//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Nas próximas semanas porase en marcha un programa con medidas específicas para reactivar o comercio de proximidade, que contará cun investimento de 20 M. O presidente da Xunta explicou hoxe que este programa, que se está a ultimar co sector, contemplará medidas en dous grandes ámbitos. Por unha banda, iniciativas que impulsen a súa transformación dixital, cunha aposta clara polo comercio en liña. E, por outra, axudas para dar resposta ás necesidades máis inmediatas e contribuír a impulsar o consumo nas tendas. Sobre isto, Feijóo adiantou que se poñerá en marcha un programa de bonos desconto para mercar no comercio local.
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), fixo públicos os datos do seu último Barómetro Exportador de Galicia (Baexga). A análise sectorial das exportacións en decembro de 2020 amosa un crecemento das exportacións galegas dun 6,8% con respecto o mesmo mes de 2019. Un valor considerablemente superior ao rexistrado polo conxunto de España (un 0,9%). Con esta taxa de crecemento, indican en nota de prensa desde a entidade, Galicia segue recuperando o nivel de exportacións anterior á pandemia, situándose nun 92,9% con respecto ao último nivel anual previo á covid-19. No conxunto do Estado a cifra mantense estancada no 89,5%.
O Foro Económico de Galicia, coordinado desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network (Gen), prevé que a economía galega medre entre un 4,8% e un 8,8% no 2021. Os escenarios prospectivos da entidade para este ano contemplan para Galicia dúas posibles evolucións dependendo fundamentalmente da evolución sanitaria da pandemia, da velocidade e eficacia do proceso de vacinación e, a partir de aí, da normalización da vida económica. A evolución máis optimista suporía un crecemento do +8,8% do PIB e a pesimista un aumento do PIB ao redor do +4,8%.
As vendas ao exterior galegas sumaron o ano pasado un total de 20.871,7 millóns de euros, o que supón quedar por cuarto ano consecutivo por enriba dos 20.000M. Segundo os datos publicados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, a boa evolución de sectores estratéxicos para Galicia como a automoción ou o conserveiro ten permitido a Galicia pechar o 2020 cun mellor comportamento das exportacións que o do conxunto do Estado. Así, na Comunidade as exportacións baixaron o ano pasado un -6% con respecto a 2019, mentres que a media de España é do -10%, catro puntos máis.
O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou hoxe na rolda de prensa de Consello a proposta da Xunta de bonificacións das peaxes da AP-9, para que os 50 M consignados nos Orzamentos xerais do Estado para descontos nas peaxes desta autoestrada se traduzan nunhas bonificacións útiles e xustas, evitando o incremento de beneficios á concesionaria. Así, durante a súa intervención, avanzou dúas das propostas da Xunta que se pretende contribúan a aliviar o peto dun amplo número de galegos, xa que AP-9 vertebra Galicia e é unha das autoestradas coas tarifas máis altas do país.
Case o 60% da superficie incorporada no 2020 á certificación forestal polo sistema PEFC (Programa para o Recoñecemento de Certificación Forestal, en inglés Programme for the Endorsement of Forest Certification) proveu de Galicia. Así, das 124.010 novas hectáreas sumadas a este sistema no conxunto de España, un total de 73.679 corresponden á nosa comunidade. Con esta superficie incorporada, xa son 2,4 millóns as hectáreas certificadas no conxunto do Estado. Ademais, dos novos silvicultores certificados en España no pasado ano, o 87% son galegos (5.530 dos 6.363 incorporados en 2020).
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, do segundo Plan de rescate, dotado con 75 millóns de euros e baixo a previsión de abrir a próxima semana o prazo de solicitudes. Cómpre salientar que as axudas do segundo plan de rescate son compatibles e acumulables coas do primeiro, en virtude do cal se aboaron máis de 33.605 axudas en tempo récord, por un importe de 69 millóns de euros. Todas as axudas que cumpriron os requisitos foron pagadas, incidiu. Nesta liña, como exemplo, precisou que o 60% desta cantidade foi destinada ás axudas solicitadas polo sector da hostalería, en concreto, 38,8 millóns de euros.
Publicada a orde que simplifica a comunicación, por parte dos empresarios da Comunidade, do cambio de modalidade nos seus Expedientes de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) de forza maior de impedimento ao de forza maior de limitacións da actividade e viceversa- e evitar que teñan que cursar unha nova solicitude. Deste modo, a Administración autonómica, como Autoridade Laboral competente na tramitación dos expedientes, facilita que os empresarios con traballadores en ERTE poidan adaptar os seus expedientes ás cambiantes medidas sanitarias aprobadas en cada momento polas autoridades.
Galicia, pese aos efectos que a pandemia está a causar no mercado laboral, iniciou o ano cunha baixada do paro do 1,90% (-3.603 persoas) e cun aumento da contratación indefinida e a tempo completo con respecto a decembro de 2020. De feito, Galicia lidera a caída do paro no Estado na comparativa mensual e é unha das dúas comunidades, xunto con Baleares, nas que baixa o desemprego, mentres que en España medra (+1,96%). En canto ás afiliacións á Seguridade Social, a cifra sitúase a un nivel superior ao reflectido hai dez anos (xaneiro 2011).
O conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reclamoulle ao Goberno central máis carga de traballo a curto prazo para Navantia ata o inicio da construción das fragatas e executar os investimentos do Estaleiro 4.0 para facer máis competitivas as instalacións. 'A principal prioridade que ten Ferrol nestes momentos é carga de traballo para Navantia, non só pola implicación directa no estaleiro, senón pola implicación na industria auxiliar', subliñou o vicepresidente económico, quen incidiu en que os Ministerios de Facenda e Defensa deben achegar a solución de forma inmediata porque 'ata a chegada das fragatas as gradas están baleiras e a industria auxiliar está perdendo carga de traballo'.
A balanza comercial suma máis de 3.330 millóns, colocando a Galicia como a cuarta comunidade autónoma con mellor saldo, e a taxa de cobertura é do 123% fronte ao 90% da media nacional. A boa marcha das exportacións encádrase no esforzo das empresas galegas reforzado co apoio do Goberno galego e a Estratexia Empresarial 2020.
O PPdeG defenderá no Pleno do Parlamento que a taxa de reposición do 50% na oferta de emprego público no sector da Sanidade en Galicia se faiga no primeiro semestre de 2015. Cuestionarase, tamén, ao presidente galego sobre os resultados da súa viaxe a Méixo, Perú e Colombia para abrir mercados á exportación.
O presidente da Xunta, de visita no país andino, di que o convenio posibilitará 5 anos de colaboración en materia de pesca e de acuicultura; en materia de asistencia técnica, en materia de formación das tripulacións; e, tamén coa posibilidade de adquisición de aparellos e no tocante á tecnoloxía dos propios barcos de pesca.
A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) solidarízase coa colexiada Ana Guantes e co resto dos seus compañeiros despedidos de forma tan fulminante como pouco aclarada da Cadena SER.
O novo gasoduto da Mariña propiciará que a planta de alumina do complexo Alcoa San Cibrao en Cervo abandone o consumo do fuel e empregue unicamente o gas natural como combustible nos seus procesos de produción, dixo Feijóo na inauguración. O presidente galego destaca, tamén, que desde 2009 se incrementou un 158% o número de polígonos que empregan gas natural.
O BNG reclama que os fondos comunitarios que se adicarán a loitar contra o desemprego xuvenil teñan en conta o "éxodo da mocidade" por razóns laborais, e obrigue ao Estado español a destinar parte deses recursos a medidas que eviten esa emigración masiva.
O presidente da Xunta di que as temáticas destes fondos responden á Estratexia de Especialización Intelixente, que aposta pola competitividade da pequena e mediana empresa, polo uso das tecnoloxías, polo incremento do presuposto de I+D+i nas empresas e por unha economía baixa en carbono, a través de plans de eficiencia enerxética.
O conselleiro de Economía, durante unha visita ás instalacións da marca de moda infantil Pili Carrera, insistiu en que o futuro do sector pasa por incrementar a súa presenza nos mercados exteriores, no que á compañía de moda infantil ubicada en Mos é un modelo de expansión internacional.
Senra reivindicou diante de Tejerina a necesidade de manter as cotas lácteas como "ferramenta de control da produción". Tejerina confirmou a Senra que o Ministerio está dacordo en excluír o "xeito" da prohibición de pescar con redes de deriva.
El Centro de Control Integrado (CCI), ubicado en A Batundeira (Ourense), se ocupará de la gestión centralizada y telemandada de la explotación, operación y mantenimiento de centrales hidráulicas. El conselleiro de Economía e Industria de la Xunta de Galicia, Francisco Conde, visitó las futuras instalaciones del CCI, que entrará en operación a lo largo del segundo semestre de este año.