Notas de prensa

Primer convenio de colaboración con Feuga para titulados galegos en FP

A través deste documento establecese o desenvolvemento dun mecanismo que facilite a realización de prácticas en empresas de calquera tamaño e sector de actividade co fin de unir esforzos mellorando o aproveitamento dos recursos públicos dispoñibles.

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e o director xeral da Fundación Empresa Universidade Galega (FEUGA), Francisco J. Pereiro Pérez, asinaron o primeiro convenio de colaboración para o apoio aos programas de bolsas de formación práctica de persoas tituladas en Formación Profesional. O encontro entre ambos representantes tivo lugar San Caetano, e nel tamén estivo presente o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira.

Deste xeito a Consellería e a FEUGA dan conta da necesidade de unir esforzos, mellorando o aproveitamento dos recursos dispoñibles e coordinando medidas de apoio ás iniciativas de formación práctica en empresas e inserción profesional de persoas tituladas da FP. No documento asinado hoxe queda reflectido o acordo en actuacións dirixidas a facilitar o progreso no itinerario profesional das devanditas persoas tituladas e que faciliten a relación destas e as empresas.

O desenvolvemento

Así, o convenio da conta de que a FEUGA implantará e desenvolverá programas e actuacións específicos encamiñados a desenvolver o mecanismo que facilite a realización de prácticas en empresas de calquera tamaña e sector de actividade.

No convenio asinado hoxe está incluída a creación dunha comisión de seguimento que terá entre as súas labores a de propor actuacións concretas de colaboración, preparar anexos de execución do convenio e realizar o seguimento das actuacións específicas que se leven a cabo.

A Consellería de Cultura e Educación volve a dar conta do traballo desenvolvido a prol dos estudantes galegas, neste caso de aqueles que optan pola Formación Profesional dándolles a través da FEUGA unha nova oportunidade de incorporarse ao mundo da empresa.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2012-04-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

'Dálle á lingua' é un proxecto de divulgación lingüística da USC que se desenvolverá en colaboración con bares de diversas localidades galegas. O seu obxectivo é 'poñer a lingüística sobre a mesa', literalmente, a través de pousavasos de dobre cara que ofrecerán información para desmontar mitos sobre diversos temas relacionados coa lingua e a lingüística. A iniciativa que agora bota a andar busca locais interesados en participar. Ademais, os establecementos inscritos participarán nunha competición, denominada Liga Mente e Palabra.
A Universidade da Coruña desenvolverá durante os próximos tres anos o proxecto 'INTERLYNX: Estudo paleomolecular da interacción interespecífica de poboacións de lince antigo na conca do Mediterráneo occidental', unha investigación financiada pola Axencia Estatal de Investigación (AIE) dentro da convocatoria de Proxectos de Xeración de Coñecemento 2025.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES