//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
A Xunta de Galicia considera totalmente insuficiente a asignación á Comunidade Autónoma do primeiro tramo do Fondo Covid, publicada hoxe no BOE polo Ministerio de Facenda, xa que penaliza a Galicia no reparto deste tramo de 6.000 millóns de euros para gasto sanitario. A Xunta de Galicia considera positiva a creación dun Fondo Covid para as comunidades autónomas, pero discrepa totalmente da metodoloxía utilizada polo Ministerio de Facenda no reparto destes fondos. O Goberno central cambiou de xeito unilateral os criterios de reparto utilizados no sistema de financiamento autonómico e no primeiro reparto de fondos Covid aprobado en marzo, e este cambio penaliza claramente a Galicia, como xa advertiu a Xunta en reiteradas ocasións e mesmo se lle trasladou ao Goberno.
Representantes do Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM) veñen de reunirse cos seus homólogos do SERIDA asturiano e do CIFA cántabro, así como con membros do Centro Tecnolóxico da Carne, para avanzar no desenvolvemento dun proxecto que busca fomentar o pastoreo na montaña como medio para anticiparse aos incendios forestais e mellorar a produtividade animal. O encontro, que tivo lugar no centro dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), concluíu cunha visita á Estación Experimental Agrogandeira de Montaña do Marco da Curra.
A convocatoria da edición 2020 do programa Emega de impulso ao emprendemento feminino mantén aberto o prazo de presentación de solicitudes ata o vindeiro 6 de agosto. A convocatoria deste ano, na que a USC toma parte a través do programa Woman Emprende, reforza a denominada liña Activa destinada a axudar ás empresas que están a atravesar unha situación económica adversa que se viu agravada como consecuencia da crise sanitaria da COVID-19; e flexibiliza os criterios de acceso sen que se requira que o negocio teña máis de tres anos ademais de valorarse o emprego mantido neste período. Alén da liña Activa, o programa Emega implementa outras tres liñas.
Galicia diminúe o paro en xuño un 3,36% con respecto ao mes de maio, o que supón 6428 desempregados menos e segue situándose a niveis inferiores aos de hai 11 anos. Este dato posiciona Galicia como a Comunidade na que máis descende o desemprego en termos absolutos, mentres que ascende lixeiramente -un 0,13%- no conxunto do Estado. O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 4,90% en Pontevedra, un 2,66% en Ourense, un 2,50% na Coruña e 1,50% en Lugo. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso a construción (-5,96%), seguida dos servizos (-3,91%), a industria (-3,68%) e a agricultura e a pesca (-0,33%).
A Comunidade Autónoma de Galicia pechou o primeiro cuadrimestre do ano cun superávit contable de 25 millóns de euros, o que representa o 0,04% do PIB, segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda. No conxunto do subsector Comunidades Autónomas, o superávit ata abril situouse no 0,02% do PIB a metade que en Galicia-, o que supón 231 millóns de euros. Ademais, este resultado supón mellorar os datos do primeiro cuadrimestre do exercicio anterior, no que Galicia pechara o primeiro cuadrimestre cun déficit de 102 millóns de euros, o que representa o 0,16% do PIB.
A Mesa demanda unha estratexia común para identificar proxectos de futuro para o sector da automoción. Nela, o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apuntou que por parte de Galicia hai un compromiso coas iniciativas vinculadas á dixitalización e á mobilidade sustentable, non só a través do vehículo conectado e eléctrico, senón tamén a través do coche impulsado por hidróxeno verde
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na posta en marcha do laboratorio de proba de voos impulsado por Boeing no Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR) a contribución da multinacional para consolidar este centro como un referente no ámbito dos avións non tripulados, no marco do Polo Aeroespacial de Galicia.
Esta infraestrutura enmárcase no proxecto Galician Skyway, centrado na busca de solucións tecnolóxicas para a seguridade do tráfico aéreo non tripulado en espazos compartidos con aeronaves tradicionais.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria destina 16M a esta a orde de axudas directas que se enmarca no Plan de reactivación económica de Galicia e que vai en liña coa Estratexia do Autónomo. O Cheque Autónomo Seguimos Adiante financiará o 100%, cun límite de 1.800 euros, de gastos en loxística e transporte de envíos, pagos por estar nunha plataforma de e-commerce local, pola licenza de uso de software de venda online, gastos correntes de seguridade, ou de subministracións e telecomunicacións. Poderán efectuarse anticipos e cubriranse importes realizados desde a declaración do estado de alarma.
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou na mesa industrial de Alcoa San Cibrao, na que reiterou que para evitar o despedimento de 534 traballadores da planta ademais dos empregos indirectos afectados é preciso que o Goberno ofreza a curto prazo un prezo eléctrico competitivo.
Tras a reunión, Conde incidiu en que as medidas adoptadas polo Goberno son insuficientes e explicou que os contratos bilaterais non impide o peche da planta de aluminio de Alcoa San Cibrao, xa que os seus efectos empezarían a notarse a medio e longo prazo.
O Presidente Feijóo, no decurso da presentacion, gabou o compromiso do sector da Automoción para converter Galicia nun polo de Loxística industrial que permita reducir custos, manter o emprego e atraer novos investimentos. Valorou esta iniciativa que, apoiada por múltiples clústeres, conta cun emprazamento estratéxico: a Plisan, que mira cara á Portugal e cara á Meseta, a través de Ourense, e que está preto da Zona Franca de Vigo, e animou ao sector da automoción a seguir apostando pola innovación, porque estamos convencidos de que con innovación e con loxística este sector vai seguir crecendo e xerando emprego, e volverá ás exportacións anteriores á covid-19
18 restaurantes con más de 30 menús comprendidos entre los 12 y los 30 euros de coste se presentan en la Feria Gastronómica Xantar 2014 en la que también se dan a conocer, con más de 120 actividades, los productos autóctonos de Galicia.
O 2º Barómetro
Percepción e consumo de alimentos ecolóxicos en Galicia 2013, presentado polo C.R.A.E.G.A, amosa que un 92% dos consumidores galegos coñecen estes alimentos. A maioría os escolle por saúde e polo seu sabor, e fidelizan a súa compra.
Estes profesionais ofrecen unha visión alternativa ás medidas económicas actuais que debilitan os servizos públicos básicos e denuncian a manipulación da opinión pública para xustificalas.
O presidente da Xunta, logo do consello semanal, salientou que os esforzos de Galicia en materia financeira están dando resultados e converteron á Comunidade na máis solvente de toda España e na únida con estabilidade orzamentaria.
A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño amosa o traballo de 15 obradoiros artesáns nunha das maiores feiras de decoración do deseño nórdico en Estocolmo. A escolma inclúe desde olería tradicional ata a cerámica actual de Lucía Catuxo e a cestería contemporánea de Idoia Cuesta.
Abordar o segundo reto da crise que pasa pola creación de emprego, o crecemento e novas oportunidades, requerirá do tesón empresarial e da estabilidade institucional. O dixo o presidente da Xunta nun encontro con empresarios galegos onde insistiu en que o país vai saír da crise en pé e con novos folgos.
Dar un novo impulso social e económico, afondando na reforma da Administración pública, son algúns dos obxectivos do centenar de plans programados polo Goberno galego para preparar a Galicia do 2020, que agora xa teñen un cronograma de acción.
Aboarase nun único pago no mes de xaneiro, a través dunha transferencia bancaria na conta corrente onde os beneficiarios teñan domiciliado o recibo ordinario da súa prestación. A Xunta destaca o enorme esforzo que fai Galicia para manter este complemento e incrementalo un 30% respecto a 2009.
Este financiamento constitúe só unha parte de todo o investimento que realizará a Xunta en materia laboral ao longo de 2014 xa que, a elas, sumaranse outras destinadas á mocidade, á cooperación cos concellos ou aos autónomos.
El Grupo Coren compartió con el Papa y familias desfavorecidas de Roma el producto gallego conocido como la Pularda del Convento: el resultado de una cría esmerada y totalmente tradicional.