//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
As iniciativas apoiadas abranguen actividades do sector industrial como a impresión de artes gráficas; do agroalimentario, como a fabricación de pan e pizzas e unha adega; e dos servizos, como un centro de día, unha axencia de seguros e unha escola hípica. Esta liña de axudas está deseñada para impulsar a posta en marcha de proxectos de nova creación e para a consolidación, durante os seus primeiros 42 meses de funcionamento, de iniciativas empresariais de emprendedores ou autónomos. Poden solicitar o apoio do Galicia Emprende iniciativas con investimentos comprendidos entre os 25.000 e os 500.000 euros.
O vitivinícola é o sector agroindustrial máis exportador de Galicia, acadándose un nivel de vendas no exterior de arredor do 20% da produción total. A última vendima medrou por riba do 4% en relación coa campaña de 2017 ata situarse, con 64 millóns de quilos, como a segunda máis abondosa da historia, tras a do ano 2011. En toda Galicia, no marco das súas cinco denominacións vinícolas, traballan uns 15.000 viticultores e funcionan case 450 adegas, xerando un valor económico estimado anual que supera os 210 millóns de euros.
A economía galega acadou no terceiro trimestre do ano un crecemento anual do 2,6%, por riba do acadado pola media española, e creou máis de 16.000 postos de traballo equivalentes a tempo completo en comparación co mesmo período de 2017, segundo as contas económicas trimestrais do Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos do IGE publicados hoxe constatan que a economía galega mantén un ritmo de crecemento por riba do establecido no Plan Estratéxico de Galicia 2015-2020, que prevé un incremento medio do 2,5%.
Na cidade do Douro, darase cita medio centenar de representantes das 37 empresas audiovisuais acreditadas este ano, cifra que dá conta do progresivo incremento do nivel de participación neste foro bilateral, orientado a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso. Pola banda galega, desprazaranse 14 empresas: Agallas Films, Congo Producciones, Control Z, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Mondotropo, OlloVivo, Portocabo, Sete Media, Somadrome, Sun Lúa, Voz Audiovisual e Zenit TV. En canto á delegación portuguesa, asistirán 23 produtoras.
As vendas ao exterior nos nove primeiros meses do ano medraron un 7,65% con respecto ao mesmo período do ano anterior, e superaron os 17.100 millóns de euros. Neste sentido destaca o incremento no volume de vendas ao exterior en sectores como a automoción, a maquinaria, o forestal, o agroalimentario ou o téxtil. Ademais, o crecemento é máis do dobre do incremento que rexistra o conxunto de España, que é do 3,2%. Esta tendencia positiva das exportacións permite a Galicia ter un importante peso no conxunto do Estado, xa que as vendas ao exterior galegas suman un 8,1% do total das vendas ao exterior nacionais.
Galicia repite un mes máis como a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de setembro un período medio de pago de 14 días, fronte aos 39 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do terceiro trimestre, o período medio de pago de Galicia situouse 16 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días.
O pleno da Deputación da Coruña aprobou, cos votos favorables do PSdeG-PSOE, BNG, Marea Atlántica, Compostela Aberta e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do Partido Popular, o orzamento da institución provincial para o exercicio 2019, que ascende a 183.609.300 de euros. Isto supón un incremento de 4,65 millóns de euros, un 2,60% máis que no presente exercicio. Un ano máis, todos os investimentos e plans da Deputación financiaranse con recursos propios, sen apelación ao crédito, polo que se manterá a situación de débeda cero.
Os orzamentos para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns de euros, cun incremento de gasto de 363 millóns respecto a este ano. Estas contas permitirán reforzar o gasto social, aumentar os investimentos, impulsar a creación de emprego e aprobar novas baixadas de impostos. A previsión de evolución do PIB galego para 2019 é do 2,5%, de xeito que Galicia seguirá medrando máis que a economía española. En termos de emprego, a previsión é seguir rebaixando a taxa de paro, ata situala o vindeiro ano no 12,7%.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que o apoio da multinacional chinesa Bright Food na I Feira de Importación de China, na que participan 14 empresas galegas do sector agroalimentario, está dando a oportunidade de consolidar a entrada de produtos galegos no país asiático. Nesta misión comercial, Conde estivo acompañado dos presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, e da Cámara de Comercio da Coruña, Antonio Couceiro.
Galicia conta con 16.159 parados menos, o que supón unha baixada do 8,69% e o que sitúa á Comunidade en niveis de desemprego de hai unha década. A caída do paro supera en máis de dous puntos e medio a baixada rexistrada en España (-6,12%) e en máis de dous puntos o descenso acadado na Comunidade galega en outubro de 2017. Ademais, xa son 5 anos de baixadas consecutivas do paro na evolución anual, desde novembro de 2013. As afiliacións á Seguridade Social continúan superando a barreira do millón (1.013.198 afiliacións) por quinto mes consecutivo (desde xuño).
A Xunta salienta que o compromiso de Pemex para construir 14 remolcadores nos estaleiros galegos é firme e salienta que as informacións xurdidas en México corresponden a un concurso internacional convocado por unha filial de Pemex.
A conselleira de Facenda clausurou en Santiago o Comité de Seguimento do Fondo Social Europeo Galicia 2007-2013. Salientou que Galicia recibirá máis de 900 millóns de euros de axudas comunitarias a través do FSE.
Os trámites para a explotación da mina lévanse a cabo como proxecto industrial estratéxico pola indubidable magnitude do proxecto. O proxecto depende da empresa canadense Edgewater Exploration ITD que, de ser aprobado, iniciaría o seus traballos a principios do 2013 por un período de 13 anos.
Durante a reunión do Comité de Seguimento levouse a cabo o exame e análise do Informe de execución da anualidade 2011 do FEDER-Galicia. Presentáronse boas prácticas de comunicación durante o exercicio 2011 e por primeira vez boas prácticas de xestión.
O programa, desenvolvido por Fundetec en colaboración coa Xunta, chegará a 40 concellos integrados na rede de aulas CeMIT das catro provincias. As participantes elaborarán o seu propio plan de empresa co apoio de titores e profesionais especializados.
O apoio da Consellería de Economía e Industria fixo posible a recente constitución de 5 novos clúster galegos.
A conselleira de Facenda salienta que afondará nas liñas xa iniciadas e fortalecerá o control do cumprimento tributario. Afirma que potenciar as novas tecnoloxías mellorará o funcionamento dos servizos cun aforro de tempo e custos e cunha mellora da eficacia.
Con esta iniciativa a Consellería continúa co desenvolvemento do Plan Téxtil Moda Galicia- VISIÓN 2020 como estratexia de apoio a un dos principais sectores da economía galega. Prímanse as pemes que poderán recibir unha maior axuda.
Os criterios atenderán ás prioridades do Plan Estratéxico 2010-2014. Galicia proseguirá o ano que ven na senda da austeridade e da consolidación fiscal para financiar os servizos públicos básicos e as políticas de saída da crise sen cargar con novos tributos aos cidadáns e ás empresas. Facenda e Igualdade colaborarán para incluír a perspectiva de xénero no proceso de elaboración dos orzamentos.
Os balnearios e os talasos serán o único subsector turístico cunha orde específica de subvencións por valor de 1,75 millóns de euros para a creación de establecementos. Púxose enriba da mesa esta información durante as Xornadas Profesionais de Termalismo.