Noticias

O IV Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia reúne no Porto 37 empresas na procura de acordos bilaterais

Na cidade do Douro, darase cita medio centenar de representantes das 37 empresas audiovisuais acreditadas este ano, cifra que dá conta do progresivo incremento do nivel de participación neste foro bilateral, orientado a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso. Pola banda galega, desprazaranse 14 empresas: Agallas Films, Congo Producciones, Control Z, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Mondotropo, OlloVivo, Portocabo, Sete Media, Somadrome, Sun Lúa, Voz Audiovisual e Zenit TV. En canto á delegación portuguesa, asistirán 23 produtoras.

A Consellería de Cultura e Turismo, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), e o Instituto do Cinema e do Audiovisual de Portugal (ICA) organizan o IV Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia, que se despraza por vez primeira ao país veciño para se celebrar o xoves 29 no marco do festival Porto/Post/Doc e coa colaboración do Subprograma MEDIA Portugal-Europa Criativa. Na cidade do Douro, darase cita medio centenar de representantes das 37 empresas audiovisuais acreditadas este ano, cifra que dá conta do progresivo incremento do nivel de participación neste foro bilateral, orientado a impulsar e normalizar a colaboración entre os sectores audiovisuais galego e luso.

Pola banda galega, desprazaranse 14 empresas: Agallas Films, Congo Producciones, Control Z, Ficción Producciones, Filmax, Filmika Galaica, Mondotropo, OlloVivo, Portocabo, Sete Media, Somadrome, Sun Lúa, Voz Audiovisual e Zenit TV.

En canto á delegación portuguesa, teñen confirmada a súa asistencia 23 produtoras: Agente a Norte, Anexo 82, Animais Bando à Parte / Apneia, Cimbalino, Comunicar Atitude, Fronteira Filmes, HOP, Jumpcut, Jump Willy, Kintop, Lx Filmes, Modo Atelier, Ocidental Filmes, Pixbee, Red Desert, SPI, Station Productions, Stopline, Take 2000, Toonelada, Ukbar Filme, West Coast Films.

Reunións personalizadas

Esta cuarta edición mantén a estrutura de traballo de anos anteriores, de xeito que a xornada xirará arredor de reunións one to one para que os responsables das produtoras entren en contacto directo con potenciais socios estratéxicos cara á posta en marcha de novos proxectos de cinema e de televisión. De feito, as compañías participantes suman 74 propostas susceptibles de seren levadas ás pantallas en réxime de coprodución internacional.

A actividade do IV Encontro de Coprodución Audiovisual Portugal-Galicia completarase cunha mesa redonda sobre as posibilidades de financiamento que ofrecen o fondo europeo EURIMAGE e as axudas MEDIA. Ademais, todos os participantes recibirán unha acreditación do Porto/Post/Doc con acceso ás proxeccións e outras actividades do festival.

Coa convocatoria anual do Encontro de Coprodución Audiovisual Galicia-Portugal, a Xunta busca manter aberta unha canle de comunicación directa coas empresas audiovisuais do país veciño cara á posta en marcha de proxectos comúns, que favorezan así mesmo o intercambio de profesionais técnicos e artísticos entre ambas as beiras do Miño. Foi o caso da serie Vidago Palace, unha coprodución entre a TVG e RTP emitida o ano pasado nos dous países e que recibiu o seu impulso definitivo a raíz da xuntanza entre Portocabo e HOP Filmes na primeira edición desta iniciativa.

Próximos títulos

Ademais, varias das compañías galegas participantes nos pasados encontros traballan actualmente en proxectos con participación portuguesa. Entre elas, Agallas ten en fase de desenvolvemento a serie Ouro negro, ademais de encabezar con Somadrome o documental El futuro de la mente, xa en postprodución. Tamén en desenvolvemento se atopa o proxecto O corpo aberto, de Ollo Vivo, mentres que Portocabo presentou no MIPCOM de Cannes a próxima rodaxe da serie Auga Seca, coproducida coa produtora portuguesa Sp-i e concibida como un thriller ambientado nas cidades de Vigo e O Porto.

Impulsado pola Agadic desde o seu nacemento, o Encontro de Coprodución Audiovisual Galicia-Portugal celebrou as súas tres edicións anteriores dentro do Festival Internacional de Cine de Ourense (OUFF) e nelas participaron un total de 80 empresas.

r, 2018-11-27

Actualidad

Foto del resto de noticias (fp-soldador.jpg) O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Goberno autonómico prevé publicar antes de que remate o ano a nova normativa de desenvolvemento do decreto de FP, aprobado este ano, para actualizar os currículos destas ensinanzas e incorporar tres novas figuras docentes. Así se recolle nos informes da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP , que abordan tanto esta nova regulación como o lanzamento da primeira convocatoria do selo Empresa comprometida coa FP dual, “un distintivo para recoñecer ás empresas máis implicadas con estas ensinanzas”, que acreditará o seu traballo e que implicará beneficios.
Foto de la tercera plana (ramon-pineiro-egeria.jpg) Lugo e Láncara acolleron do 5 ao 7 de novembro as II Xornadas Anuais de Pensamento Galego, dedicadas nesta segunda edición á figura de Ramón Piñeiro. O encontro, organizado por Egeria reuniu especialistas, investigadores e representantes do ámbito cultural e académico arredor do pensamento, a traxectoria vital e o compromiso coa lingua e a cultura galegas dun dos intelectuais máis relevantes do século XX. As xornadas inauguráronse o xoves 5 de novembro na Casa do Concello de Lugo coa participación da alcaldesa, Elena Candia, e a presentación da exposición bibliográfica 'Eu, Ramón Piñeiro' e da web ramonpineiro.gal (desenvolvida por GaliciaDigital).

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES