//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Por unha parte, esta alternativa céntrase na revisión da aplicación do Real Decreto que fixa o aumento de tarifas do 1 % acumulativo durante 20 anos para financiar a ampliación da autoestrada en Santiago e na ponte de Rande. Trátase de revisar o acordo pechado en 2011 coa concesionaria, eliminando os pagos inxustificados, xa que, de cumprirse nos seus termos, suporá que os galegos paguen a Audsasa mediante as peaxes un total de 1.400 millóns de euros por unhas obras que custaron preto de 230 millóns. Por outra parte, esta alternativa tamén plantexa a bonificación doutro 25 % a todos os usuarios que realicen traxectos de ida e volta no día pola AP-9.
Publicarase mañá esta emisión de bonos a tres anos cunha rendibilidade do -0,05%, xunto con outra de 200 millóns a catro anos e cun tipo de xuro cero. Ambas as dúas emisións está dirixidas por Abanca e permitirán amortizar anticipadamente o préstamo correspondente ao Fondo de Facilidade Financeira formalizado no ano 2015, e aforrar 4 millóns de euros en gastos financeiros. O Fondo de Facilidade Financeira é un mecanismo creado pola Administración do Estado para as comunidades autónomas cumpridoras dos obxectivos de estabilidade, o límite de débeda, a regra de gasto e o límite de pago a provedores. Este préstamo tiña un tipo de xuro do 0,83% e un prazo de amortización que vencía no ano 2025.
Os Premios do Comercio Galego 2019 distinguen os establecementos a nivel provincial e autonómico que na súa xestión comercial executan accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación e unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto. Para iso, valórase a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e off line. O Premio Comercio de Galicia está dotado cunha contía de 9.000 euros; o Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros por provincia; e o Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.
Os ingresos dos gandeiros galegos de vacún de leite superaron os 731 millóns de euros nos dez primeiros meses de 2019, o que supón un incremento do 3% respecto do mesmo período do exercicio anterior. Estes datos reflicten a situación de estabilidade que vive o sector lácteo galego e que se pon de manifesto co incremento progresivo de indicadores coma os prezos e a produción nos últimos meses. Cómpre ter en conta a suba de 0,6 céntimos/litro rexistrada en outubro pasado (última cifra oficial coñecida) en relación co mes de setembro, así como o incremento da produción en preto de 8.000 toneladas no último ano, o que supón un 3,4% máis.
A Xunta de Galicia ten como un dos seus principais obxectivos estratéxicos o correcto saneamento e abastecemento de auga na nosa comunidade, sen perder de vista en ningún momento a normativa europea na materia. Deste xeito, o goberno autonómico leva investidos nos últimos dez anos más de 1.100 millóns de euros en obras hidráulicas, que se traducen en 350 actuacións en 165 concellos, que reciben deste xeito apoio nas súas competencias de xestión do ciclo da auga. Nos últimos 30 anos, o número de depuradoras activas pasou de 5 (o resto das augas vertíanse directamente ou tras un pretratamento) ata as 148 que están operativas na actualidade.
Galicia pechou novembro de 2019 con 4710 parados menos que hai un ano, o que supón unha baixada do -2,76% e un nivel de desemprego moi inferior ao rexistrado hai once anos, xa que en novembro de 2008 había 180.820 parados fronte aos 165.659 actuais. Ademais, a caída de Galicia supera en algo máis dun punto á media estatal, situándose como a quinta Comunidade na que máis descende o desemprego. Por sétimo ano consecutivo redúcese o paro en Galicia nun mes de novembro, que tamén baixou nas catro provincias galegas e nas sete grandes cidades, así como en todos os sectores económicos.
O Produto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrou un 1,7% en taxa interanual no terceiro trimestre do ano, ao tempo que se crearon neste período 8.118 novos empregos a tempo completo, segundo as Contas económicas trimestrais publicadas hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE). Os datos da primeira estimación publicados polo organismo estatístico autonómico mostran que, co dato do terceiro trimestre, o PIB galego acumula seis anos (25 trimestres consecutivos) con taxas positivas. O crecemento trimestral sobre o trimestre anterior- foi do 0,3%, o mesmo que o anterior, polo que a economía galega acumula 27 trimestres consecutivos con taxas positivas.
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe que Galicia non renunciará á totalidade dos 700 millóns de euros que lle debe o Goberno central e avanzou que a Comunidade galega proporá varias solucións para que as comunidades e as entidades locais conten coa mensualidade do IVE de 2017 antes de que remate o ano. Durante a rolda de prensa do Consello, Feijóo reiterou que dos 700 millóns, ata o momento, Galicia tan só recibiu 167 millóns de euros. E o único que garante o Goberno central, a través dun Real Decreto Lei, son as entregas a conta: 334 millóns de euros que estaban comprometidos para este mes de novembro, rexeitando pagar os 200 millóns da mensualidade do IVE de 2017 e os 170 millóns dos incentivos.
Os viños galegos amparados con selos de calidade incrementan o valor das súas vendas no mercado español, na canle da alimentación. No último ano medrou arredor do 6% o valor das vendas do viño galego no mercado español, na canle da alimentación, o que implica unha revalorización do produto que chega aos fogares. Ademais, o viño con denominación de orixe sitúa a Galicia no terceiro posto por comunidades autónomas -só superada pola Rioxa e Castela e León- en termos de valor, con respecto á cota de mercado nacional. Na canle de alimentación, especificamente, os viños galegos melloran a súa cota de mercado nacional ata un 5,4% en volume e ata o 6,6% en valor, grazas á súa mellora en participación nos hipermercados e supermercados.
As principais conclusións do Informe GEM, que analiza o proceso emprendedor, foron presentadas esta martes no Museo Pedagóxico de Galicia. O documento constata que o 57,66% da actividade emprendedora en Galicia está liderada por mulleres. O incremento da actividade emprendedora en Galicia, detecta o informe, derívase do aumento asociado á actividade emprendedora feminina, que pasa dun 4,52% no 2017 a un 6,43% no 2018. A actividade emprendedora das mulleres continúa así a súa tendencia á alza desde 2016, acadando o segundo maior valor para toda a serie 2005-2018, e superando á masculina galega e a media feminina española. En relación ao grao de innovación, obsérvase no 2018 un incremento nas iniciativas emprendedoras innovadoras con respecto a 2017.
Feijóo compareceu no Comité das Rexións e presentou o ditame co obxectivo fundamental lograr unha maior eficacia e eficiencia na xestión dos fondos europeos para avanzar cara un crecemento intelixente, sustentable e integrador, na estratexia Europa 2020.
Esta mostra na que se verán representados sectores como a sanidade e xenética animal, o sistema de ordeño, agroquímicos e fertilizantes, ou a produción ecolóxica, celebrarase o 5 e o 6 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
O presidente da Xunta inaugurou a XV edición da Feira Internacional de Produtos do Mar Conxelados-Conxemar, que se celebra no IFEVI ata o 3 de outubro. Asegura que Conxemar é a constatación de que o sector do conxelado en Galicia quere gañar porvir e quere seguir conquistando mercados, e que os 15 anos de percorrido desta feira de negocios son o mellor aval para constatar a hexemonía deste certame no noso país.
A Xunta de Galicia e o Goberno central defenden diante dos eurodeputados españois os intereses da frota cefalopodeira ante o acordo pesqueiro entre a Unión Europea (UE) e Mauritania, xa que din que está infrautilizado, é costoso para os cidadáns europeos e ten unha contrapartida cero para as frotas pesqueiras españolas.
Afirma que o convenio asinado hoxe dá certeza, seguridade e garantía na prestación farmacéutica. Precisa que as farmacias galegas seguirán a cobrar da Xunta entre os días 15 e 20 do mes seguinte á presentación da facturación.
Acredita que os produtos galegos cumpren os criterios europeos de calidade ambiental. A etiqueta ecolóxica da UE é un instrumento eficaz para orientar o consumidor cara a aqueles bens e servizos que acreditan revestir un menor impacto ambiental na súa comercialización e prestación, permitíndolles ás persoas operadoras, acreditar a dita circunstancia no mercado.
O vicepresidente da Xunta reuniuse co director de Crecemento Intelixente e Sostible do Sur de Europa da CE, Raoul Prado, e destacou a necesidade de apostar pola modernicación administrativa para impulsar o crecemento económico e garantir un uso racional dos recursos.
O vicepresidente da Xunta reuniuse co vicepresidente da Comisión Europea, Maros Sefcovic, e o embaixador-representante permanente de España ante a UE, Alfonso Dastis, e aproveitou o encontro para pedir que os fondos europeos aposten pola e-Administración e os concellos que cooperen entre eles.
A través de Galicia Calidade e de Artesanía de Galicia, a xoiería galega asiste ao Salón Iberjoya, no recinto Ifema de Madrid, para buscar novas oportunidades de negocio. A actriz galega María Castro foi a madriña da presentación da presenza galega no evento comercial.
Feijóo: imos seguir traballando, cumprindo co noso deber e cumprindo estritamente coas nosas competencias; preocupándonos por aqueles galegos que foron enganados nas preferentes e, tamén, por toda a obra social e por todo o patrimonio cultural das caixas.