
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou que a Xunta investirá este ano preto de 4 millóns en mellorar o acceso ao gas natural na Comunidade para acadar que en 2020 sexan un 80% máis os polÃgonos industriais que dispoñan deste servizo.
Durante a inauguración do gasoduto da Mariña, Feijóo afirmou que con esta infraestrutura o Goberno galego reafirma a prioridade máxima da súa polÃtica enerxética, que busca mellorar o acceso ao gas natural en toda Galicia e, neste sentido, incidiu en que se hoxe en dÃa son 44 os polÃgonos que empregan gas natural -un 158% máis con respecto a 2009-, o obxectivo é que no 2020 sexan 80; é dicir, un 80% máis.
Asà mesmo, subliñou que se no ano 2009 o número de concellos que tiñan gas natural en Galicia eran 28, hoxe son 69 “o que supón un incremento do 147%”, dixo, ao que engadiu que se en 2009 o número de persoas que tiñan gas na Comunidade eran 700.000, agora son 1,8 millóns de galegos -un incremento do 152%-. E no que se refire ao número de vivendas con gas natural, este aumentou nos últimos cinco anos un 114%.
Ante estas cifras, Feijóo afirmou que “a pesar da recesión económica esas infraestruturas que non se ven creceron máis que nos momentos de benestar e temos que seguir nesta liña”.
Revitalizar o tecido industrial da fachada norte de Galicia
Ademais de revitalizar o tecido industrial da fachada norte de Galicia, Feijóo afirmou que nesta infraestrutura atópase unha clara aposta pola vertebración do territorio que contribuirá a mellorar a calidade de vida dos cidadáns, que favorecerá un maior aforro para as familias, e que mellorará a competitividade das pequenas e medianas empresas da comarca.
Non en van, esta obra suporá beneficiar 55.000 veciños da área, que poderán ter opción dun novo combustible; aumentará a competitividade das empresas locais; “e permitirá ofrecer nos portos da Mariña un novo sistema enerxético de propulsión, o GNL, combustible para os barcos de pesca”.
O gasoduto da Mariña, imprescindible para garantir a viabilidade da planta de Alcoa
Neste mesmo sentido, Feijóo afirmou que se trata dunha infraestrutura imprescindible para a planta de Alcoa, un dos complexos industriais máis importantes de Galicia e o principal motor económico da Mariña lucense. “O novo gasoduto da Mariña propiciará que a planta de alumina do complexo Alcoa San Cibrao, en Cervo, abandone o consumo do fuel e empregue unicamente o gas natural como combustible nos seus procesos de produción”, dixo.
“Estamos a falar de que a fábrica de Alcoa en Galicia é a maior de España e dá emprego a 1.600 traballadores. Trátase da única planta da multinacional que produce a materia prima básica -procedente da bauxita- para toda Alcoa en Europa”, asegurou, logo de garantir o compromiso da Xunta para seguir acompañando as empresas galegas para que poidan crecer, gañar en competitividade, e axudar asà ao progreso económico.
E, nesta liña, fixo fincapé en que o gasoduto forma parte deste obxectivo: “Estamos a falar, dun fito na polÃtica enerxética de Galicia porque contribuirá a implantar unha fonte de enerxÃa beneficiosa non só para mellorar a calidade de vida das persoas da Mariña, senón para incrementar a competitividade da pequena mediana empresa”, asegurou.
Respecto polo medio ambiente
Durante a súa intervención, Feijóo incidiu en que esta infraestrutura abastecerá unha empresa vital para esta comarca, como é a multinacional do aluminio Alcoa e salientou que o gas natural achega beneficios en tres ámbitos clave: desde o punto de vista económico, xa que mellora a competitividade das empresas; desde o punto de vista enerxético, porque contribúe a elevar o grao de eficiencia; e desde o punto de vista ambiental é unha enerxÃa respectuosa co contorno natural.
No tocante ás caracterÃsticas técnicas, o responsable do Goberno autonómico destacou que esta infraestrutura conta cunha lonxitude de 65 quilómetros; percorre, enterrado na súa totalidade, os concellos de Ribadeo, Barreiros, Foz, Burela, Cervo, Xove e Viveiro; conecta a planta de Alcoa co ramal do gasoduto Llanera-Vilalba; “e o prazo para a súa execución foi de nove meses, cun investimento próximo aos 65 millóns”.
Asà mesmo, aseverou que a construción desta obra realizouse respectando o medio ambiente. Como proba disto, lembrou que “un dos principais retos construtivos foi o cruce do rÃo Grande, que desemboca na rÃa de Ribadeo, onde foi necesario executar a perforación dirixida máis importante feita en España nos últimos anos para este tipo de infraestruturas, con case un quilómetro de lonxitude e profundidades de máis de 70 metros”. E, resaltou que esta nova canalización permitirá diminuÃr nun 26% as emisións de dióxido de carbono á atmosfera.
Feijóo concluÃu insistindo en que a entrada en funcionamento do gasoduto da Mariña é unha aposta por revitalizar o tecido industrial da fachada norte de Galicia, “froito do esforzo compartido e unha oportunidade para achegar á poboación e ás empresas as vantaxes dunha enerxÃa máis eficiente e económica”.
A loita contra os incendios forestais suma un novo aliado tecnolóxico ao servizo de toda a sociedade. A aplicación móbil ALume, deseñada para facilitar que calquera persoa poida dar a alarma sobre un foco de lume de forma inmediata e precisa, xa se atopa plenamente operativa e dispoñible para a súa descarga de balde nas plataformas Android e iOS. O obxectivo principal desta ferramenta é potenciar a detección temperá dos incendios forestais. Nunha emerxencia no monte, os primeiros minutos son decisivos para evitar que un foco inicial se converta nun gran incendio; por iso, ALume nace para acurtar os tempos de aviso e facilitar ao servizo de extinción datos exactos antes de despregar os medios sobre o terreo. Cabe sinalar que a aplicación leva xa 7.000 descargas e 200 notificacións que axudaron ao operativo.
Un dos grandes atractivos desta undécima edición será a estrea de dez novos espectáculos, todos eles impulsados por compañÃas galegas, un dato que evidencia o dinamismo creativo do sector dos monicreques na Comunidade. A programación abrirase coa nova versión de A festa dos tÃteres, presentada por Viravolta, Vai de Roda e TÃteres Alakrán, para continuar coa estrea de Treco-lerias, de Trécola Producións, e A rosa de papel, adaptación ao teatro de monicreques do texto de Valle-Inclán realizada por Alakrán.