//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na posta en marcha do laboratorio de proba de voos impulsado por Boeing no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) a contribución da multinacional para consolidar este centro como un referente no ámbito dos avións non tripulados, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.
Esta infraestrutura enmárcase no proxecto Galician Skyway, centrado na busca de solucións tecnolóxicas para a seguridade do tráfico aéreo non tripulado en espazos compartidos con aeronaves tradicionais.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 16M a esta a orde de axudas directas que se enmarca no Plan de reactivación económica de Galicia e que vai en liña coa Estratexia do Autónomo. O Cheque Autónomo Seguimos Adiante financiará o 100%, cun límite de 1.800 euros, de gastos en loxística e transporte de envíos, pagos por estar nunha plataforma de e-commerce local, pola licenza de uso de software de venda online, gastos correntes de seguridade, ou de subministracións e telecomunicacións. Poderán efectuarse anticipos e cubriranse importes realizados desde a declaración do estado de alarma.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na mesa industrial de Alcoa San Cibrao, na que reiterou que para evitar o despedimento de 534 traballadores da planta ademais dos empregos indirectos afectados é preciso que o Goberno ofreza a curto prazo un prezo eléctrico competitivo.
Tras a reunión, Conde incidiu en que as medidas adoptadas polo Goberno son insuficientes e explicou que os contratos bilaterais non impide o peche da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, xa que os seus efectos empezarían a notarse a medio e longo prazo.
O Presidente Feijóo, no decurso da presentacion, gabou o compromiso do sector da Automoción para converter Galicia nun polo de Loxística industrial que permita reducir custos, manter o emprego e atraer novos investimentos. Valorou esta iniciativa que, apoiada por múltiples clústeres, conta cun emprazamento estratéxico: a Plisan, que mira cara á Portugal e cara á Meseta, a través de Ourense, e que está preto da Zona Franca de Vigo, e animou ao sector da automoción a seguir apostando pola innovación, porque estamos convencidos de que con innovación e con loxística este sector vai seguir crecendo e xerando emprego, e volverá ás exportacións anteriores á covid-19
O informe oficial sobre plazo de pagos a proveedores do Ministerio de Hacienda publicado hoxe indica que o período medio de pago en Galicia é de 13,8 días, menos da metade que a media autónomica (34,2 días).
Este informe sinala asimesmo que a débeda comercial de Galicia tamén é a menor de España, e catro veces inferior á media autonómica.
O programa Reactiva Comercio, Turismo e Servizos Seguros, da Xunta de Galicia, vai favorecer a reactivación de máis de 27.000 establecementos galegos, PEMES e autónomos que poderán instalar medidas de protección nos seus locais para clientes e traballadores, para dar a maior confianza aos consumidores neste etapa poscovid-19. Trátase dun programa de axudas cun importe de 16 millóns de euros, no que participan as Consellerías de Economía, Emprego e Industria; Cultura e Turismo; e Infraestruturas e Mobilidade. Os autónomos e PEMES dos sectores comercial, turístico, servizos e transporte, poden solicitar estas axudas que inclúen un anticipo dun 50% dos investimentos no momento da resolución favorable.
O Banco de España volve situar a Galicia como a terceira comunidade de réxime común con menor endebedamento de España, tal como mostran os datos de débeda segundo o Protocolo de Déficit Excesivo publicados polo organismo regulador. En concreto, a ratio de débeda/PIB de Galicia sitúase no 18,1% ao peche do primeiro trimestre do ano, seis puntos menos que a media autonómica (24,1%) e só superior ao de dous comunidades de réxime común, Madrid e Canarias. A ratio de débeda/PIB de Galicia no primeiro trimestre é inferior en dúas décimas ao rexistrado no mesmo período de 2019 (18,3%).
A Xunta de Galicia decidiu hoxe retrasar unhas semanas a entrada en funcionamento das discotecas e dos restantes establecementos de ocio nocturno, de xeito que a apertura deste tipo de locais estará autorizada a partir do vindeiro mes de xullo. Tras unha reunión interdepartamental na que a Consellería de Sanidade expuxo un informe relativo a este tema, o presidente da Xunta fixo uso da súa capacidade como autoridade competente delegada e asinou o Decreto polo que Galicia apraza a apertura de discotecas e establecementos de ocio nocturno.
Galicia logra diminuír o paro en maio un 0,29% con respecto ao mes de abril, o que supón 547 desempregados menos e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato posiciona a Galicia como a quinta Comunidade cun mellor comportamento en termos absolutos e a sexta en relativos fronte ao incremento do desemprego a nivel nacional nun 0,69%. O paro tamén baixou nas provincias de Pontevedra e da Coruña e na cidade de Vigo. Os efectos da covid-19 seguen manténdose no sector servizos, o único no que medra o desemprego (+0,15%), que diminúe na construción (-4,65%), a agricultura e a pesca (-1,46%) e a industria (-0,50%).
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pediu hoxe que sexan as comunidades as que xestionen o ingreso mínimo vital para garantir que chegue con axilidade ás familias que peor o están a pasar. Nesta liña, recordou que Galicia ten unha renda de inclusión social desde hai case 30 anos: Temos experiencia de xestión, temos profesionais públicos e estamos xestionando as pensións non contributivas que están financiadas con cargo ao Estado, aseverou. O titular do Executivo galego expresou o seu desacordo cos volantazos que, ao longo das últimas semanas, se sucederon no seu deseño, afirmando que non é respectuoso que se xogue coas prestacións de primeira necesidade que están destinadas a todos os españois, vivan na comunidade autónoma que vivan.
O presidente da Xunta, logo do consello semanal, salientou que os esforzos de Galicia en materia financeira están dando resultados e converteron á Comunidade na máis solvente de toda España e na únida con estabilidade orzamentaria.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño amosa o traballo de 15 obradoiros artesáns nunha das maiores feiras de decoración do deseño nórdico en Estocolmo. A escolma inclúe desde olería tradicional ata a cerámica actual de Lucía Catuxo e a cestería contemporánea de Idoia Cuesta.
Abordar o segundo reto da crise que pasa pola creación de emprego, o crecemento e novas oportunidades, requerirá do tesón empresarial e da estabilidade institucional. O dixo o presidente da Xunta nun encontro con empresarios galegos onde insistiu en que o país vai saír da crise en pé e con novos folgos.
Dar un novo impulso social e económico, afondando na reforma da Administración pública, son algúns dos obxectivos do centenar de plans programados polo Goberno galego para preparar a Galicia do 2020, que agora xa teñen un cronograma de acción.
Aboarase nun único pago no mes de xaneiro, a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. A Xunta destaca o enorme esforzo que fai Galicia para manter este complemento e incrementalo un 30% respecto a 2009.
Este financiamento constitúe só unha parte de todo o investimento que realizará a Xunta en materia laboral ao longo de 2014 xa que, a elas, sumaranse outras destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou aos autónomos.
El Grupo Coren compartió con el Papa y familias desfavorecidas de Roma el producto gallego conocido como la Pularda del Convento: el resultado de una cría esmerada y totalmente tradicional.
Na despedida da actividade parlamentaria, o presidente da Xunta destacou que en 2013, por primeira vez desde 2007, Galicia terá menos paro nun contexto complicado que pasa por manter á Comunicade como solvente, garantindo o autogoberno galego e mantendo os servizos públicos.
A nova Lei do Emprendemento e a entrada en funcionamento da Unidade Galicia Emprende, centraron a intervención do presidente da Xunta no encontro O novo impulso, no que avanzou o investimento de 10 millóns de euros en 2014 para apoiar aos emprendedores galegos.
Nunha xuntanza entre gandeiros e representantes da industria láctea en Galicia presentouse un indicador que permite o seguemento actualizado da evolución dos custes de produción, o que permitirá mellorar a planificación aos produtores e á industria.