Noticias

Aprobado o complemento extraordinario de 206 euros para os 39.000 perceptores das pensións máis baixas

O Consello da Xunta aprobou hoxe o complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores das pensións máis baixas. Beneficiaranse del 39.000 galegas e galegos entre perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos. Esta axuda será ingresada de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os anteditos requisitos, sen necesidade de que a soliciten nin realicen ningún trámite adicional. Estes 206€ serán abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro.

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación do complemento extraordinario de 206 euros para os perceptores das pensións máis baixas.

Un complemento, dixo, do que se beneficiarán 39.000 galegas e galegos entre perceptores de pensións non contributivas, do Fondo de Asistencia Social e do Subsidio de Garantía de Ingresos Mínimos.

Sobre este punto, Feijóo aseverou que esta axuda se ingresará de oficio a todos os beneficiarios que reúnan os anteditos requisitos, sen necesidade de que a soliciten nin realicen ningún trámite adicional. Ademais, explicou que estes 206€ serán abonados nun único pagamento nos dez primeiros días do mes de xaneiro.

Trátase, incidiu, dun complemento de excepcional importancia polo colectivo ao que beneficia. Nese sentido, o presidente da Xunta lembrou que son poucas as Comunidades Autónomas que aínda manteñen este complemento adicional á pensión non contributiva.

En definitiva, o Goberno galego amosa así o seu compromiso coas persoas que máis o necesitan: pensionistas de xubilación e invalidez na súa modalidade non contributiva, persoas anciáns e enfermas con incapacidade para o traballo beneficiarias de axudas periódica e ás persoas con minusvalía que perciben o subsidio de garantía de ingresos mínimos, concluíu.

R., 2018-12-20

Actualidad

Foto del resto de noticias (filmoteca-galicia-202611.jpeg) A Filmoteca de Galicia pon o foco da súa carteleira para novembro na estrea do ciclo dedicado ao guionista Rafael Azcona no centenario do seu nacemento, unha escolma do cinema do xaponés Keisuke Kinoshita e a visita de James Benning para presentar as súas dúas últimas películas. Coa proxección de El pisito, de Marco Ferreri, comeza esta mesma tarde a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude a conmemoración do centenario de Rafael Azcona, que ata o mes de xaneiro ofrecerá unha escolma representativa da súa dilatada carreira xunto a grandes directores do cinema español. Este mes poderá verse El jardín de las delicias, de Carlos Saura; El anacoreta, de Juan Estelrich, e El año de las luces, de Trueba.
Foto de la tercera plana (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES