Actualidad de Economía

Noticias economia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo este mediodía unha reunión con representantes das asociacións Agromuralla e Gandeiros Galegos da Suprema. Esta xuntanza enmárcase nos contactos permanentes que se veñen establecendo cos produtores da nosa comunidade e súmase ás mantidas con anterioridade, como a de onte en Ourense ou a do pasado 5 de xaneiro, co fin de coñecer as súas demandas e defender os seus intereses ante o novo acordo entre a Unión Europea e Mercosur. Seguindo esta liña, mañá venres está convocado o Consello Agrario.
Galicia pecha 2025 cos mellores datos da serie histórica para un mes de decembro tanto no número de persoas desempregadas como no das afiliacións á Seguridade Social. En concreto, con 112.031 persoas, contamos coa cifra de paro máis baixa nun mes de decembro desde que hai rexistros (1996) e, con 1.097.288 cotizantes, é tamén o mellor decembro en afiliacións á Seguridade Social. Así o destacou hoxe o secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, na valoración das cifras relativas ao pasado mes.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou que o Consello acordou hoxe iniciar os trámites para a posta en marcha da primeira Estratexia de Innovación Empresarial de Galicia 2026-2028 coa que se prevén mobilizar máis de 400 millóns de euros. O obxectivo é dotar de maior competitividade ao tecido produtivo e situar a innovación no centro do desenvolvemento económico da comunidade. Esta medida enmárcase na aposta da Xunta por fomentar a innovación entre as empresas galegas. 'Se queremos un tecido produtivo moderno e competitivo, a innovación ten que formar parte indisoluble do seu día a día', resaltou.
A conselleira do Medio Rural, acompañada polo director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño, presidiu este mediodía a constitución do Observatorio do sector lácteo de Galicia, órgano colexiado de seguimento, asesoramento, consulta e análise deste eido produtivo. Esta reunión ten lugar trala entrada en vigor do decreto que actualizou a regulación deste órgano e que, entre outros obxectivos, persegue facer un seguimento continuado do sector e mellorar o seu funcionamento. O Observatorio vén funcionando dende a súa creación no ano 2007
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Executivo autonómico 'vai presentar alegacións' á proposta de planificación da rede de transporte eléctrica para o período 2025-2030 presentada polo Estado o pasado mes de outubro xa que 'apenas reserva un 2,8% do investimento total para Galicia'. Rueda resaltou que as comunidades necesitan 'infraestruturas eléctricas modernas e adaptadas á realidade actual do tecido industrial e ao crecemento previsto no futuro'. Nesta liña, lembrou que contar con estas instalacións 'é fundamental para o desenvolvemento económico das comunidades'.
Galicia é a Comunidade autónoma que máis reduce a súa débeda no 3º trimestre deste ano 2025, en termos porcentuais, un 6,5%, o que supón 835 millóns de euros menos que no trimestre anterior. Deste xeito, a débeda pública de Galicia representa só 3,56% do total da débeda do conxunto das comunidades. No que se refire á débeda/PIB, en Galicia redúcese en 1,2 puntos, ata quedar no 14,2%, 6,2 puntos por baixo da media das Comunidades, que é de 20,4. Os datos dados a coñecer hoxe polo Banco de España poñen de manifesto que Galicia é a 2ª rexión que máis reduce a súa débeda/PIB e a 4ª de réxime común cun ratio máis baixo.
Galicia rexistrou, con 111.572 persoas, a cifra de paro máis baixa nun mes de novembro desde que hai rexistros (1996) e suma 19.516 novas afiliacións á Seguridade Social en relación con novembro de 2024, acadando o mellor novembro con 1.100.638 cotizantes e manténdose por riba dos 1.100.000 desde xuño. En novembro rexistráronse 10.170 persoas desempregadas menos que no mesmo mes de 2024, o que se traduce nunha redución do -8,35 %, máis de dous puntos de diferenza en relación ao conxunto do Estado (-6,23 %) e situándose Galicia como a segunda comunidade na que máis baixa o paro en porcentaxe. O paro a nivel intermensual baixa (-1,60 %), tamén a un ritmo maior que a media estatal (-0,77%), sendo neste caso Galicia a comunidade autónoma de España na que máis cae o desemprego en porcentaxe.
O Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) de Galicia 2014-2022 acada un grao de execución do 94,9 %, dato superior á media tanto dos programas españois como europeos. Así, a media nacional sitúase no 91,8 % e a europea no 93,7 %. O PDR de Galicia ten unha dotación de 1.606 millóns de euros de gasto público total, dos cales 1.224 millóns corresponden a fondos Feader. Tendo en conta as previsións dos organismos xestores competentes, agárdase que o volume de pagamentos materializados neste mesmo mes de decembro supere o 99 % para o conxunto do programa, segundo subliñou Atán, quen mañá participará tamén na sesión de peche destas xornadas de traballo xunto co director xeral da PAC e do Control da Cadea Alimentaria, Juan José Cerviño.
A Xunta de Galicia rexeita o Expediente de Regulación Temporal de Emprego (ERTE) que vén de presentar a dirección da planta de Sargadelos en Cervo, ao tempo que insta á reanudación da actividade canto antes en defensa dos dereitos das persoas traballadoras. Como autoridade laboral, o Goberno galego aprecia incongruencia na solicitude presentada ao non axustarse á normativa aplicable e demanda información e documentación adicional á dirección da empresa. Así mesmo, reafirma que —como non pode ser doutro xeito— velará polo cumprimento da lexislación laboral e denunciará calquera ilegalidade que se detecte.
Galicia urxe a reforma do Sistema de Financiamento Autonómico para resolver as dificultades que teñen as Comunidades Autónomas na prestación dos servizos públicos básicos. A Xunta amosa a súa preocupación pola regra de gasto actual, que limita o incremento da capacidade de gasto das Comunidades Autónomas a algo máis do 3% cada ano, cando as proxeccións en gasto social apuntan a necesidades maiores. O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, explicou que, de non corrixirse nos vindeiros anos, haberá unha diverxencia entre a capacidade de gasto das autonomías e as súas necesidades reais.
« Anterior | 3  de  386 | Siguiente »

Notas economia

Galicia alberga un total de 1.145 cooperativas e 656 sociedades laborais activas. Ademais, existen 117 Centros Especiais de Emprego, 13 Empresas de Inserción Laboral, 4 mutuas e mutualidades, 35 confrarías de pescadores, 1.072 sociedades agrarias de transformación e 3.013 comunidades de montes veciñais en man común. Todas elas, conforman a instantánea das entidades de mercado da Economía Social Galega, segundo o Informe da Economía Social en Galicia 2021, dirixido pola profesora da USC Maite Cancelo.
Despois de que os paros provocados polo confinamento fixesen diminuír a súa facturación en 2020, a industria forestal e da madeira recuperou o pasado ano a senda de crecemento en Galicia, acadando as cifras de facturación globais máis elevadas desde 2006, o primeiro ano do que existen estes datos. Segundo o informe 'A cadea forestal-madeira de Galicia', segundo o informe da Axencia Galega da Industria Forestal da Xunta (Xera).
En Galicia existen 1.769 empresas de economía social, que dan traballo a 15.151 persoas. Son datos extraídos do informe que o Centro de Estudos Cooperativos da USC (CECOOP) e o Centro de Información e Investigación sobre a Economía Pública, Social e Cooperativa (CIRIEC-España) presentaron este xoves en Compostela baixo o título 'A Economía Social en España en cifras'.
O Observatorio Municipal Galego, iniciativa da Rede Localis, fixo público un novo documento de análise da situación económica-financeira dos municipios galegos. Nel, a entidade xestionada polo grupo de investigación Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo, destaca que as entidades locais galegas “aproban” en rendición de contas.
O Foro Económico de Galicia celebrou na sede do Consello Económico e Social en Santiago de Compostela unha xornada centrada na análise da ordenación do territorio e o sistema de cidades. A iniciativa, que forma parte do grupo de traballo Galicia 2040, pertencente a este foro, reuniu a unha decena de especialistas das universidades de Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Politécnica de Madrid e Porto.
O grupo de traballo de estratexia enerxética da USC referendou na súa xuntanza deste mércores as primeiras medidas extraordinarias dirixidas ao aforro e mellora da eficiencia en materia enerxética nas infraestruturas da Universidade compostelá.
Coa selección de 39 empresas comezou a conta atrás para a celebración da novena edición do Pont-Up-Store, que se desenvolverá o 23 e 24 de setembro en Pontevedra. O comité organizador desta iniciativa, promovida polo Grupo G4 Plus da Universidade de Vigo, liderada polo Campus CREA, escolleu entre 150 candidaturas recibidas a 39 startups galegas, que destacan pola innovación e a creatividade das súas propostas.
O Foro Económico de Galicia, entidade coordinada desde o campus de Ourense polo Grupo Governance and Economics Research Network, celebra en Ribadavia a súa VI Reunión Casal de Armán. Nela, unha vintena de especialistas do eido académico e do empresarial e cooperativista analizan o futuro da agricultura ecolóxica en Galicia no marco do Pacto Verde Europeo.
O encontro, organizado polo Campus Innova da Universidade da Coruña, en colaboración da Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste Europeo (CRUSOE) e o Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas e Culturais (CISPAC), reuniu a un amplo grupo de investigadores das tres universidades galegas, así como aos directores do Instituto de Ciencias do Patrimonio (Incipit) do CSIC e do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA).
O Foro Económico de Galicia, coordinado polo Grupo Governance and Economics Research Network da UVigo, presentou o documento 'A reforma do sistema de financiamento: unha perspectiva dende Galicia'. Nel destacan que a comunidade autónoma debe 'liderar a nivelación de todos os servizos descentralizados como fórmula para garantir a equidade entre os españois e asegurar o autogoberno'.


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES