
Así se recolle no último boletín hidrolóxico no que se sinalan os datos da evolución dos recursos hídricos desta Demarcación, e se indica que os 19 encoros de Galicia-Costa contan cun volume de auga encorada de 628,86 Hm3, do volume total de 690,15.
As presas de abastecemento de Forcadas e Beche atópanse ao 100 por cento da súa ocupación; mentres que as de Cecebre, Eiras, Zamáns, e Baiona superan a media de ocupación dos encoros de abastecemento, e o encoro de Vilagarcía (48,02 por cento) é o que presenta a menor porcentaxe de volume encorado.
No que se refire ás bacías destinadas ao consumo hidroeléctrico, o encoro do Eume é o que presenta o maior porcentaxe de ocupación, cun 96,46 por cento. Comparando a situación actual cos niveis que se rexistraban o pasado ano, o volume dos encoros sitúase un 19,04 por cento por riba, xa que o 25 de xuño de 2017 estaban ao 71,29 por cento.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.