Noticias

Presentado o proxecto Infraestrutura Loxística 4.0, que encabeza o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga)

O Presidente Feijóo, no decurso da presentacion, gabou o compromiso do sector da Automoción para converter Galicia nun polo de Loxística industrial que permita reducir custos, manter o emprego e atraer novos investimentos. Valorou esta iniciativa que, apoiada por múltiples clústeres, conta cun emprazamento estratéxico: a Plisan, que mira cara á Portugal e cara á Meseta, a través de Ourense, e que está preto da Zona Franca de Vigo, e animou ao sector da automoción a seguir apostando pola innovación, “porque estamos convencidos de que con innovación e con loxística este sector vai seguir crecendo e xerando emprego, e volverá ás exportacións anteriores á covid-19”

Durante a presentación do proxecto Infraestrutura Loxística 4.0, que encabeza o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) e no que participan tamén outros sectores, Feijóo valorou esta iniciativa que, a través da enxeñaría loxística, busca a interoperabilidade: “É dicir, que se poida funcionar non só por autovías, senón tamén a través da autopista do mar -de Vigo ao resto do mundo-, e do ferrocarril, facilitando as exportacións”, explicou.

“Estase a falar de que o feito de ser o córner de Europa non sexa un handicap, senón que sexa unha oportunidade para rebaixar custos, facendo máis competitiva ás empresas galegas”, dixo, destacando o seu emprazamento na Plisan, situada nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves. Un emprazamento estratéxico que mira cara á Portugal e cara á Meseta, a través de Ourense, e que está preto da Zona Franca de Vigo.

“Cremos que se trata dun proxecto dimensionado de forma axeitada, que empeza cun embrión e coa posibilidade de que vaia crecendo en función da demanda”, aseverou, animando ao sector galego da automoción a seguir apostando pola innovación; “porque estamos convencidos de que con innovación e con loxística este sector, que en 2019 facturou 9.700 millóns de euros, vai a seguir crecendo e xerando emprego, e volverá ás exportacións anteriores á covid-19”.

Ao longo da presentación, o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga), incidiu en que se trata dun proxecto apoiado por múltiples clústeres, co obxectivo de conseguir a intermodalidade da cadea de subministro. “Estamos a falar dun proxecto colaborativo e escalable, no sentido de que, se puidera recoller os fluxos loxísticos de múltiples sectores nunha unidade de xestión loxística avanzada con tecnoloxía 4.0, converteríase, probablemente, nun dos mellores exemplos de dixitalización que hai actualmente en Europa neste eido”, dixo o seu presidente, Juan Antonio Lloves.

R., 2020-06-22

Actualidad

Foto del resto de noticias (tecnoloxia-maiores.jpg) O 68,7 % da poboación galega de 16 a 74 anos dispón de competencias dixitais básicas ou avanzadas, fronte ao 61,4 % de 2025, o que supón un incremento relativo do 11,9 %. O 42,6 % da poboación galega de 16 a 74 anos ten competencias dixitais avanzadas, cinco puntos porcentuais máis ca en 2025, e o 26,1 % ten competencias básicas. Son datos publicados hoxe polo INE no informe sobre equipamento e uso das TIC nos fogares, analizados polo Observatorio da Sociedade da Información da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega).
Foto de la tercera plana (circo-camino-2026.jpg) Foi presentada na Cidade da Cultura a iniciativa 'Circo no Camiño', que celebrará entre o 12 de novembro e o 6 de decembro a súa primeira edición, na que contará con artistas nacionais e internacionais. A proposta Circo no Camiño quere achegar as artes escénicas a diferentes localidades galegas relacionadas co Camiño de Santiago. Para isto avanza unha programación variada de espectáculos de circo, maxia, música, acrobacias, humor e animación de rúa dirixidos a todos os públicos, que se desenvolverán tanto nunha gran carpa como nas rúas.En concreto, a programación desenvolverase en catro localidades galegas: Verín, Lalín, A Estrada e Santiago de Compostela, onde se pechará a programación, entre os días 3 e o 6 de decembro.

Notas

O profesor da Facultade de Fisioterapia e investigador do grupo HealthyFit Pablo Campo é o coordinador dun proxecto que emprega a realidade virtual inmersiva e o exercicio terapéutico para promover a recuperación física e psicolóxica das e dos pacientes que se atopan ingresados tras someterse a tratamentos de terapia celular, como un transplante de medula ósea.
A raza Can de Palleiro demostrou unha constitución xenética singular e diferenciada con respecto doutras razas. Esta é unha das principais conclusións do estudo liderado polo catedrático da USC Paulino Martínez e cuxas conclusións se deron a coñecer nun acto que se desenvolveu na Facultade de Veterinaria de Lugo. Esta investigación xenómica para a caracterización e recuperación desta raza evidenciou que a diversidade xenética do Can de Palleiro sitúase no rango superior entre as razas estudadas.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES