
Por iso, volveu solicitar que se publique no BOE a convocatoria da poxa de interrompibilidade para o segundo semestre; que se concreten as compensacións por emisións de CO2 ata o máximo permitido pola Unión Europea; así como que se aprobe un estatuto prometido polo Goberno central hai máis de ano e medio no que se concrete un marco eléctrico competitivo para a industria electrointensiva, atendendo ás alegacións presentadas por Asturias, Cantabria e Galicia e polo propio comité de empresa de Alcoa San Cibrao.
Do mesmo xeito, o conselleiro, que solicitou á empresa que paralice o Expediente de Regulación de Emprego (ERE) mentres se busca unha solución, sinalou ao mesmo tempo que o Goberno debe reaccionar e poñer sobre a mesa medidas que garantan un prezo eléctrico competitivo para a planta de San Cibrao a curto, medio e longo prazo. Neste sentido, reclamou ao Goberno que non peche a mesa industrial ata garantir o mantemento dos empregos.
O conselleiro lembrou a proposta realizada pola Xunta de destinar á electrointensividade unha parte dos fondos europeos que Galicia poida recibir polos plans de industrialización das empresas que desenvolven servizos esenciais, así como un préstamo participativo para completar a modernización da empresa e garantir a súa produción durante as próximas décadas.
O titular de Economía, Emprego e Industria sinalou que a Administración autonómica lle trasladou ao Goberno o seu compromiso de traballar conxuntamente cos ministerios de Industria e Transición Ecolóxica nun plan industrial.
O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.