//if ($dataid['id'] == 2){ ?>
Noticias economia
Galicia reduciu a súa ratio débeda/PIB ata o 16,1 % no terceiro trimestre do ano, segundo o Protocolo de Déficit Excesivo (PDE) correspondentes a este período publicado hoxe polo Banco de España. Galicia foi ao peche do terceiro trimestre de 2023 a quinta comunidade autónoma de réxime común con menor ratio de débeda/PIB. Esta ratio é tamén seis décimas inferior á rexistrada no trimestre anterior, cando foi do 16,7 %. Ademais, a Comunidade galega ten un diferencial coa media autonómica 6,2 puntos inferior á ratio débeda/PIB da media de comunidades que se situou ao peche do terceiro trimestre en 22,3 %.
O presidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, anunciou hoxe a autorización por parte do Consello da Xunta do convenio coa concesionaria Autoestradas de Galicia para manter conxeladas en 2024 as peaxes nas autoestradas A Coruña-Carballo (AG-55) e do Val Miñor (AG-57) e continuar aplicando as bonificacións activas. Deste xeito, segundo precisou, o Executivo autonómico vai destinar o vindeiro ano 5,5 M a estas dúas actuacións, 'beneficiando aos preto de 28.000 usuarios diarios destas dúas vías'.
A investigación Análise da oferta da actividade comercial e demanda dos turistas e peregrinas/os en Compostela como final do Camiño, realizada ao abeiro da Cátedra do Camiño de Santiago e das Peregrinacións, aborda o influxo do consumo na configuración urbana comercial de Compostela, prestando especial atención ao fenómeno das peregrinacións na Ruta Xacobea e a como afecta as dinámicas comerciais. A investigación realizada por Sara María Torres Outón da UVigo baséase en 200 cuestionarios a comerciantes, hostaleiros e profesionais localizados nos eixos de entrada dos camiños, ensanche e zona vella.
Os principais factores que limitan o crecemento do tecido empresarial galego son o exceso de burocracia e a falta de financiamento, unido á escaseza de persoal cualificado e ás dificultades para acceder a axudas e subvencións. Así o explicaron este xoves os catedráticos e investigadores do grupo de investigación GEN da Universidade de Vigo, Santiago Lago e Patricio Sánchez, na presentación do informe Tecido empresarial galego e dinámica empresarial. Análise comparada, elaborado por encargo do Consello Económico e Social de Galicia.
Optimizar e incrementar as capacidades en investigación e transferencia de coñecemento é o obxectivo do convenio de colaboración que este martes 12 asinaron as tres universidades públicas galegas coa Consellaría de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. O acordo céntrase no reforzo de persoal de xestión da transferencia e a innovación, así como na consolidación de estruturas de investigación. Tal e como salienta o convenio, 'a transferencia de coñecemento é un dos mecanismos polos que o valor creado na universidade a través da investigación retorna á sociedade'. Pola súa contribución ao desenvolvemento e ao crecemento económico, 'a transferencia constitúe unha actividade fundamental para a Universidade'.
En 2022 creáronse na nosa Comunidade 142 cooperativas (a cifra máis elevada da serie histórica) con 542 socias e socios promotores, o 50% deles mulleres. Tamén 24 sociedades laborais, con 58 socias e socios (41% mulleres) e 7 centros especiais de emprego. Para seguir co pulo a este modelo que prima os beneficios colectivos e sociais sobre a rendibilidade económica, a conselleira recordou que se veñen implemantando medidas que se reforzarán en 2024. De feito, increméntase un 3% o presuposto neste apartado chegando aos máis de 43,6 millóns de euros, co propósito de avanzar -precisamente- na creación e consolidación de iniciativas de economía social, pero tamén co de incidir na súa difusión e na promoción do emprego inclusivo.
A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, compareceu hoxe no Pleno do Parlamento galego para dar conta das medidas da Xunta co gallo de mellorar a situación laboral e económica da mocidade en Galicia. Unhas medidas que, segundo aseverou, contribuíron a que a taxa de paro entre as persoas de 24 a 29 anos pasase de representar o 19,6% en 2018 a situarse no 14,3% no último trimestre deste ano. Na súa intervención, a conselleira referiuse á mocidade como un colectivo prioritario en todas as políticas de emprego da Xunta, clave para garantir o futuro de Galicia.
A economía galega xa recuperou o PIB prepandemia no cuarto trimestre do ano 2021, tres trimestres antes que a media de España, segundo as contas económicas trimestrais do IGE como resultado da revisión das estimacións anuais do período 2020-2021 coas contas anuais, logo da xa realizada polo INE. En concreto, o PIB galego incrementouse un 7,6 % en 2021, 2,4 puntos máis do inicialmente estimado; e un 4,1 % en 2022, tres décimas superior ao estimado nun primeiro momento.Por outra banda, a economía galega medrou un 1 % no terceiro trimestre de 2023 en relación ao mesmo período do ano anterior, como se desprende da Información de Contabilidade trimestral publicada hoxe polo IGE. En canto á evolución intertrimestral, de xullo a setembro, foi do -0,3 %.
