//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro por videoconferencia con entidades do sector financeiro para avanzar na posta en marcha das medidas de apoio a empresas e autónomos aprobadas pola Xunta. Na xuntanza participaron representantes de varias entidades bancarias e das sociedades de garantía recíproca Afigal e Sogarpo. Con eles, Conde abordou polo miúdo as medidas de financiamento que o Goberno galego vai activar para inxectar de inmediato liquidez a empresas e autónomos que se están vendo afectados polo impacto do coronavirus no sector económico.
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, informou hoxe na rolda de prensa do Consello das novas medidas postas en marcha pola Xunta para a prevención e o seguimento do coronavirus. Estamos a falar de 380 millóns de euros: 51,5 millóns de investimento sanitario, 270 millóns en medidas económicas, 33 millóns en materia de política social e arredor de 25 millóns para os sectores turístico e cultural, detallou.Seguimos a traballar e a poñer en marcha novas medidas para loitar contra o virus e estar preparados para facerlle fronte no sistema sanitario, especialmente nos próximos días; para que Galicia non se paralice na medida do posible; e para apoiar a quen máis o precisa e que non sufra un dano aínda maior a consecuencia desta situación, dixo.
A posta en valor das terras abandonadas aptas para cultivos ou prados suporía para a economía galega a creación de máis de 15.000 empregos (entre directos e inducidos) baseados en actividade agrícola, gandeira e forestal. A futura Lei de recuperación e posta en valor da terra agraria ofrece diversas ferramentas de mobilización neste sentido, entre as que destacan os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións de xestión forestal conxunta e as permutas de especial interese agrario. Todas elas teñen carácter voluntario e beneficiarán tanto aos propietarios como aos agricultores, gandeiros e silvicultores, ademais de aos novos emprendedores e investidores.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou esta mañá en Madrid na mesa de traballo para impulsar unha transición enerxética xusta nas Pontes onde reclamou a reactivación inmediata da central térmica e que o Goberno se sume á unidade de acción de Galicia. Conde lamentou que a situación, tras a reunión, sexa igual á de hai cinco meses ao non achegar nin o Goberno nin a empresa ningunha proposta ou alternativa. Pediu que o Executivo do Estado se sume á postura que comparten traballadores, Concello das Pontes e Deputación da Coruña para adoptar canto antes as medidas necesarias que permitan a Endesa reactivar a planta mentres non se atopan biocombustibles alternativos.
A fábrica de Vigo do Grupo PSA é unha das principais plantas de produción da compañía e un dos piares da economía da cidade e de Galicia. Entre 2014 e 2019, o efecto tractor de PSA permitiu crear na comunidade 5.000 novos postos de traballo, ata alcanzar os 22.300 empregos directos no sector da automoción; e os modelos K9 e V20 supoñen unha importante cifra de negocio para o sector auxiliar galego, chegando aos 1.100 millóns de euros. Ademais, PSA participa en dúas iniciativas como a Business Factory Auto, que está a desenvolver a súa 4ª edición; e o Hub de Innovación Dixital, impulsado polo Cluster de Empresas da Automoción de Galicia.
Galicia pechou febreiro de 2020 con 7480 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -4,31% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en febreiro de 2009 había 206.570 parados fronte aos 166.229 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en tres puntos á media estatal, situándose como a segunda Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos e a terceira en relativos. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de febreiro e faino nas catro provincias galegas.
A economía galega repuntou no 4º trimestre do ano ao rexistrar un crecemento interanual do 1,8%, unha décima máis que o trimestre anterior, ao tempo que creou 14.903 postos de traballo a tempo completo asalariados, segundo os datos de contabilidade trimestral publicados polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No último trimestre do ano, o Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,8% en taxa interanual, unha décima máis que no trimestre anterior. En canto á evolución sobre o terceiro trimestre, os datos do IGE mostran que a economía galega rexistrou un avance do 0,5% en taxa trimestral, tamén unha décima máis que no trimestre anterior.
O sector agroalimentario xera en Galicia un total de 103.521 postos de traballo, o que supón un 9,3% do traballo total, e achega un 6,9% do Produto Interior Bruto (PIB) da economía autonómica (4.126 millóns de euros), segundo un estudo sobre a actividade publicado hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE) e elaborado a partir de datos de 2017. As actividades primarias son as que predominan, especialmente en termos de emprego, xa que o 69,4% dos postos de traballo do sector proveñen das mesmas. A rama con máis xeración de valor e con máis postos de traballo creados é a Agricultura, gandaría, caza e servizos relacionados con elas. Séguelle en importancia a Pesca e a Industria de procesamento e conservación de peixes, crustáceos e moluscos.
Os mozos galegos contarán cun novo Plan estratéxico de xuventude, con 125 medidas para os ámbitos do emprego, o rural, a creatividade, a formación, a participación e o Xacobeo 2021. Na súa elaboración tivéronse en conta as prioridades da mocidade, a través de encontros provinciais e de cuestionarios de valoración das políticas da Administración autonómica, que supuxeron contar coa opinión de máis dun milleiro de mozos. Entre as novas iniciativas que contempla o plan destaca a convocatoria, nas vindeiras semanas, dunha nova liña de axudas para a obtención do carné de conducir de tipo B e C , un dos principais requisitos para acceder a un posto de traballo.
As exportacións galegas rexistraron o ano pasado un novo récord, cun total de 22.196,7 millóns de euros, superando nun millón de euros o dato definitivo de exportacións do 2018. No tocante ao saldo comercial, Galicia rexistra unha balanza positiva en 2.382,5 millóns de euros, mentres que a nivel nacional se acumula un déficit de 31.979,6 millóns de euros. En termos absolutos, a balanza comercial galega é a cuarta mellor das comunidades autónomas. Así, en 2019 Galicia supera por segundo ano consecutivo a barreira dos 22.000 millóns de euros, co que a Comunidade está vivindo o mellor ciclo exportador da súa historia.
A VI Conferencia Mundial do Atún Vigo 2013 concíbese desde a Xunta de Galicia como un escenario idóneo para defender a competencia nos mercados en igualdade de condicións hixiénico-sanitarias, sociais nos mercados para evitar a facilidade de entrada de produtos que vaian en contra dos intereses dos consumidores.
A Estratexia de Especialización Intelixente recollida na RIS3, e que a Xunta enviará á Comisión Europea, marcará o camiño da innovación galega nos vindeiros anos e permitirá que a comunidade reciba 2.000 millóns en Fondos FEDER.
La Fundación de Exposiciones y Congresos de A Estrada cuenta dentro de su programa de jornadas técnicas con la inestimable colaboración activa del CIS Madera quien, a través de personal técnico especialista de AIDIMA (Instituto Tecnológico del Mueble, Madera, Embalaje y Afines) de Valencia, impartirán una jornada técnica el jueves diecinueve de septiembre, de 11.45 a 13.00 horas en el Salón de Actos del propio recinto ferial.
O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, e os titulares da CEO, José Manuel Pérez Canal, e da Cámara de Comercio de Ourense, Celso Barbosa, mantiveron unha xuntanza para analizar liñas de cooperación e desenvolver iniciativas conxuntas que favorezan o mantemento e a creación de emprego na provincia de Ourense.
Ata 70 alumnos poderán participar neste encontro que, entre o 17 e o 19 de xullo no Auditorio Ilduara, se configura como un curso de verán de extensión universitaria con sesións teóricas en combinación con proxeccións.
O presidente da Xunta subliña que Galicia leva catro anos reformando a súa administración autonómica para facela máis eficiente e útil aos cidadáns e di que xa se aplicaron o 90% das medidas formuladas.
Este documento pretende definir as accións necesarias para lograr un sistema aeroportuario eficiente e competitivo en Galicia. AIRIA Ingeniería y Servicios S.A. presentará este plan nun prazo máximo de dous meses e medio.
La compañía ofrece suministro eléctrico, a través de Unión Fenosa Distribución, a 118 municipios y más de 700.000 suministros de la provincia.
La Asociación Lugo Monumental y la empresa Interdix Galicia firman un convenio de colaboración por el que las empresas asociadas disfrutarán de condiciones ventajosas en la elaboración y mantenimiento de sus sitios web.
Agadic convocou esta liña de apoio cunha dotación económica de 66.000 euros para fomentar a escrita individual de guións e a realización de curtametraxes de carácter innovador ou experimental.