
Por iso, o presidente indicou que a previsión é que o efecto de posibles aranceis sexa limitado na economía galega. De feito, as análises realizadas nun informe hoxe avaliado polo Consello indican que no peor dos escenarios, as vendas de Galicia cara EEUU se reducirían en 200 millóns de euros, o que representa o 0,6% do volume de exportacións en 2024 cando se acadou un novo récord ao superar os 31.000 millóns de euros.
Dentro das empresas galegas que exportan a EEUU, os sectores máis representados son, por esta orde, os seguintes: produtos industriais (161), bebidas (104), bens de consumo (60), mentres que o resto das vendas realizadas corresponden ao sector agroalimentario, o que reflicte unha base exportadora variada cun volume exportador de 662,8 millóns de euros.
Na actualidade, o maior peso comercial das empresas galegas está en Europa, principal destino das exportacións, xa que representa o 71,4 % do total -22.138 millóns de euros en ventas-, e dentro da UE, Francia segue a ser o primeiro socio comercial, con 5.140 millóns de euros, seguido de Portugal (4.309 millóns de euros) e Italia (3.331 millóns de euros).
Por iso, tal e como explicou Rueda unha das apostas de Galicia é diversificar mercados e EEUU sempre é un mercado interesante e, polo tanto, para minimizar o impacto dunha posible guerra comercial, a Xunta activará, a través da antena do Igape en Estados Unidos, un observatorio de vixilancia!. Esta ferramenta permitirá facer un seguimento das políticas comerciais, asesorar as empresas galegas e ofrecer apoio técnico e información estratéxica para que poidan adaptarse aos novos escenarios.
Ademais, a nova Estratexia seguirá fortalecendo a expansión das empresas galegas en mercados clave, dando continuidade aos avances logrados no marco da Estratexia 2021-2025, que permitiron que as exportacións da Comunidade acadasen un novo máximo histórico en 2024 con 31.019 millóns de euros, un 3,3 % máis que en 2023, situándose moi por riba do crecemento medio estatal (0,2 %).
O acordo Mercosur-UE
Rueda resaltou que outras das claves desta nova fase da internacionalización galega será o acordo político Mercosur-Unión Europea, que permitirá reforzar a integración comercial e abrir novas oportunidades de negocio en América Latina. A liberalización do 90 % das importacións e exportacións entre ambos os bloques impulsará sectores esenciais galegos e facilitará o acceso a mercados como Brasil e Arxentina.
Neste contexto, Rueda lembrou que a Xunta abrirá en 2025 unha nova oficina do Igape en Brasil, co obxectivo de facilitar a expansión das empresas galegas nesta rexión clave e mellorar a súa conexión cos mercados latinoamericanos.
Así mesmo, seguirá a potenciarse a diversificación de mercados, que nos últimos anos e no marco da actual Estratexia permitiu medrar de modo continuo en América do Norte, América do Sur e Asia, entre outros.
Mercados emerxentes
A nova Estratexia de internacionalización está a ser deseñada contando coa participación activa dos sectores económicos galegos, inclúe mesas de traballo cos clústeres e diferentes axentes, na procura de recoller as súas necesidades e demandas e que estas queden reflectidas nas medidas e accións que se adopten.
A través desta folla de ruta, a Xunta busca garantir que o tecido empresarial da Comunidade siga a ser competitivo a nivel global, aproveitando as novas oportunidades que xorden nos mercados emerxentes e consolidando a posición de Galicia como unha das principais rexións exportadoras de España.
Neste marco, cómpre salientar que este plan de accións dará continuidade ao traballo xa feito durante estes anos, que impulsou a internacionalización apostando pola diversificación, incorporando novos mercados e produtos aos procesos de internacionalización das empresas galegas. Tamén polo fomento da innovación nos procesos de internacionalización e, como non podería ser doutro xeito, polo talento galego internacional, ao tempo que acompañou o tecido empresarial neste proceso de busca e consolidación de novos mercados no exterior.
Foi inaugurada no Museo do Pobo Galego a exposición 'Transfronteiriza', da artista e cineasta tudense Diana Gonçalves, que permanecerá aberta ao público ata o 28 de marzo de 2027. A mostra parte do documental 'Mulleres da Raia', da mesma autora, e froito de tres anos de investigación. A través da linguaxe cinematográfica, de materiais documentais, arquivos históricos e elementos patrimoniais, a proposta constrúe unha experiencia arredor da memoria compartida entre Galicia e o norte de Portugal. En concreto, Transfronteiriza recupera a memoria das mulleres que viviron na fronteira entre ambos territorios a mediados do século XX, que desempeñaron un papel fundamental no comercio transfronteirizo e na supervivencia económica das familias.
Trátase dunha iniciativa que nace como evolución de Circo Presente Continuo e que se vai desenvolver por primeira vez fóra de Madrid. A Cidade da Cultura, o Teatro Principal e o Salón Teatro serán as súas sedes na capital galega, reunindo artistas, compañías, profesionais da programación, distribuidoras e institucións para compartir proxectos e favorecer novas oportunidades de colaboración e contratación. O programa inclúe oito espectáculos, seis mostras breves e catro traballos en proceso. Entre as propostas figuran Naufragio, de Labsurda; Serena, de Circ Bover; Matrimonio, de Kolektivo Konika; Siku, de Jessica Arpin; e Sen patrón, de Pistacatro, que ofreceu un adianto artístico durante a presentación.