
Todas as partes coinciden en poñer o foco na necesidade de fomentar accións que conduzan ao desenvolvemento dos servizos para a xestión do coñecemento científico e a valorización e proxección económica das actividades e resultados da súa investigación. No caso da USC, o convenio permitirá actuacións en sete áreas de traballo: Xestión de actividades de I+D, Promoción e estratexia científica, Transferencia e emprendemento,
Apoio á internacionalización e captación de talento, Apoio á xestión de programas e centros/institutos de investigación, Infraestruturas científicas e fomento da cultura e a divulgación científica e a Fundación Rof Codina-CEBIOVET.
O documento destaca que o impulso da actividade investigadora é un obxectivo irrenunciable para calquera sociedade, por iso é necesario fomentar unha maior integración entre as universidades e os sectores produtivos. Deste xeito, o acordo entre USC, UDC, UVigo e Xunta incide na cultura de calidade e eficacia na utilización de infraestruturas e do capital humano que permitan unha mellora significativa na totalidade dos sectores produtivos e, á súa vez, a potenciación dunha universidade galega de calidade. Os reitores Antonio López (USC), Julio Abalde (UDC) e Manuel Reigosa (UVigo) asinaron o convenio de colaboración xunto co conselleiro Román Rodríguez.
No ámbito universitario, o persoal de xestión da transferencia e a innovación, constitúe unha panca básica para potenciar os resultados das actividades investigadoras. O obxectivo destas axudas é incentivar a contratación laboral de persoal técnico de apoio en organismos de investigación e a dar soporte no manexo de equipos, instalacións e infraestruturas de I+D+i a fin de incrementar e mellorar as prestacións e rendemento das infraestruturas científico-tecnolóxicas. Estas unidades deben ser reforzadas para poder cumprir os obxectivos aos que se enfrontan na actualidade, afirma o texto do acordo.
Especialización intelixente
Este convenio de colaboración enmárcase na Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, que define o marco para as políticas de investigación e innovación na Comunidade Autónoma para este período, así como no Plan Galego de investigación e innovación 2022-2024, que concreta desde un punto de vista operativo este marco estratéxico. Neste senso, a RIS3 busca acadar un ecosistema máis aberto e integrado, facilitando a colaboración e o aliñamento coa especialización de Galicia. O acordo subscrito este martes permitirá, de acordo coa Estratexia de especialización intelixente, facer máis visible e accesible a oferta de coñecemento e facilitar a transferencia ao conxunto do tecido empresarial.
Ademais, en liña co establecido no Plan Galego de investigación e innovación 2022-2024, o acordo contribuirá ao fortalecemento das capacidades de oferta de I+D+i para a investigación de excelencia e para a innovación próxima ao mercado nos ámbitos de especialización; e apoiará o persoal investigador dos centros de xeración de coñecemento.
Xestores de I+D+i especializados
No marco do Plan Reforza da Investigación Universitaria, o acordo suporá unha inxección por parte da Xunta ás tres universidades públicas galegas. O devandito Plan establece como obxectivos básicos o desenvolvemento e consolidación dos servizos de apoio á investigación dentro do Sistema Universitario de Galicia (SUG) ao tempo que axuda ás universidades a optimizar e incrementar as súas capacidades en investigación, captación de recursos (de talento e de fondos), transferencia de coñecemento e internacionalización.
O avance do último informe climatolóxico elaborado por MeteoGalicia indica que a Comunidade rexistrou un mes de outubro cálido e moi seco. Foi un período anómalo, xa que as altas presións foron moito máis frecuentes do que cabería agardar nesta época. De feito, só chegaron tres frontes desde o Atlántico que, ademais, tiveron pouca actividade. Neste contexto, as temperaturas estiveron por riba dos valores climatolóxicos e as precipitacións acumuladas foron moi inferiores ao que cabería agardar. Máis polo miúdo, a media das temperaturas foi superior ao habitual neste mes, sobre todo no caso das máximas, debido ao predominio de situacións anticiclónicas que achegaban aire cálido desde o sur. De feito, destacan os altos rexistros acadados entre os días 9 e 15.
A Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña de inmunización fronte á gripe e a COVID, que este ano incorpora como principais novidades a extensión da vacina antigripal de alta carga ás persoas de 65 a 69 anos e a ampliación do proxecto piloto de vacinación nos colexios a 75 centros educativos. O inicio oficial tivo lugar nun acto nas residencias de maiores e centros de discapacidade, o colectivo polo que arranca tradicionalmente a campaña debido á vulnerabilidade deste grupo fronte ás infeccións respiratorias.