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, subliñou hoxe que máis do 70 % dos autobuses que conforman a frota do transporte público autonómico conta coa etiqueta verde da categoría ambiental C e case o 22 % é eco. Vázquez Mourelle, co director xeral de Mobilidade, Ignacio Maestro, participou hoxe en Coirós na inauguración da primeira estación de servizo de Galicia con combustible 100 % renovable, impulsada por Repsol. A conselleira puxo en valor o compromiso do Goberno galego nese obxectivo común e compartido con Repsol pola descarbonización da mobilidade.
A nova estratexia Axenda Impulso Autónomo Horizonte 2027 rexerá as políticas públicas de apoio ao traballo autónomo durante os próximos anos. Farao a través dun marco que pretende fortalecer o ecosistema competitivo do traballo por conta propia e potenciar a calidade dos novos proxectos, tal e como puxo de relevo a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, no acto da súa presentación celebrado na Fundación Laboral da Construción. A representante autonómica destacou que o documento foi resultado dun proceso participativo no que a Xunta colaborou coas principais entidades do colectivo representadas na Mesa do Emprego Autónomo (UPTA-Agtamar, ATA e APE).
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda, coa publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia, avanza os trámites para a concesión das axudas, en tanto o Ministerio de Fomento non formaliza a sinatura do convenio coa Xunta do Plan estatal de vivenda, podendo presentarse xa solicitudes ata o próximo 30 de xullo
Estes encoros que administra Augas de Galicia, atópanse ao 91,12% da súa capacidade total. Os de abastecemento, ao 98,91 %, e os de uso hidroeléctrico ou industrial, ao 90,33%.
Representantes de AGACA no proxecto europeo LeadFarm reuníronse en Compostela para estudar os progresos e avanzar nas seguintes liñas de traballo. Na xuntanza participaron a Organización de Cooperativas Irlandesas, Icos; a unión de cooperativas agrícolas, Coop de France; a consultora estatal participada pola Federación Letona de Agricultores, LLKC, e Changemaker AB, entidade sueca especializada na formación empresarial e de produción de xogos, xestión de proxectos e visualización.
El pasado 29 de mayo finalizaron con gran nivel e interés de los contenidos desarrollados por los doce ponentes de las III Jornadas Empresariales de Bergantiños, celebradas en el Fórum Carballo, bajo el lema Adaptarse para competir con éxito, cuando todo cambia. Estaban organizadas por la firma Eurogabinete, s.l. y dirigidas por el letrado consultor Antonio Alvarez González, por lo que ahora está recibiendo comunicaciones y llamadas de felicitación por la organización y frescura aportada por los ponentes participantes.
Concluyen las III Jornadas Empresariales de Bergantiños en el Fórum Carballo, bajo el lema Adaptarse para competir con éxito, cuando todo cambia, con TRES BLOQUES TEMÁTICOS: el primero dedicado a la internacionalización de empresas, el segundo al relevo generacional en la empresa familiar y el tercero a las políticas económicas, tras las cuales se celebró el acto de clausura a cargo del Director de las Jornadas y el Alcalde de Carballo.
El Instituto Gallego de Formación en Acuicultura (Igafa) de la Consellería del Mar acogerá mañana a partir de las 10:00 horas la jornada 'Las algas y sus usos'. Esta iniciativa tiene como objetivo divulgar entre el alumnado y el profesorado del centro y el sector marisquero y empresarial del entorno, la importancia de las macroalgas como recurso económico y sus perspectivas de futuro. También busca ser un foro de debate entre el ámbito educativo y el profesional sobre las algas y sus múltiples usos.
Cerca de un centenar de personas han asistido esta mañana al II Congreso Gallego de Compliance, un evento en el que se han debatido las principales tendencias sobre cumplimiento normativo y su implicación en la actividad empresarial, que se ha celebrado en el Círculo de Empresarios de Galicia.
El acto de apertura estuvo presidido por el alcalde de Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez, y una intervención de Antonio Álvarez González, Letrado Director de las Jornadas y Socio Fundador de Eurogabinete, sl, quién dijo: Todos los ponentes partimos de la cuestión previa de que no se puede jugar con los recursos escasos, los ahorros, los patrimonios y la capacidad de endeudamiento de quién emprende por necesidad, con angustia, con falta de vocación y desconocimiento o decisiones viciadas que conllevan fracasos irreversibles y evitables. Emprender no es empobrecerse.
Máis de 500.000 galegos beneficiaranse do aumento das pensións proposto nos presupostos xerais do Estado. A Xunta aposta por consolidar o emprego estable e de calidade para que o poder adquisitivo dos xubilados galegos siga mellorando. O PSdeG di que este anuncio é un "parche" e critica o "cinismo" do presidente Rajoy.
O presidente da Xunta visitou as instalacións da central térmica das Pontes de García Rodríguez. e destacou o compromiso cunha industria enerxética eficiente, respectuosa co medio e na primeira liña do sector en España. Resalta a reforma da central térmica das Pontes que permitirá reducir as emisións á atmosfera de acordo coas directivas europeas máis esixentes.