidos e 16 reducidos ou sometidos a adelgazamento.
No mes de febreiro, engadiu, presentamos a segunda fase do plan e fixemos os traballos de auditoría e de diagnóstico da situación do resto da Administración paralela da Xunta; este mes de marzo deseñamos a folla de ruta e finalmente, hoxe constituímos a comisión de seguimento para abordar os obxectivos. Así, nesta segunda fase, o Plan de racionalización da Administración autonómica analizará 55 entes co obxectivo de eliminar ou reformular 25 e introducir melloras noutros 30.
Anticipación, alcance, transparencia e eficacia
O presidente da Xunta quixo destacar a anticipación, o alcance, a transparencia e a eficacia que está a demostrar o Executivo autonómico na redución da Administración paralela. Anticipación, dixo, porque cinco meses despois de que tomara posesión este Goberno empezou a avaliar o funcionamento da Administración paralela da Xunta; é dicir, cando o Goberno central anunciou o primeiro Plan do Estado para adelgazar o sector público empresarial estatal, a Xunta de Galicia estaba xa executando o segundo Plan da Administración autonómica para adelgazar o sector da Administración paralela autonómica.
Alcance, engadiu, porque cando se falaba do obxectivo de reducir o 22% do entramado dos entes que dependen das comunidades autónomas, que era unha proposta da Administración central do Estado, Galicia xa presentaba datos de execución. De feito, abondou, no primeiro Plan adelgazamos o 30%, e polo tanto, xa temos cumprido de sobra o que pide o Goberno central para o resto das administracións autonómicas, e o noso obxectivo é o adelgazamento do 50% da Administración paralela da comunidade autónoma, asegurou.
Supón un esforzo non só en anticipación e en dimensión, senón tamén en transparencia, incidiu, lembrando que se vai informar, como se viña informando, cada 90 días de cómo se está executando esta segunda fase do plan de reestruturación.
E por último supón unha capacidade de xestión e eficacia, porque, dixo, hai unha evidente complexidade técnica e hai unha evidente dificultade administrativa, xurídica e patrimonial, para facer este traballo, concluíu.
A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.