Notas de prensa

O deseño, a calidade e a internacionalización, claves para a moda infantil galega

O conselleiro de Economía, durante unha visita ás instalacións da marca de moda infantil Pili Carrera, insistiu en que o futuro do sector pasa por incrementar a súa presenza nos mercados exteriores, no que á compañía de moda infantil ubicada en Mos é un modelo de expansión internacional.

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, resaltou a innovación en deseños, a calidade e a internacionalización como claves para reforzar a moda infantil galega. Conde visitou a factoría de Pili Carrera en Mos, que subliñou como referente do sector, e reuniuse en Vigo con empresarios integrados no clúster téxtil galego, Cointega.

O conselleiro salientou que “o téxtil galego está a demostrar que efectivamente con innovación, con deseño e calidade se pode competir” en mercados exteriores moi difíciles, un desafío polo que, defendeu, “pasa o futuro do sector”. Como ferramenta para competir nestes mercados, Conde salientou o permanente compromiso da industria téxtil galega e da Xunta coa innovación en procesos e produtos, un apoio que se traduciu en 40 proxectos innovadores neste eido apoiados polo Goberno galego durante os últimos cinco anos.

Como exemplo do compromiso da moda infantil galega coa innovación, Conde destacou o papel xogado por Pili Carrera, con máis de medio século de percorrido empresarial e que simboliza, resaltou o conselleiro, a puxanza galega no eido da moda infantil. Conde destacou á compañía como exemplo “de cómo se pode facer industria en Galicia, cómo se pode competir nos mercados”, a través do medio centenar de tendas repartidas por máis de trece países, “levando o nome de Galicia, e de Mos, por todo o mundo”.

A compañía ten tras de si, incidiu, “máis de 50 anos de emprendemento” cun traballo que a ten consolidado como “referente claro do sector téxtil galego”, unha aposta por Galicia e por “fixar tecido industrial” na comunidade que conta, subliñou, con todo o respaldo do Goberno galego.

Conde defendeu a Pili Carrera como referente dun tecido empresarial, o do téxtil, que representa o 11% do PIB galego, sumando máis de 500 empresas e 13.000 empregos, e liderando as exportacións cun crecemento das súas vendas ao exterior dun 50% en só 5 anos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2015-02-02

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES