O CPXG considera que baixo a escusa entre difusa e infamante de "motivos disciplinarios" o que se agacha é un intento de uniformar o pensamento dunha redacción, cando precisamente é o debate e o contraste de visións e enfoques o que enriquece a información e permite a pluralidade que debe ser consubstancial e ela.
O CPXG non ve casual que este feito se produza ao tempo que a inadmisible contratación de informadores en TVE sen o requisito esencial de oposicións libres, e provenientes na súa maiorÃa dun medio de moi marcada tendencia polÃtica. Movementos de este tipo nas proximidades dunha contenda electoral fan temer unha manobra de reforzamento do control dos medios, privados e públicos, xa de por si maniatados por unha Lei Electoral que os obriga a ser altofalantes das formacións maioritarias. Algo que non soamente redundará no deterioro da liberdade de expresión e información á que ten dereito á cidadanÃa, senón tamén do descrédito dos medios, e sobre todo, da propia profesión do xornalismo.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.