Noticias

Galicia é a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual cunha caída do 8,98% no último ano

A nosa Comunidade conta con 16.806 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 8,98%, superando en case un punto o descenso acadado en novembro de 2017. Galicia, deste xeito, posiciónase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual superando, ademais, o ritmo de baixada da media estatal en máis de dous puntos e medio de diferencia. En España a caída no número de persoas sen emprego sitúase no -6,37%. Son xa cinco anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, e os niveis de desemprego son inferiores ao dato de 2008, o ano de inicio da crise.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe nunha visita que desenvolveu á empresa Intera en Santiago os datos do paro rexistrado salientando a boa evolución do desemprego en Galicia: a Comunidade conta con 16.806 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do 8,98%, superando en case un punto o descenso acadado en novembro de 2017. En palabras de Toca, estes datos reflicten que a Comunidade galega conta cunha estabilidade, o que se traduce en máis e mellores empregos.

Galicia, deste xeito, posiciónase como a segunda comunidade na que máis baixa o paro na evolución anual superando, ademais, o ritmo de baixada da media estatal en máis de dous puntos e medio de diferencia. En España a caída no número de persoas sen emprego sitúase no -6,37%.

Son xa cinco anos de baixadas consecutivas do paro, desde novembro de 2013, e os niveis de desemprego son inferiores ao dato de 2008, o ano de inicio da crise, subliñou a secretaria xeral, sinalando que é preciso seguir traballando na mesma dirección impulsando un crecemento económico sustentable con políticas activas de emprego centradas nunha formación axustada ás necesidades do emprego que vén.

As cifras tamén experimentan unha boa evolución nas afiliacións e na contratación. Galicia leva seis meses rexistrando máis dun millón de afiliacións, desde xuño pasado. Con respecto a hai un ano, as cotizacións subiron nun 2,09%, o que supón 20.714 novas afiliacións. É a maior subida desde 2007 e son xa máis de catro anos e medio de incrementos consecutivos nas afiliacións, desde abril de 2014.

Con respecto á contratación, no último ano, subiu en xeral nun 5,5% medrando a indefinida e a tempo completo. Os contratos indefinidos aumentaron un 20,94%, quintuplicando o aumento da temporal, e a tempo completo subiron un 5,04%, superando en dous puntos o incremento da parcial. Con respecto ao Estado, os contratos increméntanse en xeral máis en Galicia que no Estado cun diferencial de 2,81 puntos e a subida nos indefinidos tamén é maior en Galicia que en España en 5,2 puntos .

O desemprego, ademais, tamén baixou na evolución anual nos colectivos prioritarios para a Xunta: os menores de 30 anos (-11,91%); parados de longa duración (-11,05%); e mulleres (-8,01%). Así mesmo, descendeu nas catro provincias galegas e sete grandes cidades e en todos os sectores de actividade liderando a caída a construción (-17,72%), seguido da industria (-12,01%), dos servizos (-7,26%) e da agricultura e a pesca (-6,1%).

Con respecto ao dato provincial, lidera a caída do paro Pontevedra (-9,72%), seguida da Coruña (-9,38%), de Lugo (-9,25%) e de Ourense (-4,59%).

Menos paro na industria

Na evolución mensual, o paro increméntase en novembro un 0,37% con respecto a outubro sendo o segundo menor incremento de toda a serie histórica. Os datos compórtanse mellor que nos últimos anos en novembro. Pese ao aumento rexistrado este mes, o desemprego baixou na industria, principalmente en actividades vinculadas á alimentación, fabricación de produtos farmacéuticos e as TIC, entre as mulleres- en especial entre as mozas-, na provincia de Ourense e nas cidades de Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra.

A secretaria xeral de Emprego puxo en valor o traballo da Administración autonómica para favorecer o emprego en Galicia lembrando que os orzamentos de 2019 contan con 255,5 millóns de euros para o emprego e a formación, un 7% máis que o pasado exercicio para continuar impulsando a estabilidade laboral e dotar á Comunidade de máis e mellores postos de traballo.

Visita

A secretaria xeral de Emprego valorou os datos de paro de novembro nunha visita que desenvolveu á empresa Intera, unha compañía de base tecnolóxica (IEBT) que colabora co Laboratorio de Análise de Radiacións da Universidade de Santiago de Compostela que busca ofrecer as mellores solucións para a mitigación do gas radón. O obxectivo é facilitar a transferencia dos resultados das investigacións á sociedade e ao tecido produtivo.

R., 2018-12-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES