Noticias

Entra en vigor o incremento dos límites máximos dos indicadores IPREM para que as familias accedan a vivendas protexidas

Ata o de agora, o teito de renda para unha unidade familiar para o acceso á unha VPP situábase en 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), límite que pasará a ser de 3 veces o Iprem. Con respecto ás VPA de réxime especial, o límite máximo do Iprem increméntase tamén en medio punto, pasando de 3 a 3,5; e pasando ademais do 4,5 ata 5 veces o Iprem nas vivendas de réxime xeral. Mantense o tramo de ingresos ponderados para o acceso ás VPA de réxime concertado, en ata 6,5 veces o Iprem. Ata o de agora, para que unha parella cun fillo poda adquirir unha VPP ou unha VPA de réxime especial, o Iprem fixaba os ingresos máximos anuais brutos en ata 26.250 euros. Coa modificación do tope, e a modificación dos tramos de ingreso, esa mesma unidade familiar para a adquisición da mesma vivenda, acadará os 31.500 euros anuais brutos.

A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a modificación dos límites máximos de ingresos das familias para acceder ás Vivendas de Promoción Pública (VPP) e ás distintas tipoloxías de Vivendas de Protección Autonómica (VPA), promovidas por promotores privados e cualificadas como protexidas, ben de réxime especial, xeral ou concertado, para dar resposta ás necesidades actuais e seguir dándolle pulo ao compromiso de poñer á disposición de máis persoas máis vivenda.

Este incremento dos limites de ingresos para o acceso á vivenda protexida entrará en vigor mañá, e en todos os casos, son sensiblemente superiores ao salario medio en Galicia. O obxectivo é así favorecer o acceso a estas vivendas a máis familias. Segundo os últimos datos oficiais dispoñibles, o salario bruto medio en Galicia sitúase nos 2.136 euros bruto.

Aos efectos de acomodar o esforzo das familias para o acceso á vivenda, tanto en compra como en alugueiro, e facilitar o financiamento por parte das entidades financeiras, o Goberno galego modifica os tramos de ingresos máximos para o acceso a unha vivenda protexida, de tal xeito que incrementa este tope, que varía segundo os diferentes tipos de protección das mesmas.

Ata o de agora, o teito de renda para unha unidade familiar para o acceso á unha VPP situábase en 2,5 veces o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (Iprem), límite que se incrementa a partir de mañá, e que pasará a ser de 3 veces o Iprem.

Con respecto ás VPA de réxime especial, o límite máximo do Iprem increméntase tamén en medio punto, pasando de 3 a 3,5; e pasando ademais do 4,5 ata 5 veces o Iprem nas vivendas de réxime xeral. Mantense o tramo de ingresos ponderados para o acceso ás VPA de réxime concertado, en ata 6,5 veces o Iprem.

Ata o de agora, para que unha parella cun fillo poda adquirir unha VPP ou unha VPA de réxime especial, o Iprem fixaba os ingresos máximos anuais brutos en ata 26.250 euros. Coa modificación do tope, e a modificación dos tramos de ingreso, esa mesma unidade familiar para a adquisición da mesma vivenda, acadará os 31.500 euros anuais brutos (2.625 € mensuais brutos).

No caso de VPA de réxime xeral, estes importes no teito de renda, para a mesma tipoloxía de familia e mesmo tipo de inmoble, pasará dos 47.250 euros brutos anuais aos 52.500 euros bruto anuais.

Ademais, mantense o tramo de ingresos ponderados para o acceso á VPA en réxime concertado, que se sitúa ata 6,5 veces o Iprem, 68.250 euros brutos anuais.

R., 2025-02-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (veran.jpg) O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
Foto de la tercera plana (vacinacion-2026-01.jpg) A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.

Notas

O 7 de novembro a ciencia sairá ao encontro da cidadanía coa primeira edición de 'Abastos de Ciencia', unha iniciativa da UDC que terá lugar no Mercado de San Agustín e combinará divulgación e experimentación a través de obradoiros participativos, mesas redondas e propostas gastronómicas e culturais. A iniciativa, enmarcada no proxecto InPacto, permitirá coñecer o traballo investigador que se realiza en diferentes centros, facultades e grupos.
O grupo de investigación da USC De la Edad Media al Siglo de Quevedo, desenvolve en Santiago o Congreso Internacional 'De interpretatione: la traducción en los siglos XVI y XVII'. O obxectivo do encontro, os días 5 e 6 na Facultade de Filoloxía, consiste en presentar os resultados de investigacións arredor da tradución durante os séculos XVI e XVII, pero tamén reflexionar sobre posibles liñas de traballo para o futuro.
PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES