//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Esta achega será posta a disposición dos interesados entre o 7 e o 9 de xaneiro, para continuar impulsando a eficiencia enerxética e o uso de renovables en domicilios particulares e edificios; e entre empresas, autónomos e administracións públicas. Esta liña de axudas forma parte da Estratexia de Impulso á Biomasa, posta en marcha en 2014 e coa que se leva apoiado xa a instalacións de 5.250 caldeiras en fogares e empresas, cun investimento, ata o de agora, de 52 millóns de euros.
Galicia mantense un mes máis como a comunidade autónoma que mellor paga aos seus provedores, ao acadar no mes de outubro un período medio de pago de 14,8 días, fronte aos 35,7 días de media autonómica, segundo os datos oficiais do mes de referencia publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. Ao peche do mes de outubro, o período medio de pago de Galicia mantívose 15 días por debaixo do límite que establece a normativa estatal, que é de 30 días. En contraste, a media autonómica situouse en 35,7 días, o que mostra que Galicia aboa os seus pagamentos 21 días antes que o conxunto das comunidades.
O Consello da Xunta aprobou hoxe o complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores das pensións máis baixas. Beneficiaranse del 39.000 galegas e galegos entre perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos. Esta axuda será ingresada de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os anteditos requisitos, sen necesidade de que a soliciten nin realicen ningún trámite adicional. Estes 206 serán abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro.
Os Orzamentos para 2019 establecen un gasto de 9.850 millóns e entrarán en vigor o 1 de xaneiro, unha vez que esta lei se publique nos vindeiros días no DOG. As contas da Xunta para 2019 incrementan o gasto en 363 millóns, un 3,8%, o que permitirá reforzar o gasto social, facer máis investimentos, impulsar a creación de emprego e aplicar novas baixadas impostos. Galicia disporá así de 1.464 millóns máis que en 2014 co obxectivo de fortalecer unhas contas públicas centradas no crecemento, os servizos e as persoas.
O salario medio anual en Galicia ascendeu no ano 2017 a 18.463 euros, o que supón a cifra máis alta de toda a serie histórica, segundo revela o último Estudo sobre Salarios que elabora o Instituto Galego de Estatística (IGE) correspondente ao ano pasado. Este estudo mostra que no ano 2017 consolidouse a tendencia á alza das retribucións que perciben os traballadores galegos. O pasado ano foi o terceiro consecutivo no que se rexistrou un incremento dos salarios, que no caso de Galicia supuxo unha suba do 1,92% no salario medio anual, un crecemento maior que no conxunto de España, onde foi do 1,78%.
Galicia baixou en tres décimas o seu endebedamento público no terceiro trimestre do ano, ata situalo no 18,3%, e xa é a cuarta comunidade autónoma con menos débeda de toda España, só por detrás de Madrid, País Vasco e Canarias, segundo ratifican os datos publicados hoxe polo Banco de España. Ao finalizar o terceiro trimestre do ano, a ratio de débeda/PIB de Galicia situouse no 18,3%, dúas décimas por debaixo da rexistrada no mesmo período do ano anterior e tres décimas por debaixo da rexistrada no segundo trimestre. Ademais, o diferencial positivo de Galicia respecto á media autonómica (24,4%) mantense en 6,1 puntos, cando en 2008 estaba igualado á media.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación no Consello da Xunta do proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei de inclusión social de Galicia que permitirá incrementar as contías da Risga, así como compaxinala con ingresos laborais. Uns cambios dos que se beneficiarán os preto de 10.000 galegos que perciben esta achega económica. Trátase dun decreto ambicioso e innovador, dixo, incidindo en que unha das novidades máis importantes será a posibilidade de compatibilizar a Risga cos ingresos do traballo, de xeito que aceptar un emprego non supoña unha perda de ingresos con respecto á renda social.
As políticas de vivenda recibirán un forte pulo no ano 2019, grazas ao orzamento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, que xestionará case 40 millóns de euros, cos que manterá o impulso ás políticas de rehabilitación e de acceso á vivenda. A aposta pola rehabilitación concrétase nunha partida de preto de 36 millóns, o que supón un incremento dun 9% máis que no ano anterior; que permitirá o desenvolvemento de actuacións ao abeiro de programas como o Rexurbe, que terá 7,3 millóns; as áreas de rehabilitación integral (ARI), ás que se destinan 6,5 millóns de euros; ou o programa de rehabilitación de vivendas de mestres, con 1,6 millóns.
A primeira Estratexia galega de economía social contará cun orzamento global de 73 millóns de euros e impulsará un total de 25 medidas ata 2021, co obxectivo de xerar 3.000 empregos e crear 300 novas entidades neste eido. Trátase dunha iniciativa consensuada co sector para crear novas oportunidades de negocio en empresas que están enfocadas ás persoas e que contan cunha maior cohesión territorial e social. Está dirixida, principalmente, ás cooperativas, ás sociedades laborais, aos centros especiais de emprego e ás empresas de inserción laboral.
A nosa Comunidade conta con 16.806 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 8,98%, superando en case un punto o descenso acadado en novembro de 2017. Galicia, deste xeito, posiciónase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual superando, ademais, o ritmo de baixada da media estatal en máis de dous puntos e medio de diferencia. En España a caída no número de persoas sen emprego sitúase no -6,37%.
Son xa cinco anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, e os niveis de desemprego son inferiores ao dato de 2008, o ano de inicio da crise.
O presidente da Xunta di que o desbloqueo da segunda convocatoria do Innterconecta supón 150 millóns de euros para a innovación e que se mobilice toda a capacidade de fondos europeos aos que ten dereito a comunidade, o que supón un fito desde o punto de vista do esforzo orzamentario.
O conselleiro de Educación asegurou na xornada Cultura e Responsabilidade Social Empresarial quee entende as estratexias culturais enmarcadas nesta responsabilidade como unha oportunidade para a creación de emprego e o desenvolvemento social.
Núñez Feijóo asegura que a Xunta ten actuado en todas as frontes nos últimos anos para mellorar o atractivo turístico de Galicia, coa ordenación do territorio, na promoción e comercialización, na mellora na xestión e na lexislación e destaca que Galicia é foi a primeira "que puxo en marcha o Plan de Formación para a Excelencia Turística.
Este organismo garante que as intervencións dos fondos sexan coherentes coas prioridades da Xunta e da UE e complementen as políticas de desenvolvemento económico e social de Galicia. Tamén coordinará e velará polo cumprimento das obrigas en información e publicidade dos plans de Comunicación do FEDER e do FSE.
Tralo anuncio da CRTVG da extinción dos contratos de 93 traballadores como
resultado do proceso selectivo na compañía, o Colexio de Xornalistas
lamenta a perda de postos de traballo e expresa a súa preocupación porque
esta medida supoña a redución do cadro de persoal dos medios públicos
galegos e o deterioro da calidade do seu servizo informativo.
Galicia conta ca metade das explotacións gandeiras de leite ecolóxica de España e é tamén a comunidade lider na producción de avicultura ecolóxica. No ano 2011, o valor de mercado dos produtos certificados polo Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA) incrementouse nun 28%.
Arranca unha campaña de identificación e promoción do bonito do norte galego que combina valores nutricionais para o consumidor e económicos para o sector. Preséntanse as etiquetas identificadoras e o material promocional da nova edición de Faino Bonito no porto de Burela, que achega o maior volume de capturas.
Segundo os datos da Enquisa do INE Uso de TIC e comercio electrónico 2011/2012, analizados polo Osimga, as empresas galegas de máis de 10 empregados superan a media estatal de dispoñibilidade de ordenador, conexión a internet, telefonía móbil e correo electrónico.
O titular da Xunta presidiu o acto de apertura do congreso sobre Smart Cooperation. Pese aos momentos difíciles que vivimos, as rexións europeas seguimos sen ter medo a coñecernos máis e profundar máis na cooperación, dixo Feijóo.
Inditex amplía as súas instalacións centrais do polígono de Arteixo, na Coruña, investindo máis de 100 millóns de euros e creando 400 novos postos de traballo. A firma de moda galega salienta o seu compromiso da comunidade co traballo, coa calidade e coa internacionalización da economía galega.