Noticias

A Deputación de Lugo pon en marcha 'DesenvolvendORural', o 1º plan de desenvolvemento integral da provincia

O Voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, informou que o Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno 'DesenvolvendORural', o 1º Plan de desenvolvemento integral da provincia. Trátase do primeiro paso para a posta en marcha deste pioneiro plan, dotado con 2,2 millóns de euros, co que o Executivo da Deputación muda a súa política de emprego, dirixíndoa á promoción económica e social para impulsar e poñer en valor o rural lucense.

Busca cumprir 2 obxectivos a longo prazo: xerar emprego e fixar poboación na provincia. Farao a través de 4 liñas básicas de acción: promoción do 3º sector, plan de 1ª oportunidade, fomento do emprendemento rural e capacitación profesional.

Santo Ramos destacou que o DesenvolvendORural é un programa integral de promoción económica e social da provincia, co que o Goberno da Deputación busca xerar emprego de calidade, aumentar os servizos públicos aos veciños e captar talento, co fin de buscar novas oportunidades no rural e fixar poboación”.

Neste senso, explicou que “facémolo porque Lugo é unha provincia eminentemente rural e na que temos que buscar novos camiños de futuro que nos permitan garantir vivir no rural e do rural, aumentando os servizos que ofrecemos aos nosos veciños e igualando, polo tanto, as condicións de vida entre as zonas urbanas e rurais”.

“Dende este Goberno traballamos por ser unha Deputación rural, sumamente social e coas persoas, pois sabemos que cremos que dende as administración públicas que somos debemos dar resposta ás necesidades do nosos veciños, así como as do propio territorio, dun xeito eficaz e áxil”, destacou.

4 liñas básicas de actuación

O voceiro do Goberno explicou que na sesión de hoxe aprobouseesta programación de promoción social e económica na provincia e que, nas vindeiras semanas, se informará máis polo miúdo de cada unha das liñas que contempla, así como dos prazos e requisitos para que os veciños da provincia poidan concorrer a dita programación. Estas son:

1.- Promoción do 3º sector: A través desta liñao Goberno da Deputación busca promover e aumentar a prestación de servizos especialmente no rural e fixar poboación. Para elo, estableceranse colaboracións co tecido asociativo lucense, que é o denominado 3º sector, para impulsar a prestación dos servizos públicos que se ofrecen aos veciños.

“É un ámbito que habitualmente non se aborda dende as administracións públicas, a pesares de que, na maioría dos casos, este 3º sector presta un servizo esencial para a cidadanía, especialmente no rural. Trátase dun eido moi importante pois na provincia de Lugo, especialmente nas zonas non urbanas, estímase que hai ao redor de 50.000 persoas en risco de exclusión social ou en situación de vulnerabilidade”.

2.- Plan de 1ª oportunidade: A recuperación económica está a castigar aos mozos e mozas do país. De feito, a súa presenza no mercado laboral leva camiño de reducirse á metade nos últimos 10 anos. En España, a pesares de ter unha mocidade con formación superior maior á media europea, é un dos países con menor taxa de inserción laboral. Isto o que produciu foi a emigración de centos de mozos e mozas con talento fóra do pais, situando a Galicia na 3ª rexión española con maior emigración de mozos, só por detrás de Madrid e Cataluña.

Con este plan, o Goberno Provincial promove a captación do talento de lucenses con titulación universitaria ou con Formación Profesional para que teñan o seu primeiro contacto laboral na provincia, facendo prácticas na Deputación de Lugo.Isto permitirá, ademais de formar a estes mozos, aumentar e modernizar o catalogo de servizos que dende esta administración se aos veciños, especialmente no rural, e impulsar as súas carreiras profesionais en Lugo, fixando tamén poboación.

3.- Fomento do Emprendemento: O emprendemento quizais sexa unha das vías máis importantes para o crecemento económico na provincia. É por iso polo que a través desta liña, se ofrecerán premios ás mellores ideas empresariais desenvolvidas no rural de ata 20.000 euros. Deste xeito, foméntase a fixación da poboación coa creación de empresas no rural lucense.

4.- Capacitación Profesional: A formación para os veciños e a transformación de sectores moi castigados pola crise son outro dos puntos que este pioneiro plan do Goberno da Deputación abordará. Para iso formarase a veciños e veciñas lucenses, parados de longa duración, para capacitalos profesionalmente en sectores relacionados coa prestación de servizos así como co sector primario, e reconverter os seus perfís laborais.

R., 2018-08-24

Actualidad

Foto del resto de noticias (alume-app.jpg) A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Foto de la tercera plana (titiribeira-2026.jpg) Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.

Notas

A Reitoría da Universidade da Coruña acolleu a inauguración do congreso internacional 'New Frontiers in Cosmology', que terá lugar do 10 ao 14 de agosto. Este encontro, organizado polo Centro de Física Cosmolóxica de Berkeley (Universidade de Berkeley, California), a Fundación Simons e a Universidade da Coruña, coa colaboración do CITIC, reúne nestes días a máis de 250 persoas investigadoras de referencia internacional no ámbito da cosmoloxía para analizar os principais retos e avances desta disciplina.
As comunidades que habitaron Colombia hai miles de anos lograron realizar extraordinarias obras de enxeñaría baseadas na cooperación entre grupos familiares, sen necesidade dun goberno centralizado, segundo demostra un novo estudo que acaba de publicar a revista Communications Sustainability e cuxa autoría corre a cargo dun equipo integrado por persoal investigador da USC, da Universidade de Cambridge e do Instituto Colombiano de Antropología e Historia (ICANH).
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES