
Estas liñas son: como a liña Emprende, para promover a posta en marcha de novas iniciativas empresariais e crear emprego feminino estable por conta propia ou allea; a liña Innova, para fomentar a implantación de medidas innovadoras para a mellora da competitividade de empresas constituídas por mulleres; e a liña ITEF, para promocionar iniciativas empresariais con contido científico ou base tecnolóxica promovidas por mulleres; e a maiores, establecese a axuda complementaria Concilia.
Desenvolvemento e riqueza
No acto de presentación desta última edición do Programa Emega, tomaron parte o reitor Antonio López, xunto ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda. López destacou a importancia desta colaboración entre a USC e a Xunta de Galicia xa que evidencia a función social da Universidade apostando pola transferencia do coñecemento para xerar desenvolvemento e riqueza. O Programa Woman Emprende da USC ten como obxectivo fundamental fomentar o emprendemento feminino e a transferencia de coñecemento á sociedade, apoiando as iniciativas emprendedoras e a xeración de novos proxectos, explicou o reitor. En dito Programa Woman Emprende, materializase o compromiso da USC co emprendemento integral e responsable, así como o desenvolvemento económico e social da contorna, concluíu.
Pola súa parte o vicepresidente Rueda agradeceu o traballo da USC a través de Woman Emprende no apoio ás mulleres emprendedoras, tendo en conta que emprender sempre é complexo e no emprendemento feminino moito máis. Para esta edición do programa Emega, a Xunta aporta 1,7 millóns de euros, o 4% máis que na edición anterior na que se seleccionaron 171 iniciativas, explicou.
A vicerreitora de Igualdade Cultura e Servizos, Mar Lorenzo Moledo, tamén estivo presente no acto xa que dende esta Vicerreitoría coordínase o papel da USC nesta iniciativa dirixida a todas as mulleres emprendedoras de Galicia. Ademais de Lorenzo Moledo, tomaron parte no acto a directora do programa Woman Emprende da USC, Eva López Barrio; e a directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, e secretaria xeral da Igualdade por delegación, Natalia Prieto Viso.
A USC, a través do seu programa de asesoramento empresarial feminino Woman Emprende, leva a cabo a labor de mentorización e acompañamento das emprendedoras beneficiarias, baixo a coordinación da Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia. Eva López Barrio, coordinadora de Woman Emprende, quixo subliñar que hai doce anos que a Universidade empezou co emprendemento feminino. Daquela, era a única universidade e hoxe traballan coordinadamente neste eido 45 institucións, afirmou. Finalmente, Natalia Prieto, directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa en representación da secretaria xeral da Igualdade, explicou que o programa Emega consolídase como medida específica para o fomento do emprendemento feminino.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañías galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos títeres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e Títeres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.